A copia do Cancioneiro da Ajuda comeza coa palabra folia, no v. 6.
I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 69-70); Vallín (1995b: 141-143 [= LPGP 728-729]); Littera (2016: II, 233-234).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 58); Carter (2007 [1941]: 21); Machado & Machado (1949: I, 211-212); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2017: I, 117).
III. Antoloxías: Arias Freixedo (2003: 245-246).
2 que] ꝙʷ B 10 sei] seu A; eu guardar outr’én] guardar outre bem B 12 sei] me sei B; e] om. B 14 me] mj B 15 cousimento, que me valer] con simēte ualer me B 16 e] om. B; santa] scā B 17 eu faça] eu faza A : fac eu B 18 fazed’i vós cousiment’e] fazede uos consimeute B 19 segundo] segudo A : segū de B; connoscer] conhocer B 21 en] eu B 22 fremosa] f’inosa B 23 gradecer] a gradeçer A 25 eu] om. B 26 non me dé de vós grado] nūcame de grado B 27 eu] ey B; ei] om. B
6 entend[o]] entend’[eu] Vallín 7 grand’[e]] quand[o] Michaëlis : quand’[eu] Vallín 8 outre] outr(e) Michaëlis 10 outr’én] outren Vallín, Littera 16 Santa] sancta Vallín 17 faça] faza Vallín 19 connoscer] conhocer Michaëlis 20 vos] vus Michaëlis : vós Vallín 24 vos] vus Michaëlis; [máis]] sol Michaëlis 26 dé] dê Michaëlis, Littera
Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10a 10’c 10’c 10’d 10’d (= Tav 144:1)
Encontros vocálicos: 8 outre,‿e; 11 mi‿avia; 14 mi‿á; 23 mi-‿o
Carecen de base textual as lecturas de Michaëlis e de Vallín, xa que o texto ofrecido polos manuscritos é perfectamente axeitado métrica e semanticamente, coa reintegración da copulativa.
O carácter paroxítono de outren e mais o feito de que esta variante do indefinido outre non se rexistre en A (véxase nota a 138.25) mostra como a opción editorial de Vallín (e Littera) é errada: é necesaria a segmentación de én fundamentalmente porque se precisa un elemento oxítono para a rima. Cfr. nota a 138.25 e 180.9.
Ao contrario das Cantigas de Santa Maria (véxase Mettmann 1959-1972: IV, s.v. valer), onde predominan as formas etimolóxicas nos tempos de pretérito de valer coa raíz valv- (véxase Ferreiro 1999: §221d; Mariño Paz 2000: 699-703), na poesía profana xa son minoritarias as formas máis antigas (véxase tamén 35.24, 127.19, 196.16, 271.3, 559.2, 1373.6 e 1532.20).
A lección <con simēt> para cousiment(o) mostra o erro <o͂>~<on>/<ou> (derivado de <n>/<u>) que é moi frecuente ao longo dos cancioneiros, especialmente en B: <cōsimento> cousimento (116.22), <guisō> guisou (501.3), <ōsara> ousará (589.3), <pōco> pouco (591.9), <baratō> baratou (729.5), <em car nō> encarnou (877.21), <ōui> ouvi (1233.12), <ōny> ouvi (1458.7), <sōbe> soube (1505.1, 1509.7), <buscō> buscou (1507.7), <nōtro> noutro (1509.1), <sōba> soub’a (1509.16), <cōsa> cousa (1510.1). E en V tamén se encontra o mesmo erro: <tornō> tornou (603.15), <morō> morou (865.12), <nō> vou (1012.20), <cōtre> voutre (1015.17).
Cousimento ‘discreción, siso’ é voz de orixe provenzal usada con relativa frecuencia, fundamentalmente nas cantigas de amor (36.26, 38.1, 110.4, 116.22, 156.2, 978.2, 1062.11, 1408.12), xunto cos verbos cousir e cousecer (véxase Glosario, s.v.), da mesma familia semántica e de amplo uso no corpus trobadoresco. Véxase García-Sabell Tormo (1991: 103-105).
Obsérvese a aparición da grafía <z> en formas que regularmente presentan <c, ç> e que deben ser postas en relación con outras confusión gráficas que atinxen ao ámbito das sibilantes no Cancioneiro da Ajuda: en varias ocasións rexístrase <fazo> e <faza> faço e faça, ás veces en formas contractas (69.7 e 10, 117.17, 136.10, 189.24, 203.27, 273.22, 278.15, 403.2, 433.2), <ouzo> ouço (85.26) e <nazer> nacer (260.2). Véxanse tamén notas a 66.21, 80.10, 88.15 e 89.2.
Nas cantigas profanas aparece por veces a grafía <sc> en vez de <c> ou <ç> [ts], en xeral na desinencia de verbos incoativos, especialmente no Cancioneiro da Ajuda: connoscer (117.19, 138.2, 142.16 <conhocer> B), connoscesse (127.21 <cõnosciesse> A, <conhocesse> B), escaescer (130.13, 138.10, 227.15 <escaecer>~<escaeçer> B), escaescerá (175.28 <es caeçera> B), nasci (140.3 <naci> B). Mais en B e V tamén se rexistran algunhas voces con esta grafía latinizante, a maioría das veces concentradas na derradeira parte do cancioneiro galego-portugués: conhoscer (1015.15, 1630.3), falescer (1586.13) e parescer (1612.2, 7, 9 e 21; 1613.2 e 4)1 . E só en tres ocasións localizamos variación entre os dous apógrafos italianos: gradecer <gradecer> B vs. <gradescer> V (1378.1); conhocedes <cognosceds̄> B vs. <conhoçeds̄> V (1480.19); conhoceria <conhoceria> B vs. <donhosceria> V (1630.9). Cfr. nota a 68.11.
A frase formularia aseverativa segundo meu connoscer presenta múltiplas formulacións alternativas ao longo do corpus (cfr. nota a 65.3, 228.8, 230.10, 415.29).
Acollemos a lección de B, pois a variante do Cancioneiro da Ajuda, coa introdución da preposición a na perífrase obrigativa dever + infinitivo, converte o verso en hipermétrico.