993 [= Tav 120,31]
O que Valença conquereu

O que Valença conquereu,
por sempre máis valenç’aver,
Valença se quer manteer
e sempr’en Valença entendeu,
e de Valença é senhor,
pois el manten prez e loor
e prês Valença por valer.
E per valença sempre obrou
por aver Valença, de pran;
e por valença lhi diran
que ben Valença gaanhou;
e o bon rei Valença ten
que, pois prez e valor manten,
rei de Valença lhi diran,
ca Deus lhi deu esforç’e sén
por sobre Valença reinar,
e lhi fez valença acabar
con quant’a Valença conven:
el-rei que Valença conquis,
que de valença ést[e] ben fis
e per valença quer obrar,
rei d’Aragon, rei de bon sén,
rei de prez, rei de todo ben
éste: rei d’Aragon, de pran!
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 

Manuscritos


B 990, V 578

Edicións


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: 905-906); Panunzio (1992 [1967]: 125-126 [= LPGP 780]); Littera (2016: II, 294-295).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 208); Braga (1878: 111); Machado & Machado (1953: IV, 377-378); Fernández Pousa (1956: 818-819); Juárez Blanquer (1988: 167-168).
III. Antoloxías: De la Iglesia (1886: II, 229-230); Seoane (1941: 42-43); Pena (1990: 324-325); Mongelli & Maleval & Vieira (1995: 102).

Variantes manuscritas


1 Valença] valenca B   3 Valença] valenca B   4 Valença] valenca B : ualenza V   5 Valença] ualenca B   6 e loor] e leor B : el cor V   7 Valença] ualenca B   8 valença] ualenca B : ualenza V   9 per Valença] per ualenca B : per ualenza V   10 valença] ualenca B : ualenza V   11 Valença] ualenca B; gaanhou] gaanhou’ V   12 Valença] valenca B : ualenza V   13 prez] pres B : pez V; e] et BV   14 Valença] ualenca B : ualenza V   15 esforç’e] efforçe V   16 Valença] ualenca B : ualenza V   17 valença] valenca B : ualenza V   18 Valença] valenca B : ualenza V   19 Valença] ualenca B : ualenza V   20 valença] ualenca B : ualenza V; ést[e]] est B : ē V; fis] fiz BV   21 valença] ualenca B   22 d’Aragon, rei de] dayagon rey da V   23 prez] p’ez B : p̃ez V; todo] rodo V   24 pran] p̃am B : pãm V

Variantes editoriais


3 manteer] mantẽer Michaëlis   4 Valença] Valenç(a) Michaëlis : valença Littera   6 e loor] et valor Michaëlis   8 sempre] sempr(e) Michaëlis   13 e] et Panunzio   17 valença] valenç(a) Michaëlis : Valença Littera   18 quant’a] quanta Michaëlis; Valença] valença Panunzio   20 ést[e] ben fis] en ben fiz Michaëlis : est ben fiz Panunzio, Littera   22 rei d’Aragon] rey de razon Panunzio : rei de razom Littera   24 éste] est’, e Michaëlis, Panunzio, Littera

Paráfrase


(I) O que conquistou Valencia, por ter sempre máis valía, quere manter Valencia (no seu poder) e sempre entendeu (no relativo a) Valencia, e de Valencia é señor, pois el mantén a fama e o valor e tomou Valencia por valía.
(II) E por valentía sempre obrou para posuír Valencia, certamente; e por valía lle dirán que ben gañou Valencia; e o bo rei ten Valencia (no seu poder), de modo que, pois mantén o prez e o valor, rei de Valencia lle dirán, (III) porque Deus lle deu forza de ánimo e bo xuízo para reinar sobre Valencia, e (a) valía fíxolle conseguir todo aquilo que a Valencia convén: o rei que Valencia conquistou, que de valentía está ben seguro e por valía quere axir, (1) rei de Aragón, rei de bo xuízo, rei de prez, de todo ben é rei: rei de Aragón, verdadeiramente!

Métrica


Esquema métrico: 3 x 8a 8b 8b 8a 8c 8c 8b (= Tav 163:34) + 8c 8c 8b (sobre estr. II)

Encontros vocálicos: 4 Valença‿entendeu; 8 sempre‿obrou; 17 valença‿acabar; 20 valença‿ést[e]

Notas


Texto
  • *

    Esta composición constitúe outro exemplo do xénero menor das cantigas de louvor ou encomiásticas, pouco representado no noso corpus profano: a figura enxalzada é Don Jaume I, rei de Aragón de 1213 a 1276, pola conquista da cidade de Valencia (Valença) en 1238.

    Pero da Ponte articula esta composición co xogo entre valença ‘valentía, valía, fortaleza, poder’ e Valença e dificulta notabelmente a edición e a paráfrase, por non ser posíbel manter na escrita o teor ambiguo do texto1 .

  • 6

    A variante loor (cfr. louvor) é forma única no corpus das cantigas, fronte a formas do tipo louvar que concorren con loar (véxase nota a 618.10); fóra desta documentación, loor é forma exclusiva da poesía de Don Denis (496.17, 536.7, 8, 12, 537.16, 538.24, 468.14 e 19, sempre asociado a prez nestas ocorrencias).

  • 20

    Independentemente de que <este> sexa a forma verbal éste (P3 do presente indicativo de seer) ou a suma do demostrativo este co verbo é (est’é), é moi frecuente nos apógrafos italianos a aparición de <est>, aparente latinismo, con ausencia de vogal final e a consecuente hipometría versal. Véxanse 71.6, 89.27, 182.26, 197.18, 302.21, 317.2, para alén daqueles casos en que éste aparece en cantigas transmitidas só por BV: 184.15, 204.18, 207.11, 464.24, 714.9, 854.12, 993.20, 1075.4, 1456.12, 1497.30, 1625.1, 1652.2 e 1667.17. Nótese, finalmente, como nesta pasaxe, en face da xeral lección <est> de B se rexistra a lección errada <ē> de V, algo similar ao que acontece no v. 1 do refrán da cantiga 223, onde, fronte á correcta lección de A, o Cancioneiro da Bibliteca Nacional presenta as leccións <hee> (v. 5) e, sobre todo, <ē> (v. 11).
    É por isto que as varias emendas dos precedentes editores non son adecuadas, na nosa opinión, para resolver a pasaxe dos apógrafos: en (Michaëlis), est (Panuncio, Littera).

    Por outra parte, nótese a alternancia <-z/-s> de BV en fis, ás veces presente en voces que poden sofrer contaminación gráfica (ou, quizais, fónica), do tipo prez / pres etc.

  • 22

    A emenda introducida por Panunzio (e seguida por Littera) carece de sentido a teor da lección manuscrita <dayagon>, que deberá ser lido como d’Aragon.

  • 24

    Optamos neste verso por non segmentarmos a copulativa en <este> de modo que se intensifique o carácter epifonemático do final da fiinda e da cantiga.

     

  1. ^

    Editamos con maiúscula só aqueles casos en que o nome se refire case inequivocamente á cidade levantina; con minúscula, por tanto, aqueles casos en que o termo non pode ser aplicado á cidade. En calquera caso, é difícil discernir nalgún caso o carácter do termo en cuestión.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado