I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 719-720 [= LPGP 952]); Littera (2016: II, 525-526).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 27-28); Machado & Machado (1949: I, 108-109); Rios Milhám (2017: I, 55).
III. Antoloxías: Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 228).
9 fiz] fe(*) B 14 vós] uꝯ B 15 u al non jaz] hu al nō (ay) iaz B 17 devedes fazer] deueds̄ a fazʼ B 18 nulha] nulla B 21 dig’, e] digne B 25 quanto] ꝗʷco B 26 farei] feray B
1 vos] vus Michaëlis 2 vos] vus Michaëlis 6 vos] vus Michaëlis 6 devi’a] devia Littera 7 vos] vus Michaëlis 9 fiz [i]] fèz[i] Michaëlis 10 vos] vus Michaëlis 14 vós ... min] vus ... mi Michaëlis 16 vos] vus Michaëlis 19 én] eu Michaëlis, Littera 21 que me dig’ [ou faça] que-quer Michaëlis : que me dig[a] ne[m] o que quer Littera 22 pois [que] m’] pois m[e] Michaëlis 23 agora] agor(a) Michaëlis 24 vos vejo] vus vej(o), [e] Michaëlis : vos ... vej’, e Littera 28 vos] vus Michaëlis
Esquema métrico: 4 x 8a 8b 8b 8c 8d 8d 8e (= Tav 207:2)
Encontros vocálicos: 23 agora‿aqui
Esta composición, con ligazón sintáctico-discursiva entre as súas estrofas até a derradeira, que é iniciada pola conxunción e (igual que as cantigas 80, 126, 141, 193, 271, 334, 360, 511, 547, 548, xunto coas cantigas 238, 259 e 518, con fiinda(s), mostra un certo carácter de cantiga ateúda, xa que a ligazón copulativa ben podería xustificar unha puntuación sen ruptura estrófica final. Cfr. notas ás cantiga 74 e 92. Véxase notas ás cantigas 15 e 23.
Non obstante, nas edicións de Michaëlis e Littera a cantiga presenta ruptura sintáctica entre as estrofas.
A conxunción completiva que é retomada no v. 4 tras a frase parentética: rogar-vos-ia u͂a ren: / que, pois me non fazedes ben, / que me non fezessedes mal. Cfr. nota a 53.17-18.
A interpretación das secuencias do tipo <deuia>, <auia>, <ouuera> + inf. como devi’a / avi’a / ouver’a + infinitivo vén determinada non só polo feito de a presenza da preposición a ser maioritaria nestas perífrases (véxase Glosario, s.v. aver, dever), mais tamén pola concorrencia das leccións <deuia> A / <deuia a> B (128.22, 128.28, 386.13), <ouuera> A / <ouu’a a> (70.13) ~ <ouuera a> B (129.23), que indican a real crase coa preposición nas leccións do Cancioneiro da Ajuda.
A locución conxuntiva e pero, de valor concesivo (‘aínda que’), é de uso regular ao longo de corpus –cómpre sinalar, non obstante, que en bastantes ocasións é posíbel optar entre e pero ou a secuencia de copulativa + adversativa (e, pero).
Canto á reintegración da forma sõ[o], aínda que, en xeral as formas analóxicas con orixe en sŭm → *sono > sõo > soo computan como bisilábicas, tamén poden funcionar como unisilábicas (sõo 14.19, 63.12, 292.18, 317.18, 1118.8, 1629.2, e soo en 1431.1, 1577.2). Para alén de que ambas as formas (a etimolóxica son e a analóxica sõo ~ soo) poden convivir nunha mesma cantiga, os manuscritos ofrecen unha variación que demostra a necesidade de emenda nestes casos: en 354.7 concorren como monosilábicas as formas soo (A) e son (B), mentres que, por exemplo, en 86.22, 317.7 ou 430.23 B presenta a lección errada son (vs. sõo A), e en 1650.1 é V o cancioneiro que erra con son fronte a soo de B. Cfr. notas a 47.20 e 241.10.
É necesaria a emenda de fez en fiz, pois trátase, sen dúbida ningunha, da P1 de pretérito (a forma fèz[i] de Michaëlis é inexistente na poesía trobadoresca e, en liñas xerais, na lingua medieval); asemade, resolvemos a hipometría do verso coa introdución do pronome adverbial i (cfr. E todos dizen que fiz i mal sén, 331.8), aínda que podería solucionarse tamén coa forma fize, que ten algunhas atestacións no corpus (95.13 e 973.10), ou coa reintegración do pronome eu (que [eu] fiz mal sén...).
A frase formularia u al non jaz ‘certamente, sen dúbida’, concorrente con u non jaz al, é equivalente a u al non á (e as súas variantes), como se patentea a través da variante de B’ na cantiga 31 (véxanse notas a 25.11 e 66.29). De todos os xeitos, nótese como na segunda copia desa cantiga se rexistra a variante fraseolóxica u non á al (<hunō aal B’), que só se rexistra en 104.34.
Para a correcta medida do verso expunximos a preposición a na perífrase dever (+ a) + infinitivo, que presenta as dúas posibilidades no corpus profano. Para un caso comparábel, véxase 117.23, verso en que a lección de B corrixe a hipermetría de A nun contexto similar (máis mi-o deviades vós gradecer), ou 135.12, onde A, fronte a B, cancela a preposición (non vos én devedes temer). Cfr., alén diso, non vos deviades queixar / a min porque non sei sen vós viver no mesmo trobador (56.15). Véxase nota a 53.9. Cfr. nota a 1.37-40.
A utilización da grafía <ll> para a lateral palatal sonora no corpus das cantigas só se rexistra esporadicamente nos cancioneiros apógrafos italianos no indefinido nulho/a; noutras voces a súa aparición é un fenómeno extraordinario, pois só se rexistran cinco ocorrencias dese tipo. Cfr. nota a 199.33.
O evidente erro do manuscrito revela un lapso de copia por haplografía, que resolvemos do modo máis económico posíbel, do punto de vista paleográfico e interpretativo, fronte ás máis complexas solucións de Michaëlis e Littera.
A forma verbal quer (P3 do presente indicativo) formou historicamente diversos pronomes indefinidos, algúns deles exclusivos da lingua medieval, como que-quer ‘algo, calquera cousa, sexa o que for’, que tamén aparece noutras cantigas como tal pronome (24.23, 719.14, 887.21, 958.19, 1244.13) ou facendo parte da locución pronominal al que-quer ‘outra cousa calquera’ (141.12, 254.6, 684.9), que constitúe a versión positiva de al ren (véxase nota a 72.21) ou al nada (véxase nota a 708.16).
De novo a hipometría versal obriga a engadir que para a frecuente locución conxuntiva pois que. Esta proposta é máis coherente do punto de vista métrico que a de Michaëlis, que obrigaría a realizar un infrecuente hiato en me | esta. Véxase nota a 1.21.
É innecesaria a presenza da copulativa introducida por Michaëlis e Littera, pois debemos sobreentender de novo o suxeito, isto é, ‘u vos vejo, (esta coita) mi faz dizer...’.