(I) Ben entendo eu, señora, que fai unha loucura quen vai amar moito a quen non o ama, e quen desexa moito unha muller de quen non pensa recibir ben xamais; e, miña señora, todo isto me acontece a min convosco, e non entendo a gran loucura que aí fago e entenderíaa se a fixese outro, e non teño a sorte de me saber gardar dunha gran loucura.
(II) E, miña señora, sei eu gardar a outro diso, e a min propio, que o precisaría máis, non me sei gardar; e, se me non auxiliar contra vós, miña señora, outra cousa, non me ten proveito, cando tampouco me é de proveito obrar con criterio, que me debía axudar; e miña señora, sequera por Santa María, xa que Deus non quere que eu obre con cordura, obrade aí vós con siso e con mesura!
(III) E, sen dúbida, segundo o meu entender, o feito de vos amar, miña señora, eu que non penso recibir de vós ningún ben mentres viva, fermosa señora, máis mo debiades vós agradecer ca se vos eu xa amase, miña señora, por algún ben que eu pensase recibir de vós; mais que Deus non me dea a vosa graza se eu, señora, teño algo deste pensamento!