957 [= Tav 63,64]
Que grave m’ést’ora de vos fazer

Que grave m’ést’ora de vos fazer,
senhor fremosa, un mui gran prazer,
ca me quer’ir longi de vós viver,
e venho-vos por esto preguntar:
que prol á mí fazer-vos eu prazer
e fazer a mí, senhor, gran pesar?
Sei que vos praz muito ir-m’eu d’aquen,
ca dizedes que non é vosso ben
de morar preto de vós, e por én
quero de vós que mi digades al:
que prol á mí fazer eu vosso ben
e fazer a mí, senhor, mui gran mal?
Dizedes que mi avedes desamor
porque moro preto de vós, senhor,
e que morr[er]edes se m’eu non for;
mais dizede ja, que m’eu quero ir,
que prol á min guarir eu vós, senhor,
e matar mí, que moiro por guarir?
E vós guarredes sen mí, mia senhor,
e eu morrerei des que vos non vir.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20

Manuscritos


B 954-955, V 542

Após o v. 6 e o número 955, en B aparece copiado o íncipit da seguinte cantiga (nº 958): Senhor fremosa do bon parecer.

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 372-373); Rodríguez (1980: 101 [= LPGP 401-402]); Littera (2016: I, 432).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 194-195); Braga (1878: 103); Machado & Machado (1953: IV, 324); Gassner (1933: 405-406); Fernández Pousa (1959: 95).

Variantes manuscritas


6 fazer a mí] tazer amī V   7 vos] nꝯ V; ir-m’eu] hirmey V   11 á mí] haami V; vosso] uossa B   12 e] et V; senhor] señ V; mui] (g) uuy B : gruy V; gran mal] g̃uyus V   15 morr[er]edes] moiredes B : morredes V   17 que ꝓl amī guarir (eu uos senhor ematar) / eu uos senhor V   18 mí] mī V   19 guarredes] guairedes B   20 e] Et B : et V; morrerei] moirerey B

Variantes editoriais


5 á mí] á [a] mi[n] Rodríguez : há [a] mim Littera   6 mí] min Nunes, Rodríguez : mim Littera   7 muito] om. Rodríguez   11 á mí] á a min Rodríguez : há a mim Littera   12 mí] min Nunes, Rodríguez   17 á min] á [a] min Rodríguez : há [a] mim Littera   18 mí] min Nunes, Rodríguez : mim Littera   19 vós] vos Nunes

Paráfrase


(I) Que difícil me resulta agora, señora, facervos un pracer moi grande, porque me quero ir lonxe de vós vivir e por isto vos veño preguntar: que proveito ten para min facervos a vós pracer e facerme a min, señora, un gran pesar?
(II) Sei que vos prace moito que eu me vaia de aquí, porque dicides que non é bo para vós que eu more preto de vós, e por iso quero que vós me digades outra cousa: que proveito ten para min facervos eu a vós ben e facerme a min, señora, moi gran mal?
(III) Dicides que me tendes desamor porque moro preto de vós, señora, e que morreredes se eu non me for; mais dicídeme xa –que me quero ir–, que proveito ten para min salvarvos eu a vós, señora, e matarme a min, que morro por vivir?
(1) E vós sobreviviredes sen min, miña señora, e eu morrerei desde que non vos vexa.

Métrica


Esquema métrico: 10a 10a 10a 10b 10a 10b (= Tav 13:20)

Encontros vocálicos: 13 mi‿avedes

Notas


Texto
  • 3

    A vogal final -i de longi (tamén en 33.6, 323.7, 721.12, 800.5, 916.4, 966.9, 1032.24 e 1139.2, 5, 7 e 10), a convivir con longe, tamén aparece noutros dous adverbios: eiri (véxase nota a 114.9) e tardi (véxase nota a 1008.16). Nos nomes só se rexistra sangui (véxase nota a 1410.17).

  • 5

    O paralelismo construtivo dos vv. 5, 11 e 17 levou os editores precedentes a unha acción niveladora na expresión aver prol + (a) + mi(n): Nunes optou pola omisión da preposición no v. 11, mentres que Rodríguez a reintegrou nos vv. 5 e 17. Acollemos a solución de Nunes por ser esa a lección de B, prioritaria fronte a V, para alén do feito de que este tipo de construción no corpus en xeral (mais cfr. 879.3) non presenta a preposición a, que é absorbida foneticamente pola forma verbal á: non mi á min prol (117.14), non mi á min mester (150.9), non á min por senhor (730.15):
              que prol á mí fazer-vos eu prazer (v. 5)
              que prol á mí fazer eu vosso ben (v. 11)
              que prol á min guarir eu vós, senhor (v. 17).

Buscar
    Non se atopou ningún resultado