88 [= Tav 78,9]
Ja m’eu, sennor, ouve sazon

Ja m’eu, sennor, ouve sazon
que podera sen vós viver
u vos non viss’, e ora non
ei eu ja daquest’o poder,
pois outro ben, sennor, non ei
senon quanto vos vej’, e sei
que mi-o queredes ja toller.
E, se vós avedes razon,
sennor, de m’este mal fazer,
mandade-m’ir e log’enton
poderedes dereit’aver
de min qual vos ora direi:
ir-m’-ei d’aquend’e morrerei,
sennor, pois vos praz d’eu morrer.
E, se quisessedes sofrer
este pesar, por Deus, sennor,
que vos eu faç’en vos veer,
cuid’eu, fariades mellor
que fazedes de m’alongar
d’u vós sodes e me matar:
de pran morrerei se m’én for.
Non o queredes vós creer,
ca nunca soubestes d’amor;
mais Deus vo-lo leixe saber
per min, sennor; e qual sabor
eu ei de convosco falar
vos faz aver de m’ascuitar,
e toll’a min de vós pavor.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 
 
 

Manuscritos


A 22, B 115

Edicións


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 49-50 [= LPGP 514]); Littera (2016: I, 635).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 42); Carter (2007 [1941]: 15-16); Machado & Machado (1949: I, 162-163); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2017: I, 88).

Variantes manuscritas


3 vos] uus A   6 quanto vos vej’] quanto uosso ey B   9 de m’este] deste B   12 direi] disƥ B   13 d’aquend’e] daqⁱ ende B   14 morrer] moirer B   15 quisessedes] quisesedes A   17 vos] uus A   19 alongar] alongʷr B   20 vós] u A   21 m’én] me B   25 per min] pʳ non B; sabor] saber B   26 convosco] cō uusco A   27 vos] uus A; ascuitar] ascoytar B   28 toll’a min] colhamj B

Variantes editoriais


3 vos] vus Michaëlis   4 daquest’o] d’aquesto Michaëlis, Littera   6 quanto] quando Michaëlis, Littera; vos] vus Michaëlis   12 vos] vus Michaëlis   14 vos] vus Michaëlis   17 vos] vus Michaëlis; vos] vus Michaëlis   22 Non o] Non-no Michaëlis   26 convosco] convusco Michaëlis   27 vos] vus Michaëlis; faz aver] faç’aver Michaëlis, Littera

Métrica


Esquema métrico: 4 x 8a 8b 8a 8b 8c 8c 8b (= Tav 101:47)

Encontros vocálicos: 7 mi-‿o

Notas


Texto
  • 4

    Semella preferíbel a segmentación do artigo nun verso que lembra outro de Joan Garcia de Guilhade: Mentr’eu d’aquesto ouvess’o poder (396.12). Véxanse notas a 61.9 e 80.15-16 para a vacilación aver poder ~ aver o poder.

  • 6

    Non é necesaria a emenda de quanto (‘canto vos vexo –que non é moito– é todo o meu ben’) que propoñen as edicións precedentes de Michaëlis e Littera. Pola súa parte, a lección de B semella trivializante e repite a forma verbal ei.

  • 15

    A forma <quisesedes> é outra mostra no Cancioneiro da Ajuda de diferentes confusións gráficas no ámbito das sibilantes, nomeadamente da grafía <s> en contextos en que representa /s/, grafado de regra con <-ss->. Esta grafía detéctase especialmente en desinencias do pretérito de subxuntivo: <amase> amasse (409.6), <deues(e)> devesse (282.14), <disses(e)> dissesse (409.21), <ousas(e)> ousasse (346.3, 982.22), <podes(e)> podesse (409.2), <quisesedes> quisessedes (812.7), <soffresen> sofressen (85.17), <uis(e)> visse (138.6). Alén desta desinencia, tamén se acha a mesma representación gráfica en <asi> assi (240.23, 318.15), <disesse> dissesse (199.28), <outrosi> outrossi (413.11, 17 e 23, cfr. outrossi no v. 5), <pos(o)> posso (409.14), <uasalo> vassalo (84.12), <uoso> vosso (362.2). Véxanse tamén notas a 66.21, 69.7, 80.10 e 89.2.

  • 18

    A omisión da vírgula en Michaëlis (cuid’eu fariades melhor) implica que a editora fai depender sintacticamente fariades de cuid’eu, sen a necesaria conxunción que: na realidade, fariades é o verbo principal dos vv. 15-20, mentres que cuid’eu constitúe unha expresión fraseolóxica de tipo parentético, variante de cuido-m’eu e concorrente con aquant’eu cuido (véxase Glosario, s.v. cuidar1).

  • 20

    A lección do Cancioneiro da Ajuda mostra un evidente erro na interpretación do pronome vós, necesariamente tónico neste contexto, que comparece nos manuscritos como unha forma átona <uꝯ>, cun erro que se rexistra nos tres grandes cancioneiros. Véxase este mesmo erro en A fronte ao Cancioneiro da Biblioteca Nacional (vós <uꝯ> A : <uos> B) en 72.13, 90.16, 133.10, 134.24, 138.14, 315.8. Mais tamén se atesta o mesmo lapso de copia en BV, con lección errada coincidente en 402.11, 16 e 17 (cfr. <uos> na v. 5), 791.13, 840.17, 855.13, 920.14, 929.r1 (vv. 5, 11 e 17), 1052.5, 1111.11, 1195.15, 1264.6 etc.; do mesmo xeito, aparece en cantigas transmitidas só por un dos cancioneiros italianos: 183.17 e 185.21 (en B); 1013.1 (en V); e aínda existe en pasaxes con diferente lección conforme os manuscritos: 900.7 (<uꝯ> B vs. <uos> AV), 1022.7 (<uꝯ> V vs. <uos> B).

  • 25

    Nótese a existencia do mesmo erro saber / sabor en 879.18 (V’) e 1367.15 (BV), e inverso en 97.26.

  • 27

    Non parece xustificada a conversión que Michaëlis e Littera fan do presente indicativo faz no presente subxuntivo faça. Consecuentemente, toll’a min (v. 28) encobre un presente indicativo. A respecto deste verbo, nótese a lección de B, que presenta a confusión tolher/colher a partir do frecuente intercambio <t>/<c> (véxase 479.4 e 12, onde B presenta tolher en vez do certo colher).

Buscar
    Non se atopou ningún resultado