I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 319-320 [= LPGP 541]); Correia (2001: 239); Littera (2016: I, 596).
II. Outras edicións: Carter (2007 [1941]: 95-96); Machado & Machado (1960: VII, 18-19); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 267).
III. Antoloxías: Nemésio (1961 [1949]: 87-88); Torres (1977: 174); Mongelli & Maleval & Vieira (1995: 150).
3 fazer] ora fazer A 4 vos] uos A 6 mí] mi(n) A 8] Santa] sancta A 15 cativ’eu] catiuueu A
2 d’a] da Michaëlis 4 direi-vos] direi vos Michaëlis 5 quisesse, dize-lo assi] quisesse dize-lo: assi Michaëlis, Correia, Littera 6 mí] min Michaëlis 8 Santa] sancta Michaëlis 9 dé] dê Michaëlis, Littera 19 est’eu] eu est’ Littera 20 mas] Mais Michaëlis 22 par] por Michaëlis; mẽor] meor Littera
Esquema métrico: 3 x 10’a 10b 10b 10’a 10c 10c 10’a + 10’a (= Tav 161:154)
Non parece axeitada a representación gráfica da de Michaëlis para o encontro entre a preposición de e o artigo do sintagma que constitúe o CD pola deslocación sintáctica de elementos («que sabor averia / de dizer a mui gran coita’n que vivo») que aconsella unha grafía d’a.
Por outra parte, neste verso comparece a preposición en nunha crase coa voz anterior (habitualmente coita e dia), tal como se rexistra esporadicamente no corpus; en calquera caso, esta crase ten unha maior presenza no Cancioneiro da Ajuda, que nalgúns casos a presenta fronte a B, que mantén a integridade de en (87.3, 133.15, 279.r1, 306.10) ou que, alternativamente, omite a preposición (70.28, 89.19, 199.14). Véxanse tamén 28.14, 43.20, 59.3, 60.7, 83.19, 133.2, 138.7 e 9, 141.9, 154.r1 e r3, 155.7, 263.6, 267.2, 270.19, 282.8, 388.5, 390.2, 395.7, 460.4, 465.10, 804.7, 1062.10, 1080.1, 1145.23 e 1420.11. Cfr. nota a 6.4.
A locución conxuntiva e pero, de valor concesivo (‘aínda que’), é de uso regular ao longo de corpus –cómpre sinalar, non obstante, que en bastantes ocasións é posíbel optar entre e pero ou a secuencia de copulativa + adversativa (e, pero).
Nótese a puntuación diverxente nas outras edicións da cantiga, que organizan o discurso de modo diferente. Eis a versión michaëliana1
:
e pero direi vos, como querria,
se Deus quisesse, dizê’-lo: assi
que ouvessen todos doo de min...
E nótese que aínda teriamos outra posibilidade de segmentación do discurso a través da puntuación:
e pero direi-vos como querria,
se Deus quisesse: dize-lo assi
que ouvessen todos doo de min...
A forma <sancta> constitúe un latinismo gráfico similar a outros do tipo <et> e, <monstrar> mostrar etc. Cfr. nota a 65.7.
Non segmentamos a preposicón a na perífrase verbal tornar + infinitivo (cf. per que eu torne na terr’a viver) polo feito de a ausencia da preposición ser maioritaria nesta perífrase no corpus trobadoresco profano.
O segundo a é a preposición de enlace na perífrase cuidar + a + poder (véxase nota a 74.17). Isto é: ‘u eu a cuidass(e) a poder veer’.
A combinación do indefinido al co relativo quanto, tanto en al quanto (784.18), como en quanto ... al (227.6) e, sobre todo, quant’al (89.24, 134.13, 215.7 e 9, 267.21, 416.20, 447.5, 1045.20, 1195.16 e 1327.16) constitúe unha locución indefinida relativa co significado de ‘todo aquilo que, todo canto’.
Velaí Correia: E pero direi-vos como querria, / se Deus quisesse dize-lo: assi / que ouvessen todos doo de mi...