I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 261-262 [= LPGP 923]); Lorenzo Gradín & Marcenaro (2010: 97-98); Littera (2016: II, 479).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 105-106); Carter (2007 [1941]: 77-78); Machado & Machado (1950: II, 12-13); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 235).
3 lle] lhi B 5 ouv’] ouuj B 8 ouve] ouuj B 12 e] {e} A : om. B; ll’ousei] lhi ousey a B 14 queria] querria A; quer’e querrei] quero e q̄irey B 17 niun] nē hū B 18 nulla] nulla B; nunca] (ia) nunca A 20 lle non diss’o] lhi nō dixi o B 24 non poss’i] non poss(o) y A : hi nō posso B 25 cativo, e que receei] catiue q̄ (reche) / recehey B 27 ar avia] ar a(r)uia B 28 m’] om. B; e o sei] beno sey B
15 máis] mais Lorenzo Gradín & Marcenaro 17 niun] nẽum Littera 22 a] á Michaëlis 24 poss’i] posso i Lorenzo Gradín & Marcenaro 28 e o sei] ben’o sei Littera 29 a] om. Michaëlis, Littera 30 aquela] aquella Michaëlis
Esquema métrico: 4 x 10a 10b 10b 10a 10c 10c 10a + 10c 10c 10a (= Tav 161:95)
Encontro vocálico: 26 mi‿avia, 29 a‿estar
Sobre o carácter de cantiga próxima ás cantigas ateúdas atá a fiinda, cunha ligazón adversativa coa derradeira estrofa neste caso (as edicións precedentes só ligan as estrofas II-III), véxase nota á cantiga 92.
De novo o texto transmitido por B presenta a perífrase ousar + infinitivo ligada coa preposición a (ousei a dizer), sen que metricamente sufra o verso pola omisión da copulativa inicial. Véxase nota a 95.16.
Por outra parte, nótese como é necesario isolar a conxunción e (e non considerar a locución conxuntiva e pero), pois, tras a cláusula concesiva introducida desde modo por pero, a copulativa retoma o discurso con máis ja non viverei... (v. 15).
O contexto solicita un tempo que exprese realidade, para o cal o copretérito é o axeitado perante a lección dos manuscritos, que decote presentan alternancia entre copretérito e pospretérito, e nomeadamente con queria / querria. É pois necesario, neste caso, emendar o texto de A coa lección correcta de B.
Todos os editores anteriores consideran mais como adversativa, a teor da puntuación (e do glosario na última edición deste trobador da autoría de Pilar Lorenzo Gradín e Simone Marcenaro); no entanto, o sentido solicita o adverbio cuantitativo máis, pois para alén do sentido (por moito que o trobador queira a sua senhor, non vivirá máis, só un pouquiño), a frase precisa que viverei sexa o verbo principal, o cal anula a posibilidade do mais adversativo, xa que previamente xa hai outra cláusula subordinada (a concesiva introducida por pero, v. 12).
A utilización da grafía <ll> (vs. <lh>) de B para a lateral palatal sonora no corpus das cantigas só se rexistra esporadicamente nos cancioneiros apógrafos italianos no indefinido nulho/a; noutras voces a súa aparición é un fenómeno extraordinario, pois só se rexistran cinco ocorrencias dese tipo. Cfr. nota a 199.33.
A forma xeral da P1 de pretérito de dizer é dixe (coa variante dixi especialmente en BV, cfr. nota a 270.15-16), opóndose á P3 disse (~ disso) pola palatalización favorecida por -ī longo latino final na P1 (Ferreiro 1999: §20a). Porén, no Cancioneiro da Ajuda existen dúas atestacións de disse como P1 (véxase tamén 195.13), sen dúbida por extensión da P3, mentres que en B continúa a usarse a forma dixi; polo contrario, en 278.2, frente a dixi de A agora aparece disse en B.
A mudanza de redacción en B (non poss’i vs. i non posso) é neutralizada metricamente no Cancioneiro da Biblioteca Nacional coa eventual sinalefa quanto‿i.
A frase formularia de tipo aseverativo e o sei (nótese a variante ben o sei en B) concorre coa máis xeral eu o sei (cun ton enfático que explica a próclise pronominal) e que aínda ten outras fórmulas expresivas moi similares (sei-o eu, aquesto sei eu, ben o sei, ben sei, esto ben sei, eu sei etc.). E o sei aparece con certa frecuenci no corpus trobadoresco profano: 212.14, 423.12, 1023.14, 1115.7, 1419.10 e 1500.3, por máis que moi frecuentemente fose corrixida polos editores. Cfr. nota a 301.6.
Na lingua trobadoresca o verbo poder aparece en complexos verbais (poder + infinitivo) mais tamén forma unha estrutura equivalente coa preposición a como nexo, de modo similar a outros verbos como conviir, conselhar, ousar, desejar etc. Cfr. nota a 3.17.
Neste verso, a inusual construción poder + a + estar estabelece paralelismo contrastivo (aver / poder) co v. 27, onde aparece a perífrase aver + a + estar. Cfr. nen ar avia peor a estar / mais de que podia peor a estar. Neste sentido, a sinalefa a‿estar nivela a métrica do v. 29 e fai desnecesaria a expunción michaëliana (seguida por Littera) na preposición. Véxanse outras sinalefas que se rexistran ao longo do corpus entre o elemento a (pronome ou preposición) e diversas voces: a‿ei (60.12), a‿outre (199.28), a‿en (308.8), a‿el- (1166.r2), a‿antre (1324.17), a‿el (1523.11, 1598.20), a‿ir (1565.7), a‿un (1682.3). Cfr. nota a 8.17.