68 [= Tav 151,9]
Ome que gran ben quer moller

Ome que gran ben quer moller
gran dereit’á de trist’andar,
ca, se ll’ela non quer prestar,
al do mundo non ll’á mester;
mais que mester lle pod’aver
o que lle non pode toller
tal cuita como sigo ten?
E, se ést’om’a que Deus quer
per algũa ventura dar
dela algun ben, log’a cuidar
dev’esto (se scient’ouver),
ca inda o á de perder,
e creo que dev’a morrer,
se o cuidar, con pesar én.
E tod’ome que se poder
per algũa guisa guardar
de nunca moller muit’amar
fara bon sén se o fezer,
que, enos dias que viver,
que pesar pode ja prender
eno mundo per outra ren?
Mais quen s’én ben guardar quiser
guarde-se ben de ir a logar
u veja o bon semellar
da mia sennor, se lle Deus der,
que atal fez, end’o poder,
ca, se o vir, log’á d’aver
mui gran cuita sen neun ben.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 
 
 

Manuscritos


A 5, B 95

Edicións


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 13-14 [= LPGP 941]); Littera (2016: II, 535-536).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 33-34); Carter (2007 [1941]: 3-4); Machado & Machado (1949: I, 128-129); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2017: I, 68).
III. Antoloxías: Alvar & Beltrán (1989: 105); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 227); Alvar & Talens (2009: 344).

Variantes manuscritas


1 Ome] Omen B; molher] a molher B   5 lle] lhi B   6 lle] lhi B, pode] pod A   7 cuita] coyta B   9 ventura] mētira A   10 algun] om. A   11 scient’ouver] reciētoer B   12 ca inda o á] erudādoa B   13 e] bē B; dev’a morrer] deu(e) amorrer A   15 tod’ome] codome B   16 guardar] g̃dar B   19 que, enos dias] ca euꝯ dias B   22 guardar] g̃dar B   23 guarde-se ben de ir a logar] g̃desse bē dir alogʷr B   27 log’á] log(o) a A : logo a B   28 cuita] coyta B; sen] se A, neun] nē hū B

Variantes editoriais


7 cuita] coita Littera   10 dela] d’el(a) Michaëlis   11 scient’] cient’ Littera   23 de ir] d(e) ir Michaëlis : d’ir Littera   26 atal] a tal Michaëlis, Littera   28 cuita sen neun] coita sen nẽum Littera

Métrica


Esquema métrico: 4 x 8a 8b 8b 8a 8c 8c 8d (= Tav 167:8)

Encontros vocálicos: 10 dela‿algun; 11 sci·en·t(e); 23 de‿ir

Notas


Texto
  • 1

    O cancioneiro da Ajuda mostra unha clara preferencia pola forma ome face á variante omen, máis frecuente nos apógrafos italianos (mais véxase nota a 129.14). Deste xeito, nos textos transmitidos por A e por B, achamos con frecuencia a oposición ome / omen (66.19, 68.1, 74.28, 85.5, 121.11, 129.27, 131.11, 132.24, 139.8, 164.2, 174.7). Véxase tamén nota a 559.9.

    Por outra parte, é relativamente frecuente achar nos cancioneiros o acrecentamento do elemento a (artigo ou preposición), como acontece neste verso de B. A lección de A mostra o carácter espurio desa preposición desnecesaria para introducir o CD de querer, que volve aparecer exactamente na mesma construción, de novo como erro, en 226.9: De querer ben [a B] outra moller / punnei eu i á gran sazon. Outras adicións similares de a poden verse en 197.4 e 225.2 (B vs. A), 1000.20 (BV vs. A), 1100.4 (V vs. B) ou 741.7 (BV).

  • 9

    A semántica aconsella acoller a lección de B, interpretando, xa que logo, mentira como un lapso de copia en A; deste xeito, per algu͂a ventura faise equivalente a per ventura, expresión adverbial moi frecuente na poesía profana galego-portuguesa.

  • 11

    Nótese a grafía latinizante en sciente (a semellanza dalgúns verbos de orixe incoativa coa terminación -scer, véxase nota a 117.19) cando é utilizado como substantivo, co valor de ‘entendemento’ (tamén en 1408.21), face a ciente na locución adverbial a ciente (véxase nota a 475.32) e mais na frase formularia (a)quanto é meu ciente (véxase nota a 1328.11).

    A variación ouvesse A ~ oess(e) B, por outra parte, contribúe a apagar as formas do tipo oer ~ ouer, oera, oesse. O radical xeral para os tempos de pretérito de aver é ouv-, como resultado da metátese de wau e fricativización de -b- a partir do radical latino habu-. Ora ben, -b- intervocálico tamén pode desaparecer (Ferreiro 1999: §54c), como mostran diversos resultados que proban esta evolución diverxente nos tempos de pretérito de aver. Para alén de ouer (10.18), así acontece coas formas oer, oera e oesse presentes no corpus, sempre a partir das leccións dos apógrafos italianos, por o Cancioneiro da Ajuda sempre presentar a forma ouver (e afíns): se mi-o logo a tolher oer / mia vezinha (11.27), se vos eu oesse desamor (23.13), mentr’eu vosso desamor oer (23.32), pois eu esto feito oer (29.19), mentr’oer esta senhor que oj’ei (38.9), U lhi conven, oera de tornar (45.8), quand’eu de vós oer / desamor (46.23), pois que lh’esto feit’oer (96.8), quen vos oer a desejar (107.18), pois end’o poder oer (561.6), farei eu por vós quanto fazer oer (725.26), poi-la dona seu amig’oer (759.15), pois eu oer / por mia senhor mort’a prender (1064.13). A estas ocorrencias aínda hai que lles acrecentar aqueloutras en que os apógrafos italianos presentan esta variante fronte ao resultado maioritario en A: 66.15 (ouvesse A vs. oess(e) B); 64.465.22, 68.11, 81.18141.6 (ouver A vs. oer B); 363.16 (ouver A vs. oer BV). Véxase tamén notas a 10.18 e 372.4. Cfr. notas a 130.23 e 534.4. Véxase Ferreiro (2016a: 119-127).

  • 12

    A forma reducida inda do adverbio ainda, en xeral precedida de ca , atéstase por veces no corpus (67.21, 853.3, 1093.3, 1099.13), a convivir coa maioritaria ainda e a esporádica einda (véxase nota a 70.9).

  • 19

    A teor dos datos subministrados polos cancioneiros, as conxuncións que e ca son intercambiábeis tanto en función causal como completiva ou integrante. En liñas xerais, existe certa preferencia por ca en A (fronte a BV), tal como se percibe no presente verso: 66.6, 84.15, 92.27, 94.20, 142.28, 166.23, 167.18, 170.10 e 27, 177.14, 178.24, 179.19 e 26, 249.5, 276.r2, 317.16, 320.8, 355.3, 430.13, 812.3, 980.8, 981.19 e 26, 984.6, 995.7. Mais tamén encontramos a preferencia inversa (que A / ca B): 68.19, 84.6, 94.20, 221.9. E, finalmente, aínda entre os propios apógrafos italianos se encontra tal variación: ca B vs. que V (725.22 e 1102.5) e mais nas cantigas 655.14 e 984.r2 en que a primeira versión presenta ca face á segunda con que1 .

  • 26

    A deglutinación de atal (<atal> A, <a tal> B) en Michaelis e Littera implica a consideración dun pronome referido á senhor, convertendo tal en adxectivo, face á conveniente manutención de atal como pronome indefinido. Véxase nota a 14.49.

  • 28

    No Cancioneiro da Ajuda niun é a forma xeral para o indefinido, mais tamén se rexistra neun (fem. neũa); en todos os casos, cando existe copia en BV, a forma nos cancioneiros italianos é nen un (<nen hun ~ nē hū ~ nē hūu...>), agás en 132.1 (<niun> A, <neum> B). De calquera xeito, en textos transmitidos en BV tamén se rexistra a forma feminina neũa en 1267.r1 e 1319.11, xunto coa forma neũu de V en 1007.22).

  1. ^

    Resultan tamén significativas algunhas correccións e/ou vacilacións, como as de 530.4 (<(qu) ca> B) e 1450.17 (<ca que> B, <ca q̄> V), así como o erro de copia de A en 414.r1 (<que / ca> A, <q̄> B, <que> V).

Buscar
    Non se atopou ningún resultado