136 [= Tav 97,26]
O que consell’a min de m’eu quitar

O que consell’a min de m’eu quitar
de mia sennor porque me non faz ben
e me por tan poderos’ora ten
de m’én partir, nunca el ouv’amor
qual oj’eu ei nen viu esta sennor
con que Amor fez a min começar.
Mais non a viu, e vai-m’agora dar
tal consello en que perde seu sén,
ca, se a vir ou lla mostrar alguen,
ben me faç’én d’atanto sabedor
que me terrá mia morte por mellor
ca me partir de seu ben desejar,
ca, se el vir o seu bon semellar
desta sennor, per que mi a min mal ven,
non m’ar terrá que m’eu possa per ren
dela partir enquant’eu vivo for,
nen que m’end’eu tenna por devedor,
nen outr’ome que tal sennor amar.
E, pois-la vir, se poder sí guardar
de ll’aviir com’end’a min aven,
ben terrei eu que escapara én;
mais d’ũa ren ei ora gran pavor
des que a vir este consellador:
de non poder min nen sí consellar.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 

Manuscritos


A 49, B 161

Edicións


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 105-106); Bertolucci Pizzorusso (1992 [1963]: 88 [= LPGP 652]); Littera (2016: II, 126).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 65-66); Carter (2007 [1941]: 31-32); Machado & Machado (1949: I, 240-241); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2017: I, 136).
III. Antoloxías: Diogo (1998: 50-51).

Variantes manuscritas


1 min] mj B   2 ben] beij B   5 viu] niu B   6 min] mj B; começar] començar A   7 non a] noua B   8 perde seu] ꝑdesso B   10 faç’én] fazen A, façeu B   11 terrá] (possa) ceira B   12 de] do B   14 sennor, per] dona pʳ B; min] mj B   15 m’ar terrá que m’eu] me teira q̄me B; possa] om. B   17 m’end’eu] medeu B   19 pois-la] poila B   20 ll’aviir] a veer A   21 terrei] teirey B   24 consellar] cosselhar B

Variantes editoriais


1 min] mi Bertolucci Pizzorusso   3 poderos’] poderos(o) Michaëlis   6 min começar] min començar Michaëlis : mi començar Bertolucci Pizzorusso : mim començar Littera   7 m’] mi Michaëlis, Littera   10 én] eu Littera   12 de] do Bertolucci Pizzorusso, Littera   14 sennor, per que mi a min] dona porque mh-a mi Bertolucci Pizzorusso : dona por que mi a mi Littera; per] por Michaëlis   19 pois-la] poila Bertolucci Pizzorusso; poder sí] poder-s’i Littera   20 aviir] avĩir Michaëlis, Bertolucci Pizzorusso   21 escapara] escapará Littera

Métrica


Esquema métrico: 4 x 10a 10b 10b 10c 10c 10a (= Tav 189:11)

Encontros vocálicos: 14 mi‿a

Notas


Texto
  • 6

    O verbo começar, de abondosa presenza no corpus, presenta unha variante començar (sospeitosa de castelanismo1 ) unicamente nesta ocasión e mais na variante riscada en B da cantiga 901 de Roi Fernandiz de Santiago (Ora começa o meu mal). É por isto que semella certamente preferíbel a forma transmitida polo Cancioneiro da Biblioteca Nacional.

  • 10

    Obsérvese a aparición da grafía <z> en formas que regularmente presentan <c, ç> e que deben ser postas en relación con outras confusión gráficas que atinxen ao ámbito das sibilantes no Cancioneiro da Ajuda: en varias ocasións rexístrase <fazo> e <faza> faço e faça, ás veces en formas contractas (69.7 e 10, 117.17, 136.10, 189.24, 203.27, 273.22, 278.15, 403.2, 433.2), <ouzo> ouço (85.26) e <nazer> nacer (260.2). Véxanse tamén notas a 66.21, 80.10, 88.15 e 89.2.

  • 14

    Nótese a variación sinonímica sennor / dona conforme o manuscrito A ou B.

  • 19

    A secuencia <s-l> (e <r-l>) en que está implicada a forma arcaica lo(s) ~ la(s) do pronome identificador (artigo ou pronome) no encontro con pois e con outros vocábulos acabados en -s (ou -r) debe ser lida como [l], independentemente de que a grafía presente a forma máis antiga (véxase tamén nota a 83.21 e 139.2). No corpus trobadoresco profano, o pronome identificador sofre asimilación fonética xeral con diversos elementos lingüísticos (pronomes, adverbios, conxuncións, e con algúns nomes e/ou participios), especialmente con pois. Cfr. nota a 5.10.

    Por outra parte, os pronomes min e si, complementos sen preposición no v. 24 aconsellan considerar si como pronome tónico oblicuo (véxase nota a 10.1), aínda que tamén sería posíbel pensar nunha forma átona, isto é, poder-si, variante fonética de escasa aparición (véxase 910.28). Porén, a interpretación se poder-s’i guardar de Littera, tamén podería ser teoricamente posíbel, aínda que a estrutura máis natural sería se s’i poder guardar. En verdade, nos vv. 19-20 o autor utiliza os dous pronomes (/ min) referidos ao conselleiro e a el mesmo, nunha hipotética oposición que se neutraliza no verso final conclusivo da cantiga: min nen sí (v. 24).

  • 20

    Sen dúbida aveer é un lapso de copia en A por avĩir, pois a estrutura da frase esixe a aparición do mesmo verbo nos dous pólos da comparación.

  1. ^

    Aínda que o nasalamento producido pola caída de -n- intervocálico a partir do lat. cum initiare podería ter desenvolvido unha consoante nasal implosiva (CGPA pode verse un centenar de ocorrencias de començar).

Buscar
    Non se atopou ningún resultado