I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 7-8 [= LPGP 950-951]); Littera (2016: II, 533).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 32); Carter (2007 [1941]: 1-2); Machado & Machado (1949: I, 122-123); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2017: I, 65).
III. Antoloxías: Torres (1977: 429-430); Diogo (1998: 26-27).
1 grand’] muy grād B 2 morrer] moirer B 3 segund’] segud A 4 est’é] est B 6 cuita] coyta B 7 sen fala e] sen falla et A 8 vos] uus A; de min] dmj B 11 null’enveja] nulla enueia B 12 null’ome] nullome B; son] sou B 14 null’ome] nullo m̄ B 15 de mí] demj̃ B 16 me oistes] moystes B 21 om. B 22 ouver] oer B 24 pode en] poden B 25 cuita] coyta B 26 vos] uos A; dixe] dixi B 27 mẽor] meor B 28 vos] us A 29 e] om. B 30 de mí] demj̃ B 32 xe] xi B; pensou] penso A : penssou B; peor] peyor B
8 vos] vus Michaëlis 9 vos] vus Michaëlis 16 me] m(e) Michaëlis 24 pode] pod(e) Michaëlis 26 vos] vus Michaëlis; ja o é] ja, o[u] é Michaëlis 28 vos] vus Michaëlis 30 vos ... vos] vus ... vus Michaëlis
Esquema métrico: 4 x 10a 10b 10b 10c 10c 10d 10d 10b (= Tav 201:1)
Encontros vocálicos: 11 enveja‿aver; 16 me‿o·is·tes; 24 pode‿en
Michaëlis (e Littera) isola sintacticamente todas as estrofas da composición. Sobre o carácter de verdadeira cantiga ateúda desta composición véxase nota á cantiga 15.
A aparición de mui en B, que converte o verso en hipermétrico, mostra como, especialmente nos apógrafos italianos, aparecen con certa frecuencia elementos que deben ser omitidos. Para a intromisión espuria de mui véxase B vs. A (257.1), A vs. B (369.3, 998.10), BV vs. A (417.15), B vs. V (423.17, 810.14), así como 812.14 ou 995.5.
O inicio desta cantiga ecoa no final dunha cantiga de amigo de Don Denis, que reflicte intertextualmente estes versos de Fernandez Praga:
e da mort’ei enveja
[eu] a tod’ome ou molher que ja morresse (610.17-18).
Independentemente de que <este> sexa a forma verbal éste (P3 do presente indicativo de seer) ou a suma do demostrativo este co verbo é (est’é), é moi frecuente en B (vs. A) a aparición de <est>, aparente latinismo, con ausencia de vogal final e a consecuente hipometría versal. Véxanse 71.6, 89.27, 182.26, 197.18, 302.21, 317.2, para alén daqueles casos en que éste aparece en cantigas transmitidas só polos apógrafos italianos: 184.15, 204.18, 207.11, 464.24, 714.9, 854.12, 993.20, 1075.4, 1456.12, 1625.1, 1652.2 e 1667.17. Véxase Ferreiro (2008a).
A grafía <et>, de presenza esporádica ao longo dos cancioneiros apógrafos italianos, nomeadamente no Cancioneiro da Vaticana, só ten unha moi limitada presenza no Cancioneiro da Ajuda, con dous rexistros no seu inicio (65 [A2, B92], v. 7; 82 [A16, B109], v. 3) e unha presenza máis maciza na parte final do cancioneiro: 1236 [A283, B1220, V825], v. 10; 982 [A289, B980, V567], v. 12; 997 [A 293, B 993bis, V 582], v. 3; 999 [A295, B995, V584], vv. 2 e 9; 1000 [A296, B996, V585], vv. 2, 7, 15 e 16; 994 [A300, B991, V579], vv. 8, 10 e 15; 996 [A301, B993, V581], v. 6; 894 [A302], v. 4; 896 [A304], v. 15. Na realidade, esta grafía para a copulativa debe ser posta en relación con outras grafías ou formas latinizantes que se detectan ao longo do corpus (véxase nota a 63.2).
A utilización da grafía <ll> (tamén nos vv. 12, 14 e 20) para a lateral palatal sonora no corpus das cantigas só se rexistra esporadicamente nos cancioneiros apógrafos italianos no indefinido nulho/a; noutras voces a súa aparición é un fenómeno extraordinario, pois só se rexistran cinco ocorrencias dese tipo. Cfr. nota a 199.33.
O hipérbato obriga a indicar graficamente a crase d’aquesta a pesar de a preposición introducir o verbo levar: «nulla cousa non me pode guardar de levar aquesta cuita, que levo».
A omisión do verso en B débese, con certeza, ao cambio de columna.
Nótese a variación ouver A ~ oer B que apaga as formas do tipo oer ~ ouer, oera, oesse. O radical xeral para os tempos de pretérito de aver é ouv-, como resultado da metátese de wau e fricativización de -b- a partir do radical latino habu-. Ora ben, -b- intervocálico tamén pode desaparecer (Ferreiro 1999: §54c), como mostran diversos resultados que proban esta evolución diverxente nos tempos de pretérito de aver. Para alén de ouer (10.18), así acontece coas formas oer, oera e oesse presentes no corpus, sempre a partir das leccións dos apógrafos italianos, por o Cancioneiro da Ajuda sempre presentar a forma ouver (e afíns): se mi-o logo a tolher oer / mia vezinha (11.27), se vos eu oesse desamor (23.13), mentr’eu vosso desamor oer (23.32), pois eu esto feito oer (29.19), mentr’oer esta senhor que oj’ei (38.9), U lhi conven, oera de tornar (45.8), quand’eu de vós oer / desamor (46.23), pois que lh’esto feit’oer (96.8), quen vos oer a desejar (107.18), pois end’o poder oer (561.6), farei eu por vós quanto fazer oer (725.26), poi-la dona seu amig’oer (759.15), pois eu oer / por mia senhor mort’a prender (1064.13). A estas ocorrencias aínda hai que lles acrecentar aqueloutras en que os apógrafos italianos presentan esta variante fronte ao resultado maioritario en A: 66.15 (ouvesse A vs. oess(e) B); 64.4, 65.22, 68.11, 81.18, 141.6 (ouver A vs. oer B); 363.16 (ouver A vs. oer BV). Véxase tamén notas a 10.18 e 372.4. Cfr. notas a 130.23 e 534.4. Véxase Ferreiro (2016a: 119-127).
A solución editorial de Michaëlis, seguida en Littera, parte do erro <o>/<ou> (véxase nota ao v. 32) e resolve comodamente o verso; mais o feito de que a lección de B sexa coincidente coa de A aconsella, porén, buscar unha alternativa ecdótica que manteña a lección manuscrita sen perder coherencia sintáctica e semántica: está conséguese, simplemente, a través dunha puntuación alternativa e dunha segmentación diversa da forma dixe de A (que en correspondencia co punto presenta tras ia presenta indicios de intervención sobre o texto manuscrito).
O feito de A ser probabelmente copiado en Castela podería explicar algúns casos de <o> por <ou>, eventuais castelanismos de copia no códice do Palácio da Ajuda: <o> ou (131.28, 225.13), <mando> mandou (162.2), <otri> outri (279.4), <uo> vou(-a) (346.1)1
; a similar causa obedecerían as formas con aparente monotongacion de <ei> en A (acordei <acorde> A, 247.16; primeiro <pⁱmero>/<primero> A, 176.9, 196.15 e 300.13; Nogueira <noguera> A, 1235.5). Véxase tamén nota a 90.14 e 122.17.
Por outra parte, nesta cantiga, como noutras, B (e V) ofrecen a variante peior (típica dos apógrafos italianos) fronte á forma peor, única que se rexistra no Cancioneiro da Ajuda. Véxanse 91.14, 275.21, 387.r2, 812.2 e 13.
En diversos contextos, o ditongo vai seguido de vogal, circunstancia que podería explicar unha redución do ditongo semellante á producida esporadicamente no encontro da P3 de pretérito dos verbos da primeira conxugación cando vai seguido de pronome (véxase Ferreiro 1999: §23b).