I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 529-530 [= LPGP 987]); Fernández Graña (2007: 299); Littera (2016: II, 566).
II. Outras edicións: Carter (2007 [1941]: 158); Machado & Machado (1960: VII, 50-51); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018b: III, 433).
2 faço] fazo A 3 vos] uos A 9 vos] uos A 10 faço de vos] fazo de uos A 18 sén] seso A; vos] uos A
3 vos] vus Michaëlis : vós Fernández Graña 9 vos] vus Michaëlis : vós Fernández Graña 10 vos] vos Michaëlis : vós Fernández Graña 14 eno] e no Fernández Graña 18 mui mal sén] mal-seso Michaëlis : mal seso Littera; vos] vus Michaëlis : vós Fernández Graña
Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10c 10a 10c + 10c 10c (= Tav 183:12)
Esta cantiga é considerada anónima.
Obsérvese a aparición da grafía <z> en formas que regularmente presentan <c, ç> e que deben ser postas en relación con outras confusión gráficas que atinxen ao ámbito das sibilantes no Cancioneiro da Ajuda: en varias ocasións rexístrase <fazo> e <faza> faço e faça, ás veces en formas contractas (69.7 e 10, 117.17, 136.10, 189.24, 203.27, 273.22, 278.15, 403.2, 433.2), <ouzo> ouço (85.26) e <nazer> nacer (260.2). Véxanse tamén notas a 66.21, 80.10, 88.15 e 89.2.
A segmentación de <eno> en Fernández Graña leva consigo tamén a consideración dunha frase parentética (e no meu coraçon).
Face ao bisilábico seso, sospeitoso de castelanismo e distorsionador da medida versal, sén aparece como alternativa adecuada por razóns métricas e semánticas, ademais de cronolóxicas. Para alén de faço mal sén / en vos amar nos vv. 2-3, fazer mal sén por servir aparece tamén, por exemplo, en 315.17 (e dizedes de quanto vos servi / que fiz mal sén) ou 331.8 (E todos dizen que fiz i mal sén, / ai mia senhor, de quanto comecei / de vos servir), para alén de que siso está sobradamente atestado na lingua trobadoresca (113.19, 204.13, 926.6, 1327.12, 1430.33, 1450.15, 1555.2 e 1637.4). Ao contrario non conseguimos rexistrar seso máis que nunha decena de documentos galegos (significativamente tardíos): pero con todo meu seso, et con toda mina memorya (1314); auendo toda miña memoria e meu seso e entendemento (1402); pero con todo meu seso e entendemento qual mo Deus dou (1435); con todo meu seso e entendemento conprido (1484)1 etc. (véxase CGPA, s.v. seso).
Na fiinda, a preposición de cumpre unha dupla función, pois introduce unha cláusaula subordinada (partir de fogir) e, asemade, un complemento circunstancial de lugar (fogir de mia morte). Isto é: «Mais non me poss’ende, sennor, partir quant’ei poder de fogir de mia morte».
Baixo a forma sesso aparece tamén nun documento altamente castelanizado de 1485: con todo meu sesso y entendimiento natural (véxase TMILG, s.v. sesso).