I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 325-326 [= LPGP 543-544]); Correia (2001: 283); Littera (2016: I, 598).
II. Outras edicións: Carter (2007 [1941]: 97-98); Machado & Machado (1960: VII, 21-22); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 270).
III. Antoloxías: Mongelli & Maleval & Vieira (1995: 153).
5 ca dix’eu] Ea dixeu A; por] por por A
14 quando] quand(o) Michaëlis : quand' Littera; dix’e] dixe Correia
Esquema métrico: 4 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= Tav 160:142)
Encontros vocálicos: 2 mi-‿o; 8 mi‿a; 14 quando‿esto; 16 dixi‿en; 22 mi-‿o
Sobre o carácter de cantiga próxima ás cantigas ateúdas, cunha leve ruptura simétrica coa copulativa e, véxase nota á cantiga 24. Porén, nas edicións precedentes non existe ligazón interestrófica ningunha (Michaëlis, Littera) ou só moi parcial (Correia).
A presenza do erro<E>/<C> confirma moitas outras confusións que se producen nesta mesma dirección nos apógrafos italianos (véxase nota a 108.37). Neste sentido, en A percíbese un risco de trazo fino que atravesa o trazo horizontal medial do <E> inicial deste verso. É probábel que ese risco corrixise o <E> errado, converténdoo nun <C>, que é a grafía pertinente neste contexto.
Parar, neste verso pronominal, mantén o significado do lat. parāre ‘disporse, prepararse, arranxarse’.
A necesidade da segmentación da copulativa en dix’e vén suxerida pola lección <dix e> e mais pola forma dixi dos vv. 15-16, de modo que e coordina os dous quando do verso.
No Cancioneiro da Ajuda a moi frecuente P1 do pretérito de dizer presenta en xeral a forma dixe, sendo dixi característica dos apógrafos italianos. Con todo, moi puntualmente, esta forma dixi, con manutención, polo menos gráfica, da vogal final latina (< dīxī) localízase nestes dous versos da presente cantiga e mais en 278.2 (vs. <disse> B) e 5, 280.14 e 281.7. Véxase nota a 195.13.
A preposición en mostra unha crase coa voz anterior (habitualmente coita e dia), tal como se rexistra esporadicamente no corpus; en calquera caso, esta crase ten unha maior presenza no Cancioneiro da Ajuda, que nalgúns casos a presenta fronte a B, que mantén a integridade de en (87.3, 133.15, 279.r1, 306.10) ou que, alternativamente, omite a preposición (70.28, 89.19, 199.14). Véxanse tamén 28.14, 43.20, 59.3, 60.7, 83.19, 133.2, 138.7 e 9, 141.9, 154.r1 e r3, 155.7, 263.6, 267.2, 270.19, 282.8, 388.5, 390.2, 395.7, 460.4, 465.10, 804.7, 1062.10, 1080.1, 1145.23 e 1420.11. Cfr. nota a 6.4.
Neste verso aparece a frase exclamativo-desiderativa, de carácter parentético, que non + pretérito de subxuntivo. Repetida ao longo do corpus sempre coa mesma fórmula, mostra especial preferencia polos verbos veer e nacer (véxanse 41.3, 178.17, 179.4, 610.15, 621.3, 647.15, 911.9, 1099.10 e 17, 1170.r2, 1412.10).