I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 215-216); Blasco (1984: 173-174 [= LPGP 819-820]); Marcenaro (2012b: 265-266); Littera (2016: II, 357-358).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 91-92); Carter (2007 [1941]: 63); Machado & Machado (1949: I, 345-346); Fernández Pousa (1953: 21-22); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 197).
III. Antoloxías: Fernández Pousa (1951: 57-58); Piccolo (1951: 101-102); Torres (1977: 116-117); Alvar & Beltrán (1989: 201-202); Sansone (1990: 190-192); Jensen (1992: 312-314); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 196); Alvar & Talens (2009: 472-474); Souto Cabo (2017: 217).
3 dixe] dixi B; morria] moiria B 4 qual] aqual B 5 om. B 6 me] mj B; morrer] moirer B 7 Sancha, de Maria] Sancha ede Maria B 8 ouve] ouuj B; lle] lhi B 9 dixe] dixi B; mia] ma B 10 morria] moiria B 13 quige] qⁱgi B 14 ouve] ouuj B; lle] lhi B 15 podia] podoia B 17 -mi o] mo B 18 éste] est B; sabor] (senhor) sabor B 20 Nen] nō B; moiro] moira B 21 toller] poder tolh’ B 22 querria] q̄ria B 24 des aquele] bē desaq̄l B 25 ouve] ouuj B 28 cofonda] confonda B; querria] q̄ria B 29 me] mj B 30 Deus, e fezo-me] a d’s e fez mj B 31 ante] anteu B
2 en] eno Littera 8 Tanto] Tant’ Littera 18 éste] estê Michaëlis : esté Marcenaro 19 a] om. Michaëlis 21 ést’o] éste o Littera 28 cofonda] confonda Littera
Esquema métrico: 4 x 10’a 10b 10’a 10b 10c 10c 10’a + 10c 10c 10’a (= Tav 100:34)
Encontros vocálicos: 17 mi‿o; 19 mi‿á
Nótese a repetición da palabra rimante nos versos primeiro e derradeiro de cada estrofa (I Maria; II pesaria; III podia; IV querria).
A locución conxuntiva e pero, de valor concesivo (‘aínda que’), é de uso regular ao longo de corpus –cómpre sinalar, non obstante, que en bastantes ocasións é posíbel optar entre e pero ou a secuencia de copulativa + adversativa (e, pero).
É relativamente frecuente achar nos cancioneiros o acrecentamento do elemento a (artigo ou preposición), como acontece neste verso en B. A métrica (e A) mostra o carácter espurio desa preposición desnecesaria para introducir o CD de querer, que volve aparecer nunha construción semellante, de novo como erro, en 226.9: De querer ben [a B] outra moller / punnei eu i á gran sazon. Outras adicións similares de a poden verse en 68.1 e 225.2 (B vs. A), 1000.20 (BV vs. A), 1100.4 (V vs. B) ou 741.7 (BV).
En principio, ma é tamén unha forma correcta para o posesivo átono feminino (véxase nota a 104.18). Porén, débese advertir que, en xeral, a forma ma é produto dun erro de copia, como mostran as varias leccións <m\h/a> ou <m\h/as> dos apógrafos italianos: 599.13, 678.8, 966.8, 984.1, 1009.1, 1297.1. Para alén disto, en xeral a forma ma(s) aparece só nun dos cancioneiros, fronte aos restantes testemuños manuscritos coa forma <mia> ou <mha>: B vs. A (190.r1 na estrofa II, 197.9), AB vs. V (403.14, 404.1), V vs. B (505.3, 506.13 e 21, 554.10, 556.9, 557.17, 604.r2, 605.4 e 10, 609.1, 625.1, 636.1, 794.9, 859.3, 887.5 e r1 nas estrofas I-III, 966.8, 970.12, 992.3, 1000.16, 1002.r2 na estrofa III, 1165.r2 na estrofa I, 1453.4 e 7, 1457.3, 1459.r1 e r2 na estrofa II, 1468.1, 1469.2, 1470.6, 1483.r), AV vs. B (887.5 e r1 nas estrofas I-III), e B vs. V (548.5, 632.1, 634.13, 645.9, 690.1, 1363.r2 na estrofa II).
Estes versos presentan unha grande semellanza con outros de Roi Queimado (239.12-14):
que a fezeron mellor parecer
de quantas donas vi e máis valer
en todo ben ...
Talvez a resistencia á consideración dunha forma verbal éste nos editores explique a súa interpretación como presente de subxuntivo en Michaëlis (estê) e Marcenaro (esté); de calquera modo, para sustentar esa interpretación cómpre considerar como final o que do v. 17. Independentemente de que <este> sexa a forma verbal éste (P3 do presente indicativo de seer) ou a suma do demostrativo este co verbo é (est’é), é moi frecuente en B (vs. A) a aparición de <est>, aparente latinismo, con ausencia de vogal final e a consecuente hipometría versal. Véxanse 65.4, 71.6, 89.27, 182.26, 302.21, 317.2, para alén daqueles casos en que éste aparece en cantigas transmitidas só polos apógrafos italianos: 184.15, 204.18, 207.11, 464.24, 714.9, 854.12, 993.20, 1075.4, 1456.12, 1625.1, 1652.2 e 1667.17. Véxase Ferreiro (2008a).
Ela é complemento directo: na lingua trobadoresca as formas pronominais tónicas oblicuas poden funcionar como CD e CI sen preposición.
Para alén da aparición de confunda en 115.27 (véxase nota), na lingua da poesía trobadoresca profana é xeral a forma cofonder, con evolución [nf] > [f] (véxase Ferreiro 1999: §101e), similar á variación inferno ~ iferno (véxase nota a 379.11), sendo minoritaria a forma máis conservadora confonder (só en 203.8, 216.10, 1050.5, 1224.15, 1407.6 e 1650.14). Con todo, a variación cofonder ~ confonder aparece con frecuencia nos cancioneiros: cofonder A vs. confonder B (197.28, 216.19), cofonder B vs. confonder A (194.7, 203.8, 216.10), cofonder B vs. confonder V (990.11, 1050.12, 19 e 22, 1497.27), cofonder V vs. confonder B (990.12, 1224.15, 1650.14). Cf. nota a 379.11.
Para compensar metricamente o uso de fez (vs. fezo) en B é utilizada a preposición a co verbo rogar en rogar a Deus. Véxase nota a 53.16.