379 [= Tav 9,5]
Estes que m’ora tolhen mia sen[h]or

Estes que m’ora tolhen mia sen[h]or,
que a non poss’aqui per ren veer,
mal que lhes pes non mi-a poden tolher
que a non veja sen nen ũu pavor,
ca morrerei, e tal tempo verra
que mia sen[h]or fremosa morrerá:
enton a verei; des i sabedor
sõo d’atanto, par Nostro Sen[h]or,
que, se lá vir o seu ben parecer,
coita nen mal outro non poss’aver
eno inferno se con ela for;
des i sei que os que jazen ala,
nen un deles ja mal non sentirá,
tant’averan de a catar sabor!
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 

Manuscritos


B 411, V 22

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 28-29 [= LPGP 103]); Arbor Aldea (2001: 169); Longo (2003: 94); Lopes (2002: 470); Littera (2016: I, 69-70).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 16); Braga (1878: 5); Michaëlis (2004 [1896-1905]: 511); Machado & Machado (1950: II, 220-221); Rios Milhám (2018b: III, 379).
III. Antoloxías: De la Iglesia (1886: II, 119); Pellegrini (1928: 20-21); Seoane (1941: 148-149); Nemésio (1961 [1949]: 207-208); Torres (1977: 418); Correia (1978: 272); Jensen (1992: 18); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 21); Arias Freixedo (2003: 876-877).

Variantes manuscritas


4 pavor] puior V   5 morrerei] moirerey B : monerey V; verra] ueira B   8 sõo] Soom B : Scom V   10 coita] corta V   11 eno] enō B   13 nen] ne V; deles] dels B : dells̄ V   14 tant’averan de a catar] cātauerā dea· cartar B

Variantes editoriais


4 nen ũu] nen hũ(u) Nunes : nen um Lopes, Littera : nenũu Arbor Aldea : nenhum Longo   8 sõo] Soom Nunes, Longo : soon Arbor Aldea; par] por Lopes, Littera   13 nen un] nenun Arbor Aldea : nenhum Longo : nẽum Littera

Métrica


Esquema métrico: 2 x 10a 10b 10b 10a 10c 10c 10a (= Tav 161:6)

Encontros vocálicos: 3 mi-‿a; 4 u͂͜u

Notas


Texto
  • *

    Sobre o carácter de verdadeira cantiga ateúda desta composición véxase nota á cantiga 15.

  • 4

    O indefinido u͂u (e tamén algu͂u e neu͂u) debería, aparentemente, computar como bisilábico, e así acontece con certa frecuencia ao longo do corpus; porén, na maior parte das súas aparicións funciona como unha forma monosilábica, revelando dese xeito que se trata dunha grafía conservadora. Algo similar acontece con bõo ~ boo (véxase nota a 241.10) e, aínda en menor medida, sõo ~ soo (véxase nota a 10.25), que son basicamente voces bisilábicas, aínda que nalgunhas ocasións computan como unisilábicas.

  • 10

    A posposición ao substantivo dos determinantes demostrativos, indefinidos etc. que se rexistra no sintagma mal outro é rara na lingua antiga (e moderna); no corpus trobadoresco só son utilizados outros como consell’outro (138.31, 241.9), afan outro (353.12), comendadores estes (1430.18), pescad'outro (1665.18). Na produción prosística medieval tamén se achan esporadicamente posposicións iguais ou similares. Véxase na tradución galega da Crónica de Castilla e da Estoria de España: et com̃o gaanara a nobre çidade de Ualença et outros castelos muytos; et durou be͂ quatro ãnos que fezo cantar missas muytas; Et estaua y Abiabis cõ duzentos caualeyros et outra gente muyta (Lorenzo 1975: 642 e 740); na tradución galega da General Estoria: et fez ella os panos menores ante queos ome͂ do mu͂do fezesse ne͂ outro algu͂ (Martínez López 1963: 159); na Crónica Troiana: Ca sabede, [...], que el rrey Príamos auj́a trijnta et tres fillos outros (Lorenzo 1985: 230); no Livro de Linhagens do Conde D. Pedro: havia dous irmãos outros; e era compadre d'el rei d'Aragom e seu amigo muito; E teve outras terras muitas (Mattoso 1980: I, 81, 151 e 163); na Crónica Geral de Espanha de 1344: Outros algu͂us er diziam que, [...], que elles receberõ ella e seu filho por senhores de Castella (Cintra 1952-1990: IV, 364); na Crónica de D. João I: e foi assi que lhe deu elRei Alva de Tormes, e Reall de Maçanalles, e logares outros; passariam de trezemtas lamças afora homee͂ques de pee e beesteiros poucos (Fernão Lopes 1994: I, 106 e 300); na Crónica de D. Afonso Henriques: com quatro Reis outros (Duarte Galvão (1995: 49); ou, aínda, nun documento portugués de 1583: não pode ser entrar nella pessoa outra alguã, que não pode entrar no mosteiro (Gomes 1998: 448).

  • 11

    Igual que acontece con cofonder ~ confonder, na lingua medieval en xeral e na lingua trobadoresca, en particular, coexisten as dúas variantes inferno e iferno: a menos evoluída, que triunfou na lingua moderna, atéstase tamén en 1496.23 e 1560.5, mentres que a forma iferno, máis tradicional, coa evolución [nf] > [f], tamén aparece en 926.4 e 15. Cf. nota a 194.7.

  • 13

    Nótese a grafía <ll> de eles en BV, que, alén de se rexistrar en múltiplas ocorrencias de nulho nos apógrafos italianos (especialmente en B) en vez de <lh>, só se acha de forma esporádica como grafía etimolóxica en voces con /l/ procedente, en xeral, da xeminada latina (ali, bailada, castelo, cavalo (e cavaleiro), esmola, querelar, Varela, vassalo, Vilanansur etc., con especial incidencia en ela, aquela e ele/s), moi esporadicamente na forma do pronome el (e mais do artigo el-) (véxase nota a 637.2), nalgunha asimilación do artigo ou do pronome (véxase notas a 6.32 e 918.11) e, finalmente, en voces co secuencia fonética [ɾl], que é transmitida sistematicamente en BV coa grafía <rll> (véxase nota a 392.9).

Buscar
    Non se atopou ningún resultado