I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 340-341 [= LPGP 530]); Correiaa (2001: 399); Correiab (2016: 69); Littera (2016: I, 603-604).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 118); Michaëlis (2004 [1896-1905]: 36-37); Carter (2007 [1941]: 102-103); Machado & Machado (1950: II, 70); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 278).
III. Antoloxías: Fernández Pousa (1951: 68); Torres (1977: 178); Gonçalves & Ramos (1983: 169); Dobarro Paz et alii (1987: 103); Mongelli & Maleval & Vieira (1995: 157); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 121); Diogo (1998: 132).
1 m’ á ‘qui] mhaa qui B 2 dixi] disse B 5 dixi o meo] dixo meyo B 8 eno] {e}no A 9 mansa, e máis] māsse muj B 11 fezo-lle] fezelhi B 13 rogo] roga B 14 lle] lhi B 15 me] mj B; faça] faza A 16 ouso rogar] ousa rogar B 17 querria] queria B 19 ouvess’a] ouuess(e) a A 21 eno] No B
3 cousas «pero» e de cousas «non»] cousas pero, e de cousas non Michaëlis 5 dixi o] dix’ o Correiaa, Correiab 6 boo] bõo Michaëlis, Littera 13 rogo] rog’a Correiaa, Correiab 19 ouvess’a] ouvesse a Correiab
Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10c 10c 10a + 10c 10c 10a (= Tav 189:9)
Encontros vocálicos: 4 -mi-‿o; 5 dixi‿o; 15 -lo‿a
Esta composición de Joan Soarez Coelho é unha verdadeira cantiga ateúda atá a fiinda, e como tal foi considerada na edición de Correia; polo contrario, Michaëlis só presenta ligazón interestrófica nas dúas primeiras cobras, mentres que en Littera todas as estrofas aparecen isoladas sintacticamente. Véxase nota á cantiga 15.
O encontro á ‘qui do incipit reflicte a crase que o adverbio aqui estabelece co vocábulo anterior cando acaba en -a (di’aqui, 1031.1; verri’aqui, 215.18), mais presenta a forma ‘qui, con elisión da vogal inicial, nalgúns encontros coas formas verbais (tónicas) á (á ‘qui 1408.1, 1473.12) e mais é (é ‘qui, 140.21, 658.2, 1382.1). Fóra da produción poética, existe tamén algunha ocorrencia da forma reducida deste adverbio: Eu Sueyro Pérez, notario sobredicto, a fiz escrivir e poño qui meu sigño en testimuyo de verdade (Fernández de Viana y Vieites 1994: 37).
A variante dixi (tamén no v. 5) de A (cfr. disse B) contrasta forma xeral dixe no Cancioneiro da Ajuda (véxase nota a 270.15-16. En calquera caso, a aparición de disse en A nesta cantiga como forma de P1 é variante rara no Cancioneiro da Ajuda, onde existen só outras dúas ocorrencias en 195.13 e 235.20 (disse A vs. dixi B). Véxase nota a 195.13.
As aspas marcan tipograficamente dun modo claro a interpretación do verso.
O Cancioneiro da Biblioteca Nacional equilibra a crase mans’e coa reiteración do adverbio mui: e mui máis mans’, e mui máis con razon.
Nótese a variación fezo A vs. feze B (véxase nota a 167.5).
Obsérvese a aparición da grafía <z> en formas que regularmente presentan <c, ç> e que deben ser postas en relación con outras confusión gráficas que atinxen ao ámbito das sibilantes no Cancioneiro da Ajuda: en varias ocasións rexístrase <fazo> e <faza> faço e faça, ás veces en formas contractas (69.7 e 10, 117.17, 136.10, 189.24, 203.27, 273.22, 278.15, 403.2, 433.2), <ouzo> ouço (85.26) e <nazer> nacer (260.2). Véxanse tamén notas a 66.21, 80.10, 88.15 e 89.2.
De novo en B se rexistra a perífrase ousar + a + infinitivo fronte a A (ousar + infinitivo). Véxase nota a 95.16.