5 [= Tav 157,28]
Ledas sejamos oj[e]-mais

Este laix fezeron donzelas a Don [L]ançaroth quando estava na Insoa da Lidiça, quand’o a Rainha Genevra achou con a filha de Rei Peles e lhi defendeo que non pareces[s]e ant’ela.

Ledas sejamos oj[e]-mais
e dancemos, pois nós chegou
e o Deus connosco juntou,
[e] cantemos-lhe aqueste lais,
ca este escudo é do melhor
omen que fez Nostro Senhor.
Con [e]ste escudo gran prazer
ajamos e cantemos ben,
e dancemos a nos[s]o sén,
pois-lo avemos en poder,
ca este escudo é do me[lhor
omen que fez Nostro Senhor].
Oi nos devemos [a]legrar
deste escudo que Deus aqui
troux’, e façamo-lo as[s]i:
poinhemos moito en no onrar,
ca este escudo é [do melhor
omen que fez Nostro Senhor].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


B 5, L 5

Edicións


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 636 [= LPGP 984]); Lagares (2000: 109 [rúbrica]); Amaral (2006: 76-77); Lorenzo Gradín (2013: 7 [rúbrica]); Littera (2016: II, 559).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 8-9); Machado & Machado (1949: I, 40-41); Rios Milhám (2017: I, 5).
III. Antoloxías: Pellegrini (1928: 14); Nemésio (1961 [1949]: 221-222); Arias Freixedo (2003: 934-935).

Variantes manuscritas


Rúbrica. laix] laye L; quando] quado B; rainha] Rayā B : Rayan L; achou] ochou L; ant'ela] ancela B

Texto. 1 sejamos] seiamus BL   2 dancemos] dance mus B : dancemus L   3 Deus connosco] deu conosco L   4 Cantemꝯ lha a q̄ste B : Cantemus lha q̄/aq̄ste1 L   5 escudo] scudo L    7 escudo] scudo L   8 ajamos] Aiamus BL; e cantemos] er Cantemus L   9 dancemos] dantemꝯ   10 avemos] anemꝯ B : auemus L   13 devemos] deuemus L   14 deste escudo] Veste essaido B : Veste scudo L; que Deus aqui] \\q̄ ds̄ a qi//  (q̄ ds̄ aqi)   15 façamo-lo] facamolo BL   16 poinhemos moito en no] poinhemus moyto anno L   17 este] ese L; escudo] escado B : scudo L

Variantes editoriais


Rúbrica. laix] lais Lorenzo Gradín, Littera; [L]ançaroth] Ançarot Michaëlis, Lorenzo Gradín; quand’o] quando Amaral : quando [o] Michaëlis, Lorenzo Gradín; Rainha] raĩa Amaral; achou] [o] achou Amaral, Littera; de] do Littera; defendeo] defendeu Littera; pareces[s]e] parecese Amaral, Lorenzo Gradín

Texto. 1 sejamos] sejamus Amaral   2 nós] nos Amaral, Littera   4 [e] om. Michaëlis, Amaral, Littera; lh’] lhe Michaëlis, Amaral   5 este escudo] est(e) escud(o) Michaëlis : est’escudo Littera   7 [e]ste] [e]st(e) Michaëlis : [e]st’ Littera   8 ajamos e cantemos] ajamus e cantemus Amaral   9 dancemos a nos[s]o] dancemus a noso Amaral   10 avemos] avemus Amaral   11 este escudo] est(e) escud(o) Michaëlis : est’escudo Littera   13 Oj[e] nos devemus legrar Amaral; nos] nus Michaëlis   14 deste] e est(e) Michaëlis : neste Amaral : dest’ Littera   15 troux’, e] trouxe Michaëlis; as[s]i] asi Amaral   16 Poinhemos] Puinhemos Michaëlis, Littera : Poinhemus Amaral; moito en no] muit(o) e’-no Michaëlis : muit’eno Littera   17 este escudo] est(e) escud(o) Michaëlis : est’escudo Littera

Paráfrase


(I) Esteamos ledas de hoxe en diante e bailemos, porque chegou Lançaroth e Deus o xuntou connosco, e cantémoslle este lai, porque este escudo é do mellor home que fixo Noso Señor.

(II) Esteamos ledas con este escudo e cantemos ben, e dancemos ao noso xeito, pois o temos no noso poder [refrán].

(III) Hoxe debemos alegrarnos do escudo que Deus aquí trouxo, e fagámolo así: esforzarémonos moito en honralo [refrán].

Métrica


Lai, cantiga de refrán. O texto está constituído por tres estrofas singulars de seis octosílabos agudos.

Esquema métrico: 3 x 8a 8b 8b 8a 8C 8C (= Tav 160:396)

Encontros vocálicos: 4 -lhe‿aqueste; 5 este‿escudo‿é; 7 [e]ste‿escudo; 14 deste‿escudo; 16 moito‿en

Notas


Rúbrica
  • De novo reaparece a forma <laix>, xa con presenza no primeiro lai (véxase nota á rúbrica da cantiga 1); obsérvese tamén como, reforzando o carácter tardío das rúbricas dos lais, se rexistra a desinencia -eo na P3 do pretérito de defender, que se documenta moi limitadamente nos textos trobadorescos (véxase nota a 302.14).
    Nótese, por outra banda, o errado desenvolvemento gráfico de <ĩa> como <ian> en L. Por súa vez, sobre o necesario desenvolvemento de -ĩo/-ĩa como -inho/-inha, véxase nota a 11.28-29.

Texto
  • *

    Tanto a didascalia como este texto inspiraríanse nunha pasaxe da Folie Lancelot da Suite Merlin. A este respecto, véxase Lorenzo Gradín (2013: 2), e bibliografía citada, en particular, Gutiérrez García (2007: 94-101, 110-112), que estuda as técnicas compositivas do poema e o contexto de orixe; véxase tamén como Gutiérrez García (2001: 38-39), Sharrer (1994), e Michaëlis (1900-1901: 16-18, 19-20; 1904: I, 636; II, 486-487, 487-490, 494-495). Para a rúbrica que acompañan o lai, véxase Lorenzo Gradín (2013: 5) e Michaëlis (1904: I, 636).

  • 1

    Perante a evidente hipometría do verso, podería pensarse na solución [des] oimais; porén, esta locución precede sempre o verbo nas numerosas ocorrencias que se rexistran no corpus. A forma oje-mais (só en 411.3, 436.18; des oje-mais en 225.1 e 8 e 420.5 e 436.1) constitúe a adaptación galego-portuguesa do frecuente provenzalismo oimais.
    Por outra parte, neste verso detéctase a primeira aparición da terminación -us en voces en que é xeral a terminación -os; na realidade, esta grafía aparece case exclusivamente en formas verbais de P4 e nomes masculinos plurais. A súa esporádica presenza, limitada aos apógrafos italianos, mostra que é produto do desenvolvemento da abreviatura <9> en posición final, abreviatura herdada do latín, onde funcionaba como desinencia de nominativo nos nomes da segunda declinación, rematados en -us.

  • 2

    Mantemos nós (cfr. <nos> en B) como forma tónica oblicua en función de complemento indirecto, como forma libre sen preposición, función que na lingua trobadoresca pode ser exercida polas formas pronominais tónicas oblicuas. Cfr. ou por min fazerdes vós ben (18.14); nen quer’eu ela consentir / quanto mal me faz (84.10) etc.

  • 3

    A interpolación pronominal fai que o pareza o artigo de Deus, mais é un pronome dependente de juntou.

  • 4

    É necesaria a copulativa inicial do verso para a correcta contaxe métrica, xa que nas escasas ocorrencias en que se produce o encontro do pronome lhe con vocábulo iniciado por vogal, sempre se rexistra sinalefa (lhe‿ousar 659.16; lhe‿ante 1319.6; lhe‿eu 1199.16; lhe‿outorga 1451.24, lhe‿oisse 1479.9). Tal acrecentamento da conxunción e está sustentado pola moi frecuente omisión da copulativa por erro de copia, como mostran os abondosos casos en que algún dos manuscritos ofrece a lección correcta: A vs. B (65.29, 117.12, 165.10, 174.12 etc.), B vs. V (424.14, 1195.16 etc.), V vs. B (403.6, 1614.20 etc.). E noutros casos, a métrica e/ou o sentido indica a necesidade da recuperación da copulativa (véxase 6.14, 60.27, 103.18, 110.3 e 17, 230.5, 271.5 etc.). Cfr. nota a 42.15 e 274.19.
    Para alén da rúbrica da primeira cantiga do corpus profano e mais da cantiga 5 (o derradeiro dos lais), este tipo de composicións volve aparecer citado nunha cantiga de Fernan Rodriguez Redondo: Mui ledo seend’, u cantara seus lais, / a sa lidiça pouco lhi durou (1625.13). Tamén están presentes nas Cantigas de Santa Maria: Un jograr, ... / que mui ben cantar sabia | e mui mellor violar, / e en toda-las eigrejas | da Virgen que non á par / un seu lais senpre dizia (CSM 8.15); Aquel lais que el cantava | era da Madre de Deus (CSM 8.17); Atan gran sabor avia | daquel cant'e daquel lais, / que grandes trezentos anos | estevo assi, ou mays (CSM 103.26) (cfr. Arbor Aldea 2016a).

  • 7

    As grafías con s- líquido inicial a encubrir unha secuencia [es-], mesmo após consoante, frecuentes nos textos tardomedievais escritos en Portugal, aparecen esporadicamente nos apógrafos italianos (e probabelmente a nacionalidade dos copistas tamén influíu neste sentido): Por [e]sto (34.7), duas [e]spadas (461.29), pintar [e]scudo (494.44), Nen [e]sperança (624.22), maos [e]scudeiros (876.11), leixan [e]spital (878.8), perfiar [e]scuso (1337.11), per [e]strolomia (1594.18), dos [e]stormentos (1594.26), un [e]scolar (1609.7), un [e]speto (1625.3), Don [E]stevan (1672.1).

  • 10

    A secuencia <s-l> (e <r-l>) en que está implicada a forma arcaica lo(s) ~ la(s) do pronome identificador (artigo ou pronome) no encontro con certos vocábulos acabados en -s (ou -r) debe ser lida como [l], independentemente de que a grafía presente a forma máis antiga (véxase tamén nota a 83.21 e 139.2). Na lingua medieval, e no corpus trobadoresco profano máis en concreto, o pronome identificador sofre asimilación fonética xeral cos pronomes átonos nós, nos, vós, vos e lhes, así como co indefinido todos, coas preposicións por ~ per, des e tras, e cos adverbios alhur e depois, xunto con mais e pois (adverbios e/ou conxuncións); polo contrario, coas formas verbais acabadas en -r ou -s a representación da asimilación é vacilante. Mais para alén destes fenómenos asimilativos máis ou menos sistemáticos que chegan na lingua oral até hoxe, na lingua trobadoresca tamén aparecen outras asimilacións con formas adverbiais e conxuntivas alén de mais e pois (véxase nota a 331.7), con outras formas pronominais ademais das citadas (véxase nota a 334.4), con algúns substantivos (véxase nota a 25.16) e, finalmente, co adxectivo melhor (véxase nota a 185.8) e mais con algúns participios plurais (véxase nota a 960.24).

  • 13

    O verso presenta unha evidente hipometría que debe ser emendada a través de oj[e] (opción de Amaral) ou [a]legrar (opción de Michaëlis)2 . Entre a escaseza de ocorrencias da forma oi (porén, documentado con seguranza nas cantigas profanas, véxase infra) e a inexistencia dunha forma *legrar, a opción de oi parece a máis pertinente. O certo é que resulta factíbel este resultado a partir de hodie, aínda que sexa verdadeiramente esporádica a caída de -d- en vez da esperada palatalización consonántica por efecto do iode, pois só localizamos uns poucos exemplos na prosa anterior ao século XV3 , para alén das outras tres ocorrencias no corpus trobadoresco profano (20.2, 1402.r2, 1649.12)4 . Véxanse, na prosa notarial dos séculos XIII-XIV, os seguintes exemplos: ... estado en que antes estaua e na reuor en que oy esta e que non penda maor danno nen maor forza ... (1274); e a uosa moler Tareija Anes e aos fillos que oi dia auedes (1321); et bees des lo tenpo que os conplastes passado ata oy die que esta carta he feyta (1343); Et des oy dia en deante ... (1356). Na prosa historiográfica galega tamén se rexistra, mais debe terse en conta que se trata de traducións do castelán: dandolles muytos d[o]nadios et muytas rrendas, que oy dia am (tradución galega da Crónica de Castilla e da Estoria de España); Oy este osso agora era dos meus ossos et carne da myña carne! (Geral Estoria). E aínda se rexistra na Crónica de 1344: Des oy podemos, sem nẽ hũu embargo, casar nossas filhas cõ os iffantes d’Aragon e de Navarra (1952-1990: IV, 164).

  • 15

    Sen dúbida, é necesaria a segmentación do texto manuscrito en troux’e para ligar sintacticamente este verbo con façamos.

  • 16

    A forma poinhemos supón un infinitivo *poinhar, concorrente con puinhar (707.8, 1441.8, 1595.4), sendo ambas as variantes moito máis antigas que o xeral punhar, que, por súa vez, sería unha forma evolutivamente inicial a partir do lat. pŭgnāre5 .
    Certamente moito é forma minoritaria en relación a muito (rexístrase tamén en 26.9, 872.2, 919.12 e 1161.3), mais o texto michaëliano indica claramente como o proceso de lusitanización en moitas edicións da lírica profana galego-portuguesa chegou a modificar as propias leccións dos manuscritos. A este respecto, convén indicar que, para alén dunha importante presenza de moi ~ moito nos textos medievais xerados no territorio galego, estas formas encóntranse tamén en textos portugueses de diferente teor. Véxase, só como mostra, a forma moito ~ moyto en obras diversas, como o Livro de Linhagens do Conde D. Pedro (Mattoso 1980: I, 277, 278, 298 etc.), na Crónica de 1344 (Cintra 1952-1990: IV, 174) ou no tardío Tratado de Confisson (Machado 2003-2013: 51, 56, 59, 61, 62, 64, 65 etc.).

  1. ^

    O copista transformou o q̄„ escrito inicialmente en a.

  2. ^

    No relativo a alegrar, este verbo é de uso corrente na Idade Media, por moito que o adxectivo alegre presente moitos menos rexistros documentais do que o seu sinónimo ledo/a (véxase CGPA, s.v. alegre, alegrar).

  3. ^

    Neste século xa aparece con máis frecuencia, probabelmente pola influencia castelanizadora. Os exemplos están tirados do TMILG; porén, na Crónica Geral de Espanha de 1344 aparece, cando menos, nunha ocasión: Des oy podemos, sem nẽ hũu embargo, casar nossas filhas cõ os iffantes d’Aragon e de Navarra (Cintra 1952-1990: IV, 164).

  4. ^

    A aparición de oi en 1587.12 é interpretación de Lapa, Alvar e Lopes, que, condicionados por cuestións gráficas, estabeleceron d’oi a tercer dia en vez de d’oj’a tercer dia.

  5. ^

    Véxase unha forma similar en cuinhada (< cognatam), que se rexistra nun documento do Mosteiro da Batalha (Gomes 2002: I, 338).

Buscar
    Non se atopou ningún resultado