I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 47-48 [= LPGP 519-520]); Littera (2016: I, 634-635).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 41-42); Carter (2007 [1941]: 14-15); Machado & Machado (1949: I, 161-162); Vieira & Morán Cabanas & Souto Cabo (2015: 74-75); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2017: I, 87).
2 pude] pudi B 3 ’n] en B 4 seu] sen B 6 meteron-m’en] metero{n}men A : meteronm en B 8 com’en] ꝯuē B 9 ben o sabe Deu-, la mellor] beno sabe deulla mellor A : deulo sabe dela melhʳ B 10 mund’e] mūdo B 15 Ca toda via crec’o mal] Todauya q̄ressomal B 18 lle queira] lhi q̄ra B 20 dona nunc’] dona (senhʳ) nūca B 21 onde gãar] ōn gaar B 26 terras] tras A : trr̄as B
9 ben o] ben-no Michaëlis; Deu-] Deus Michaëlis 27 poder ei] poderei Michaëlis, Littera
Esquema métrico: 4 x 8a 8b 8a 8b 8c 8c 8b (= Tav 101:50)
Encontros vocálicos: 4 -mi‿o
Na edición michaëliana desta composición (seguida neste aspecto por Littera), prodúcese un corte sintáctico entre as estrofas II e III pola tendencia a non considerar a ligazón causal cando inicia estrofa. Sobre o carácter de verdadeira cantiga ateúda desta composición véxase nota á cantiga 15.
Este verso mostra a preposición en nunha crase coa voz anterior (habitualmente coita e dia), tal como se rexistra esporadicamente no corpus; en calquera caso, esta crase ten unha maior presenza no Cancioneiro da Ajuda, que nalgúns casos a presenta fronte a B, que mantén a integridade de en (133.15, 279.r1, 306.10) ou que, alternativamente, omite a preposición (70.28, 89.19, 199.14). Véxanse tamén 28.14, 43.20, 59.3, 60.7, 83.19, 133.2, 138.7 e 9, 141.9, 154.r1 e r3, 155.7, 263.6, 267.2, 270.19, 282.8, 388.5, 390.2, 395.7, 460.4, 465.10, 804.7, 1062.10, 1080.1, 1145.23 e 1420.11. Cfr. nota a 6.4.
Obsérvese a grafía <deulla> de A, cunha representación <ll> que mostra graficamente a asimilación fonética [s-l] que se produciu na lingua e é que moi habitual nos textos prosísticos. Véxase notas a 6.32 e 29.22.
A «estrañeza» visual, pola presenza da vírgula entre os dous elementos asimilados de Deu-la debeu levar a Michaëlis a fixar a forma non asimilada en Deus. Véxase un caso similar en 721.5.
Esporadicamente existe variación entre A e B no relativo ás formas do presente subxuntivo de querer, con certa preferencia de B pola manutención das formas etimolóxicas (< quaeram, quaeras etc.) face á presenza das formas analóxicas xerais (queira, queiras etc.) en A (véxase tamén 73.16, 200.21, 215.22).
A forma nasalizada gãar (tamén en 83.11, do mesmo trobador), variante directa de gaar (máis frecuente), xunto con gaanar (só en 414.20), fai parte do grupo de variantes da forma maioritaria guaanhar ~ gaanhar.
A interpretación da abreviatura <ōn> é onde (tamén en 32.10-11 e 80.18, do mesmo copista), o mesmo que <ēn> é ende (59.16 e 71.23 do mesmo copista c do Cancioneiro da Biblioteca Nacional, e 482.29 e mais 483.16, do copista b). Ambas as formas abreviadas son case exclusivas de B.
Fronte á posibilidade de e, pero, con independencia sintáctica das dúas conxuncións, optamos pola locución conxuntiva de valor concesivo e pero ‘aínda que’, de uso regular ao longo de corpus –cómpre sinalar, non obstante, que en bastantes ocasións é posíbel optar por unha ou outra lectura.
Perante a imposibilidade do uso de futuro (poderei) na prótase condicional (véxase nota a 43.16), é preciso deglutinar <poderei> para, a través da puntuación, interpretar poder como forma de futuro de subxuntivo e estabelecer a perífrase ei negar.
Para alén disto, sería verdadeiramente suxestiva a posibilidade de considerar un erro de copia e modificar a segmentación do verso na seguinte dirección:
mais per muitas terras irei
servir outras e poderei
negar esta que quero ben.