632 [= Tav 33,2]
A mia senhor fezo Deus por meu mal

A mia senhor fezo Deus por meu mal
tan fremosa, tan de bon sén, atal
que semelha que nunca en al cuidou;
por dar a min esta coita en que vou,
sei eu que a fez El, e non por al,
se m’ela con todo este ben non val.
Mui ben na fez falar e entender
sobr’aquantas donas El fez nacer
que semelha que nunca en al cuidou;
por dar a min esta coita en que vou,
sei eu que a fez tan ben parecer
se m’ela con todo esto non valer.
Esta senhor que min en poder ten
fez Deus fremosa e de mui bon sén
que semelha que nunca en al cuidou;
por dar a min esta coita en que vou,
sei eu que a fez, non por outra ren,
se m’ela con todo este ben non ven.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


B 617, V 218

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 217-218); Radulet (1979: 71 [= LPGP 268]); Littera (2016: I, 284).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 85); Braga (1878: 44); Machado & Machado (1952: III, 265-266).
III. Antoloxías: Nunes (1959: 252); Spina (1972: 330); Alvar & Beltrán (1989: 361).

Variantes manuscritas


1 mia] ma V; Deus] deuꝯ V   2 fremosa] fremossa B   4 a min] ami V   5 el, e] el el B   6 todo este] tode este BV   8 sobr’aquantas] Sobra quantas B : sobrquātas V; nacer] nater V   10 a] ā BV   11 parecer] pareter V   14 fremosa] fremossa B : fr̄mosa V   18 se m’ela] Semelha B

Variantes editoriais


6 todo] tode Radulet   7 ben na] ben'a Littera   8 sobr’aquantas] sobre quantas Nunes, Radulet, Littera   13 min] mi Littera

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10a 10B 10B 10a 10a (= Tav 39:1)

Encontros vocálicos: 3 nunca‿en; 4 coita‿en; 6 todo‿este; 9 nunca‿en; 10 coita‿en; 12 todo‿esto; 15 nunca‿en; 16 coita‿en; 18 todo‿este

Notas


Texto
  • 1

    En principio, ma é tamén unha forma correcta para o posesivo átono feminino (véxase nota a 104.18). Porén, débese advertir que, en xeral, a forma ma é produto dun erro de copia, como mostran as varias leccións <m\h/a> ou <m\h/as> dos apógrafos italianos: 599.13, 678.8, 966.8, 984.1, 1009.1, 1297.1. Para alén disto, en xeral a forma ma(s) aparece só nun dos cancioneiros, fronte aos restantes testemuños manuscritos coa forma <mia> ou <mha>: B vs. A (190.r1 na estrofa II, 197.9), AB vs. V (403.14, 404.1), V vs. B (505.3, 506.13 e 21, 554.10, 556.9, 557.17, 604.r2, 605.4 e 10, 609.1625.1, 636.1, 794.9, 859.3, 887.5 e r1 nas estrofas I-III, 966.8, 970.12, 992.3, 1000.16, 1002.r2 na estrofa III, 1165.r2 na estrofa I, 1453.4 e 7, 1457.3, 1459.r1 e r2 na estrofa II, 1468.1, 1469.2, 1470.6, 1483.r), AV vs. B (887.5 e r1 nas estrofas I-III), e B vs. V (548.5, 632.1, 634.13, 645.9, 690.1, 1363.r2 na estrofa II).

  • 8

    A lección de B indica claramente que se debe optar pola variante aquantas, con a- protético. Véxase nota a 138.17.

  • 13

    O pronome min, como as restantes formas pronominais tónicas oblicuas (mí ~ min, ti, nós, vós, el ~ ela), pode aparecer como complemento directo sen preposición, como forma libre, con algunha frecuencia na lingua trobadoresca.

  • 18

    Fronte á moi rara grafía <nh> por <n> (véxase nota a 1015.7), o erro gráfico <lh>/<l> aparece con algunha frecuencia ao longo dos dous cancioneiros italianos apógrafos (con maior incidencia en V), e moi especialmente nun pequeno número de voces: ali <|ali> A, <|alhi> B (313.10); <alhy> B (466.19); <a(lhy)ly> B, <aly> V (1317.15); <aly> B, <alhy> V (1473.15); <ali> B, <alhi> V (1479.3); o pronome persoal tónico de P3: eles <|elhes> B, <|elles> V (489.17); ela <elha> B, <ela> V (632.18); elas <|elhas> BV (1205.7); elos <|elhꝯ> BV (1205.10); o verbo falar, con diversas flexións: falar <falar> B, <falhar> V (599.5); <falar> AB, <falhar> V (996.17); <falhar> V (1010.13); <falar> B, <falhar> V (1033.7); fala <fala> B, <falha> V (958.19); fale <fale> B, <falhe> V (722.11); e no substantivo vassalo(s): <uassalos> B, <uassalhos> V (925.13); <vassalo> B, <ua ssalho> V (1503.10). Noutros vocábulos, a aparición de <lh> por <l> é moito máis esporádica: ala <alha> B, <ela> V (1252.27); camela <camelha> V (1449.16); olas <olhas> B, <olhas> V (1634.8); velida <uolhi da> BV (676.12) etc.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado