I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 33-34 [= LPGP 521]); Littera (2016: I, 628-629).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 38-39); Carter (2007 [1941]: 9-10); Machado & Machado (1949: I, 148-149); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2017: I, 80); Arbor Aldea & Santiago Gómez (2019: 66-67).
III. Antoloxías: Torres (1977: 494-495); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 112); Diogo (1998: 32-33).
1 vos] uus A 2 vos] uus A 4 m’avedes] mhauedes B; o] oo B 5 vos] uus A; faço en] fac en B; vos] uus A 6 -l’a] lo B 8 vos] uos A 10 vos] uus A; jaç’en] caya en B; prazer] praçer A 12 vos] uus A 13 vos] uus A; vos] uus A 14 e eu non posso end’al] ca eu nō possendal B 15 se eu] seu B; ouvesse] ouvess{e} A : ouuesso B 18 onde] ōn B 20 ave-l’-ei] aueloey B 21 viver] ueer B 22 vos] uus A 24 ben] be B; vos] uus A 25 vo-l’] uolo B; encobri] encobrir AB 26 per] por B 27 pesa] (ꝓu) pesa B
1 vos] vus Michaëlis 2 vos] vus Michaëlis 5 vos] vus Michaëlis; faço en] faç(o) en Michaëlis : faç’em Littera; vos] vus Michaëlis 6 devede-l’a sofrer] devede-lo sofrer Michaëlis 8 vos] vus Michaëlis 10 vos] vus Michaëlis 12 vos] vus Michaëlis 13 vos] vus Michaëlis; vos] vus Michaëlis 14 posso] poss(o) Michaëlis : poss’ Littera 15 ouvesse] ouvess’o Littera 22 vos] vus Michaëlis 24 vos] vus Michaëlis 26 per] por Michaëlis, Littera 27 vos] vus Michaëlis; per] por Michaëlis, Littera 28 vos] vus Michaëlis
Esquema métrico: 8a 8b 8b 8a 8c 8c 8a (I [= Tav 161:259]) + 8a 8b 8b 8a 8c 8c 8b (II-IV [= Tav 163:39])
Encontros vocálicos: 5 faço‿en
Na edición de Michaëlis (e de Littera) todas as estrofas aparecen sintacticamente isoladas. Sobre o carácter de cantiga próxima ás cantigas ateúdas, cunha ligazón copulativa das dúas últimas estrofas, véxase nota á cantiga 55.
A variante de B mostra a vacilación na construción das perífrases obrigativas con dever, que podían aparecer sen preposición a (devede-l’a sofrer vs. devede-lo sofrer). Neste caso, A opta pola forma maioritaria, rexeitada nesta pasaxe por Michaëlis, que recorre á lección do Cancioneiro da Biblioteca Nacional. Véxase nota a 146.29.
Nótese tamén a variante de B (caer en prazer) para jazer en prazer (véxase nota a 56.15).
As formas regulares jaço, jaça, presente de indicativo e de subxuntivo de jazer (< iacēre) son as ofrecidas polo Cancioneiro da Ajuda (80.10, 130.1 –<iazco> B–, 174.4 –<iasco> B–, 346.7), fronte ás formas jasco e jasca e demais formas do presente subxuntivo –anómalas a partir do lat. iacĕo e iacĕam, respectivamente–, propias dos apógrafos italianos (14.32, 1605.10 e 13, 1606.21)1 .
En A, por outra parte, é de salientar a forma gráfica <praçer> prazer (e tamén <façen> fazen en 386.6), nun ámbito fonolóxico –as sibilantes– onde se detectan grafías diversas e algúns lapsos, probabelmente sen transcendencia fonolóxica. Véxanse tamén notas a 66.21, 69.7, 88.15 e 89.2.
O texto permitiría interpretar que a invocación presente neste verso sexa por Deus Sennor (véxase no corpus este sintagma en 286.1, 500.5); mais a presenza do vocativo sennor dirixido á dona nas outras estrofas (véxase vv. 2, 20 e 23) aconsella fixar tamén nesta segunda estrofa esta mesma invocación á sennor.
A corrección en A indica a preferencia, neste caso, por aver poder, que convive con aver o poder ao longo do corpus (cfr. se d’al ouvesse poder, 24.11; logo vos soube tan gran ben querer / que non coidei que ouvesse poder, 300.3). Nótese, ademais, o hipérbato nestes versos: ‘se eu ouvesse poder de amar qual dona quisesse’. Cfr. nota a 88.4.
O uso explicativo de sabedes faino perfectamente equivalente a unha forma de imperativo, tal como volve aparecer no íncipit da cantiga 649.
Neste verso rexístrase, máis unha vez, o provenzalismo cor, que compite con coraçon na lingua das cantigas.
A rima con vi (v. 22) e o necesario paralelismo con desejei (v. 23) e neguei (v. 24) esixen a emenda da lección <encobrir> dos manuscritos (este erro, común a AB, debía estar xa nun antecedente común, pois non parece polixenético).
Se cadra son produto da analoxía cos verbos incoativos e similares (cfr., por exemplo, conhosco vs. conhoces).