I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 21-22 [= LPGP 938]); Littera (2016: II, 538-539).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 35); Carter (2007 [1941]: 6-7); Machado & Machado (1949: I, 136-137); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2017: I, 72).
1 De cuita grand’e de] Se cuita grande (e) de A : coyta grande B 3 si Deus m’ampar] se deꝯ maupar B 5 vos vejo] uus ueio A : uꝯ uj B; en mí] eu mj B 7 sempre a quen na] sempra quena B 8 vos] uus A 12 tan] ta A 13 vós] uꝯ A 14 vos] uus A 16 quen nunca gran fiuz’ouver] q̄ nūca g̃m feuza ouu’ B 18 mi aven] mauē B 21 nen al] ne al B 24 mi assi] massy A; fosse] fuesse A; cuitar] matar B 25 con mia mort’, en] ca mha morte en B 27 guisa] guissa A 28 podesse estar] podessestar B
1 cuita grand’e] cuita grand(e) e Michaëlis : coita grand’e Littera 3 nulla] nulla B 5 vos] vus Michaëlis; vejo en] vej(o) en Michaëlis : vej’en Littera 7 sempre a] sempr(e) a Michaëlis : sempr’a Littera; quen na] quen’a Littera 8 vos] vus Michaëlis 14 vos] vus Michaëlis 18 vos] vus Michaëlis 28 vos] vus Michaëlis; podesse estar] podess(e) estar Michaëlis : podess’estar Littera
Esquema métrico: 8a 8b 8a 8b 8c 8c 8a (I, IV [= Tav 100:55]) + 8a 8b 8b 8a 8c 8c 8a (II, III [= Tav 161:280])
Encontros vocálicos: 5 vejo‿en; 7 sempre‿a; 18 mi‿aven; 24 mi‿assi; 28 podesse‿estar
No que di respecto ao verbo amparar, só en limitadas ocasións B presenta lección coincidente con A (tamén en 191.10 e 317.21), pois o Cancioneiro da Biblioteca Nacional prefire a variante emparar. Véxanse notas a 310.15 e 506.18.
Por outra parte, a utilización da grafía <ll> (vs. <lh>) para a lateral palatal sonora no corpus das cantigas só se rexistra esporadicamente nos cancioneiros apógrafos italianos no indefinido nulho/a; noutras voces a súa aparición é un fenómeno extraordinario, pois só se rexistran cinco ocorrencias dese tipo. Cfr. nota a 199.33.
Nótese o cambio temporal para o pretérito en B (vejo A / vi B), sen consecuencias métricas pola sinalefa vejo‿en de A; é este un cambio similar a outros que se detectan ao longo do corpus. Véxase nota a 130.10.
A lección do Cancioneiro da Ajuda mostra un evidente erro na interpretación do pronome vós, necesariamente tónico neste contexto, que comparece nos manuscritos como unha forma átona <uꝯ>, cun erro que se rexistra nos tres grandes cancioneiros. Véxase este mesmo erro en A fronte ao Cancioneiro da Biblioteca Nacional (vós <uꝯ> A : <uos> B) en 88.20, 90.16, 133.10, 134.24, 138.14, 315.8. Mais tamén se atesta o mesmo lapso de copia en BV, con lección errada coincidente en 402.11, 16 e 17 (cfr. <uos> na v. 5), 791.13, 840.17, 855.13, 920.14, 929.r1 (vv. 5, 11 e 17), 1052.5, 1111.11, 1195.15, 1264.6 etc.; do mesmo xeito, aparece en cantigas transmitidas só por un dos cancioneiros italianos: 183.17 e 185.21 (en B); 1013.1 (en V); e aínda existe en pasaxes con diferente lección conforme os manuscritos: 900.7 (<uꝯ> B vs. <uos> AV), 1022.7 (<uꝯ> V vs. <uos> B).
Por veces, o Cancioneiro da Ajuda presenta unha forma lingüisticamente máis evoluída que a dos apógrafos italianos, como acontece con fiuza vs. feuza.
O pronome indefinido al ‘outra cousa’ forma tamén locucións indefinidas positivas con que-quer ‘outra cousa calquera’ (al que-quer, véxase nota a 141.12) e negativas con nada (al nada, véxase nota a 708.16) e, sobre todo, con ren (al ren ‘ningunha cousa, nada’): 84.23, 209.14, 253.14, 879.20, 1055.14. Cfr. nota a 159.22 e 431.14.
No Cancioneiro da Ajuda detéctanse algúns casos de confusión de sibilantes, probabelmente un fenómeno gráfico sen transcendencia fonolóxica. Igual que <guissa> neste verso, véxanse outras formas como <dessamar> desamar (66.21), <dessamparado> desamparado (317.21), <oussasse> ousasse (268.2, 275.4, 308.11, 313.8 e 346.3 <oussase>) e <oussen> ous’én (268.3), ou as repetidas <guissa> guisa e <guissada> guisada (137.32, 140.1, 2 e 5, 146.19, 147.3, 150.4, 259.18, 409.8, 692.7), <pessar> pesar (90.21, 214.21, 395.9, 439.4 e 10, 441.6, 12 e 18), <quissesse> quisesse (199.27, 407.10), <quisso> quiso (407.11) e <quisser> quiser (71.18, 692.13). Véxanse tamén notas a 69.7, 80.10, 88.15 e 89.2.