714 [= Tav 72,8]
Ja eu sempre, mentre viva for, viverei mui coitada

Ja eu sempre, mentre viva for, viverei mui coitada
porque se foi meu amigo, e fui eu i muit’errada
por quanto lhi foi sanhuda quando se de mí partia:
par Deus, se ora chegasse, co[n] el mui leda seria!
E tenho que lhi fiz torto de me lh’assanhar doado,
pois que mi-o non merecera, e foi-se por én coitado
por quanto lhi fui sanhuda [quando se de mí partia:
par Deus, se ora chegasse, con el mui leda seria!]
El de pran que esto cuida, que ést[e] migo perdudo,
ca, se non, logo verria; mais por esto m’é sanhudo
por [quanto lhi fui sanhuda quando se de mí partia:
par Deus, se ora chegasse, con el mui leda seria!]
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 

Manuscritos


B 699, V 300

En BV a cantiga está disposta en versos curtos, agás o v. 9 en V.

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 119-120 [= LPGP 472]); Cohena (2003: 184); Littera (2016: I, 556-557); Cohenb (2016b: 9).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 121-122); Braga (1878: 58); Machado & Machado (1952: III, 377-378).

Variantes manuscritas


2 errada] eirada B   4 se ora] se ora se ora V   5 tenho] renho V   6 merecera] m’cera V   10 verria] ueiria B

Variantes editoriais


En Nunes todos os versos da cantiga son heptasilábicos graves.

1 Ja eu sempre, mentre viva for, viverei] Já sempre, mentre viva for, / [eu] viverei Nunes   3 foi] fui Nunes, Cohena, Cohenb, Littera   4 co[n] el] co el Nunes, Littera   8 co[n] el] co el Nunes, Littera   9 ést[e] migo] est [co]migo Nunes : est[é] migo Cohena, Cohenb   12 co[n] el] co el Nunes, Littera

Paráfrase


(I) Xa eu sempre, mentres estiver viva, vivirei moi coitada porque se foi o meu amigo, e eu errei gravemente nese momento, porque me mostrei sañuda con el cando partía: por Deus, se agora chegase, con el moi leda estaría!

(II) E penso que o tratei inxustamente asañándomelle sen motivo, porque non mo merecera, e foise apenado por iso, porque me mostrei sañuda con el cando partía: por Deus, se agora chegase, con el moi leda estaría!

(III) El certamente pensa isto, que a nosa relación está rota, porque senón viría logo; mais por isto está sañudo contra min, porque me mostrei sañuda con el cando partía: por Deus, se agora chegase, con el moi leda estaría!

Métrica


Esquema métrico: 3 x 15’a 15’a 15’B 15’B (= Tav 37:9)

Encontros vocálicos: 6 -mi͜-o

Notas


Texto
  • *

    A estrutura métrica en Nunes é diferente: 7’a 7’b 7’c 7’b 7’D 7’C 7’E 7’C (= Tav 243:1).

  • 3

    Foi é a forma xeral de P3 de pretérito de seer (e de ir), mais tamén aparece como forma de P1, tal como acontece neste verso: a pesar de que en xeral se estabelece unha oposición P1 / P3, fui (< fŭī) / foi (< fŭĭt), pola acción metafónica de -ī final nalgúns pretéritos fortes (cfr. tamén fiz vs. fez, sive vs. seve, tive vs. teve etc.), foi pode ser tamén resultado de P1, o mesmo que fui aparece esporadicamente como forma de P3 (sen efecto metafónico, por tanto, ou con xeneralización analóxica de unha ou outra persoa).

    A aparición de foi nesta ocorrencia do refrán supón unha leve variación (apagada nas edicións precedentes) a respecto de fui nas estrofas II-III. Véxase nota a 27.4.

  • 4

    Consideramos a lección <co> como un erro banal por <cō el>, con omisión da consoante nasal (ou a súa abreviación) na preposición con, feito con presenza nos apógrafos italianos (647.2, 1337.17 etc.); na realidade, é un lapso similar ao frecuente erro de copia <no>/<nō>, por máis que na secuencia con el se rexistre en diversas ocasións (véxase tamén 745.4, 1026.3, 1214.13 e 1492.23). Unha crase do tipo co’el (actualmente dialectal en galego) sería anacrónica por canto ese proceso de desaparición de -n- secundario por fonética sintáctica é un fenómeno que só se produciu moi tardiamente. Cfr. nota a 338.3.
    En calquera caso, nesta cantiga Nunes e Littera manteñen mecanicamente a lección de BV (co el).

  • 9

    Independentemente de que <este> sexa a forma verbal éste (P3 do presente indicativo de seer) ou a suma do demostrativo este co verbo é (est’é), é moi frecuente en B (vs. A) a aparición de <est>, aparente latinismo, con ausencia de vogal final e a consecuente hipometría versal (Ferreiro 2008a). Véxanse tamén 71.6, 89.27, 182.26, 197.18, 302.21, 317.2, para alén daqueles casos en que éste aparece en cantigas transmitidas só polos apógrafos italianos: 184.15, 204.18, 207.11, 464.24, 714.9, 854.12, 993.20, 1075.4, 1456.12, 1497.30, 1625.1, 1652.2 e 1667.17.

    En calquera caso, a solución máis coherente neste contexto en que o suxeito é o pronome El (o amigo), é unha forma verbal éste: El... cuida... que éste perdudo comigo. A solución proposta por Cohen (est’é) non dá moito sentido, unha vez que non se percibe a que se refire o demostrativo este, e sobre todo considerando que a expresión seer perdudo con e outras similares é frecuentísima nas cantigas de amigo para indicar a ruptura amorosa.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado