Após unha lacuna, en B só aparece o final da cantiga: o v. 16 e o inicio do refrán da estrofa III.
I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 327 [= LPGP 544]); Correia (2001: 297); Littera (2016: I, 598-599).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 115); Carter (2007 [1941]: 98); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 271).
III. Antoloxías: Nunes (1932: 14); Piccolo (1951: 66-67).
16 moiro] moir{e} A : moire B; ll’ouso] lhousa B 17 no’mi] non <...> B
7 per] por Littera 11 no’mi] non mi Michaëlis, Correia 13 à] a Michaëlis, Correia, Littera 16 moiro] moir’e Michaëlis 17 no’mi] non mi Michaëlis, Correia : nom mi Littera
Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= Tav 160:143)
Encontros vocálicos: 5 mi‿á; 11 mi‿á; 17 mi‿á
Sobre o carácter de cantiga próxima ás cantigas ateúdas, cunha ligazón copulativa das dúas últimas estrofas (ningunha das edicións precedentes liga as estrofas I-II), véxase nota á cantiga 55.
Ao contrario das Cantigas de Santa Maria (véxase Mettmann 1959-1972: IV, s.v. valer), onde predominan as formas etimolóxicas nos tempos de pretérito de valer coa raíz valv- (véxase Ferreiro 1999: §221d; Mariño Paz 2000: 699-703), na poesía profana xa son minoritarias as formas máis antigas (véxase tamén 35.24, 117.12, 127.19, 196.16, 559.2, 1373.6 e 1532.20).
A sintaxe pide unha contracción à inicial, pois falar (v. 16) esixe preposición a co CI senhor.
A errada corrección de A (moiro > moire) debeu ser produto dun lapso inducido pola presenza das anteriores copulativas.
Canto á variante de B, coa perífrase ousar + a + infinitivo, máis unha vez existe diverxencia entre A e B (véxase nota a 95.16).