45 [= Tav 47,28]
Que mal matei os meus olhos e mí

Que mal matei os meus olhos e mí,
que non tornei a mia senhor veer
e lhi menti de quanto lh’ar ouv’i:
nunca per mí ja máis dev’a creer!
Pero que val, ca nunca eu lezer
ar pud’aver des que m’eu d’ala vin?
E que me val quand’eu i non tornei?
U lhi conven, oera de tornar.
Se a ousar veer, que lhi direi?
Porque o fiz, non me poss’én salvar;
mais Deus Senhor a leixe perdoar
a min; se non, conselho non me sei,
que coita tal, por eu buscar perdon
ou outro ben, devi’a demandar,
ca assi faz quen erra sen razon
com’eu errei, que me non poss’achar
nen un conselho bõo que filhar
porque non fiz seu mandad[o] enton.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


B 71

Edicións


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 701 [= LPGP 326]); Littera (2016: I, 362).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 23-24); Machado & Machado (1949: I, 91-92); Rios Milhám (2017: I, 45).
III. Antoloxías: Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 74).

Variantes manuscritas


3 de quanto lh’ar ouv’i] de quanto lha co um B   8 tornar] tʳuar B   9 Se a ousar] seno usar B   13 por eu] (ʷ) pʳ eu B

Variantes editoriais


1 mí] min Michaëlis : mim Littera  3 lh’ar ouv’i] lh’aconvin Michaëlis : lh’acomvim Littera  8 conven] convin Michaëlis  9 sen ousar veer. E ¿que lhi direi? Michaëlis   11 perdoar] perdõar Michaëlis, Littera  17 nen un] nenhun Michaëlis : nẽum Littera

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10a 10b 10b 10a (= Tav 79:3)

Notas


Texto
  • 1

    Nótese a escisión entre o propio trobador e os seus ollos, motivo frecuente nas cantigas de amor causado por un proceso a través do cal os órganos visuais poden chegar mesmo a se comportaren de modo independente ao namorado ou subordinados a el. Porén, neste caso os ollos non son máis do que unha sinécdoque do poeta, pois ambos entes experimentan o mesmo sentimento: están aflixidos porque non tornaron a ver á dama.

    Por outra parte, o pronome , como as restantes formas pronominais tónicas oblicuas (mí ~ min, ti, nós, vós, el ~ ela), pode aparecer como complemento directo sen preposición, como forma libre, con algunha frecuencia na lingua trobadoresca (Que mal matei os meus olhos e ).

  • 2

    O estatuto gramatical de a é dubidoso, xa que tamén podería ser interpretada como o artigo de senhor ou como a preposición da perífrase verbal tornar (a) + infinitivo (véxase Glosario, s.v. tornar).

  • 3

    A interpretación da secuencia manuscrita <lha co um> no final deste verso é certamente dificultosa. Así, a emenda que aquí se ofrece constitúe, por agora, unha conxectura, face á proposta de Michaëlis, errada por canto a P3 do presente de indicativo de conviir é conven; nótese, ademais, como a interpretación da editora xermano-portuguesa condicionou, pola rima, o cambio do correcto conven do v. 8 por un inexistente convin. Na lectura da secuencia <lha co um> pártese de dous erros: o primeiro, <c>/<r>, localízase noutras pasaxes de B: <dica> dira (691.15), <estranhaca> estranhará (911.13), <cornacon> tornaron (1340.12), <arcizou> arrizou (1507.11) etc. O segundo, <m>/<ui>, é aínda moito máis frecuente, pois, limitándonos a B, existen erros de copia como os seguintes: <aman> avian (272.14), <mimes> viimos (481.1), <mui> vivi (562.19), <mandar> vi andar (591.1), <ama> avia (655.16, 1161.16, 1162.8, 1172.6), <muj> vivi (798.3), <namo> navio (1163.7), entre outros.

  • 8

    O radical xeral para os tempos de pretérito de aver é ouv-, como resultado da metátese de wau e fricativización de -b- a partir do radical latino habu-. Ora ben, -b- intervocálico tamén pode desaparecer (Ferreiro 1999: §54c), como mostran diversos resultados que proban esta evolución diverxente nos tempos de pretérito de aver. Para alén de ouer (10.18), así acontece coas formas oer, oera e oesse presentes no corpus, sempre a partir das leccións dos apógrafos italianos, por o Cancioneiro da Ajuda sempre presentar a forma ouver (e afíns): se mi-o logo a tolher oer / mia vezinha (11.27), se vos eu oesse desamor (23.13), mentr’eu vosso desamor oer (23.32), pois eu esto feito oer (29.19), mentr’oer esta senhor que oj’ei (38.9), quand’eu de vós oer / desamor (46.23), pois que lh’esto feit’oer (96.8), quen vos oer a desejar (107.18), pois end’o poder oer (561.6), farei eu por vós quanto fazer oer (725.26), poi-la dona seu amig’oer (759.15), pois eu oer / por mia senhor mort’a prender (1064.13). A estas ocorrencias aínda hai que lles acrecentar aqueloutras en que os apógrafos italianos presentan esta variante fronte ao resultado maioritario en A: 66.15 (ouvesse A vs. oess(e) B); 64.465.22, 68.11, 81.18141.6 (ouver A vs. oer B); 363.16 (ouver A vs. oer BV). Véxase tamén notas a 10.18 e 372.4. Cfr. notas a 130.23 e 534.4. Véxase Ferreiro (2016a: 119-127).

  • 9

    Para alén dunha puntuación diferente en Michaëlis, a proposta desta editora mantén a lección <sen> de B e suplementa o verso cunha copulativa. Porén, resulta máis económico e condicente co texto a consideración do erro de copia <sen>/<se a>, tal como acontece nos apógrafos italianos noutras ocasións. Véxase, por exemplo, 1050.20, en B1 , ou 48.17, en V.

  • 13

    O valor causal de que aconsella a ligazón interestrófica, inexistente nas anteriores edicións.

  • 14

    A interpretación das secuencias do tipo <deuia>, <auia>, <ouuera> + inf. como devi’a / avi’a / ouver’a + infinitivo vén determinada non só polo feito de a presenza da preposición a ser maioritaria nestas perífrases (véxase Glosario, s.v. aver, dever), mais tamén pola concorrencia das leccións <deuia> A / <deuia a> B (128.22, 128.28, 386.13), <ouuera> A / <ouu’a a> (70.13) ~ <ouuera a> B (129.23), que indican a real crase coa preposición nas leccións do Cancioneiro da Ajuda.

  1. ^

    Para alén doutros erros <n>/<a> que se rexistran ao longo dos cancioneiros. Véxase, en B, <nõ> ao (725.3), <ncordades> acordades (877.11), <nel> a el (940.19) etc.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado