141 [= Tav 97,17]
Meu Sennor Deus, se vos prouguer

Meu Sennor Deus, se vos prouguer,
tolled’Amor de sobre mí
e non me leixedes assi
en tamanna coita viver,
ca vós devedes a valer
a tod’ome que coita ouver,
ca me seria máis mester,
ca me ten oj’el na maior
cuita’n que ome ten Amor;
e, Deus, se vos for én prazer,
sacade-me de seu poder
e pois fazede-mi al que-quer.
E des que mi Amor non fezer
a coita que levo levar,
Deus, nunca por outro pesar
averei sabor de morrer,
o que eu non coido perder
mentr’Amor sobre mí poder.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


A 54, B 166

Edicións


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 115-116); Bertolucci Pizzorusso (1992 [1963]: 99 [= LPGP 648-649]); Littera (2016: II, 128).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 68); Carter (2007 [1941]: 35); Machado & Machado (1949: I, 250-251); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2017: I, 141).
III. Antoloxías: Nemésio (1961 [1949]: 33); Torres (1977: 480).

Variantes manuscritas


1 vos] uus A   5 vós] uus A   6 ouver] oer B   7 me] mj B   9 cuita’n] coitan B   10 vos] uos A   12 fazede] fazed A; mi al] mal B   13 mi Amor] mia sēnor A   16 morrer] moirer B   17 coido] cuydo B   18 mí] mj̄ B

Variantes editoriais


1 vos] vus Michaëlis, Bertolucci Pizzorusso   6 coita] coit(a) Michaëlis   7 me] mi Bertolucci Pizzorusso   9 cuita] coita Bertolucci Pizzorusso, Littera   10 vos] vus Michaëlis, Bertolucci Pizzorusso; én] em Littera   12 mi] m’ Bertolucci Pizzorusso   17 coido] cuydo Bertolucci Pizzorusso : cuido Littera   18 mí] min Bertolucci Pizzorusso : mim Littera

Métrica


Esquema métrico: 3 x 8a 8b 8b 8c 8c 8a (= Tav 189:32)

Encontros vocálicos: 6 coita‿ouver; 12 -mi‿al

Notas


Texto
  • *

    Sobre o carácter de cantiga próxima ás cantigas ateúdas, cunha ligazón copulativa das dúas últimas estrofas (ausente nas edicións de Bertolucci Pizzorusso e de Littera), véxase nota á cantiga 55.

  • 6

    Nótese a variación ouver A ~ oer B que apaga as formas do tipo oer ~ ouer, oera, oesse. O radical xeral para os tempos de pretérito de aver é ouv-, como resultado da metátese de wau e fricativización de -b- a partir do radical latino habu-. Ora ben, -b- intervocálico tamén pode desaparecer (Ferreiro 1999: §54c), como mostran diversos resultados que proban esta evolución diverxente nos tempos de pretérito de aver. Para alén de ouer (10.18), así acontece coas formas oer, oera e oesse presentes no corpus, sempre a partir das leccións dos apógrafos italianos, por o Cancioneiro da Ajuda sempre presentar a forma ouver (e afíns): se mi-o logo a tolher oer / mia vezinha (11.27), se vos eu oesse desamor (23.13), mentr’eu vosso desamor oer (23.32), pois eu esto feito oer (29.19), mentr’oer esta senhor que oj’ei (38.9), U lhi conven, oera de tornar (45.8), quand’eu de vós oer / desamor (46.23), pois que lh’esto feit’oer (96.8), quen vos oer a desejar (107.18), pois end’o poder oer (561.6), farei eu por vós quanto fazer oer (725.26), poi-la dona seu amig’oer (759.15), pois eu oer / por mia senhor mort’a prender (1064.13). A estas ocorrencias aínda hai que lles acrecentar aqueloutras en que os apógrafos italianos presentan esta variante fronte ao resultado maioritario en A: 66.15 (ouvesse A vs. oess(e) B); 64.465.22, 68.11, 81.18, 363.16 (ouver A vs. oer BV). Véxase tamén notas a 10.18 e 372.4. Cfr. notas a 130.23 e 534.4. Véxase Ferreiro (2016a: 119-127).

  • 9

    Neste verso comparece a preposición en nunha crase coa voz anterior (habitualmente coita e dia), tal como se rexistra esporadicamente no corpus; en calquera caso, esta crase ten unha maior presenza no Cancioneiro da Ajuda, que nalgúns casos a presenta fronte a B, que mantén a integridade de en (87.3, 133.15, 279.r1, 306.10) ou que, alternativamente, omite a preposición (70.28, 89.19, 199.14). Véxanse tamén 28.14, 43.20, 59.3, 60.7, 83.19, 133.2, 138.7 e 9, 141.9, 154.r1 e r3, 155.7, 263.6, 267.2, 270.19, 282.8, 388.5390.2, 395.7, 460.4, 465.10, 804.7, 1062.10, 1080.1, 1145.23 e 1420.11. Cfr. nota a 6.4.

  • 12

    A locución indefinida al que-quer ‘outra cousa calquera’ (véxase tamén 254.6 e 684.9) é a versión positiva de al ren (véxase nota a 72.21) ou al nada (véxase nota a 708.16). Cfr. nota a 24.23.

  • 13

    É preferíbel a lección bisilábica <mhamor> de B á lección <mia sennor> de A, que faría hipermétrico o verso.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado