29 [= Tav 47,5]
De-lo dia en que eu amei

De-lo dia en que eu amei
mia senhor e lhi quis gran ben,
maior que mí nen outra ren,
sempr’eu punhei en lhi buscar
quant’én soubi maior pesar;
mais ora non me saberei
conselhar quando lh’averei,
sen meu grad’, a buscar prazer.
E o pesar vos mostrarei
(que nada non negarei én)
que lhi fiz: que non pud’al ben
querer, poi-la vir, nen amar,
atanto lhi fiz de pesar;
mais gran prazer lhi per-farei
ora quando m’alongarei
d’u a eu soia a veer.
E pod’ũa cousa creer
ben mia senhor se lhi proug[u]er:
que, pois eu esto feito oer,
aquela ren nunca sera
que a min grave seja ja,
por nulha ren, de cometer
s[e] eu esto posso fazer,
mais cuido que non poderei.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 

Manuscritos


B 55

Edicións


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 675-676 [= LPGP 315]); Littera (2016: I, 351-352).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 18); Machado & Machado (1949: I, 72-73); Rios Milhám (2017: I, 29).
III. Antoloxías: Arias Freixedo (2003: 208-209).

Variantes manuscritas


3 nen outra ren] uen outra tem B   22 nulha] nulla B

Variantes editoriais


1 en] (e)n Michaëlis   5 én] eu Michaëlis, Littera   9 vos] vus Michaëlis   12 vir] vi Michaëlis, Littera   16 soia] soí(a) Michaëlis   19 feito] feit(o) Michaëlis   23 s’eu esto posso [per] fazer Michaëlis

Paráfrase


(I) Desde o día en que eu amei a miña señora e a quixen máis que a min nin a outra cousa, sempre me esforcei en lle causarlle un maior pesar; mais agora non saberei que facer cando, contra a miña vontade, terei que lle causarlle pracer.
(II) E mostrareivos o pracer –pois nada ocultarei– que lle fixen: que non puiden, despois de a ver, querer ben nin amar outra cousa, este é o pesar que lle fixen; mais um gran pracer lle farei agora cando me terei de ir lonxe do lugar onde eu adoitaba vela.
(III) E ben pode crer unha cousa a miña señora, se o tiver a ben: que despois de que eu teña feito isto, nunca existirá cousa ningunha que me sexa moi difícil de acometer se eu podo facer isto, mais coido que non poderei.
 

Métrica


Esquema métrico: 3 x 8a 8b 8b 8c 8c 8a 8a 8d (= Tav 190:1)
Encontros vocálicos: 1 dia‿en; 16 so·i·a‿a; 19 feito‿oer

Notas


Texto
  • 12

    A lección vir de B debe ser conservada por canto o futuro subxuntivo é o tempo habitual en frases temporais introducidas por pois.

  • 16

    Na lingua trobadoresca o verbo soer aparece en complexos verbais (soer + infinitivo) mais tamén en estruturas equivalentes coa preposición a como nexo (véxase 371.28, 723.2, 817.14, 1074.42, 1382.4, 1621.9, 1622.8). Cfr. nota a 3.17.
    Por outra banda, a métrica do verso indica que se debe facer a sinalefa soia‿a, de modo que o conxunto sume tres sílabas métricas, con hiato obrigado pola vogal tónica /i/: so.i.a‿a.

  • 19

    O radical xeral para os tempos de pretérito de aver é ouv-, como resultado da metátese de wau e fricativización de -b- a partir do radical latino habu-. Ora ben, -b- intervocálico tamén pode desaparecer (Ferreiro 1999: §54c), como mostran diversos resultados que proban esta evolución diverxente nos tempos de pretérito de aver. Para alén de ouer (10.18), así acontece coas formas oer, oera e oesse presentes no corpus, sempre a partir das leccións dos apógrafos italianos, por o Cancioneiro da Ajuda sempre presentar a forma ouver (e afíns): se mi-o logo a tolher oer / mia vezinha (11.27), se vos eu oesse desamor (23.13), mentr’eu vosso desamor oer (23.32), mentr’oer esta senhor que oj’ei (38.9), U lhi conven, oera de tornar (45.8), quand’eu de vós oer / desamor (46.23), pois que lh’esto feit’oer (96.8), quen vos oer a desejar (107.18), pois end’o poder oer (561.6), farei eu por vós quanto fazer oer (725.26), poi-la dona seu amig’oer (759.15), pois eu oer / por mia senhor mort’a prender (1064.13). A estas ocorrencias aínda hai que lles acrecentar aqueloutras en que os apógrafos italianos presentan esta variante fronte ao resultado maioritario en A: 66.15 (ouvesse A vs. ouess(e) B); 64.465.22, 68.11, 81.18, 141.6 (ouver A vs. oer B); 363.16 (ouver A vs. oer BV). Véxase tamén notas a 10.18 372.4. Cfr. notas a 130.23 e 534.4. Véxase Ferreiro (2016a: 119-127).

  • 22

    Nótese a grafía <nulla>, con <ll> en vez de <lh>, que é verdadeiramente frecuente neste indefinido nos apógrafos italianos, sobre todo en B. Así ocorre nos seguintes contextos, todos eles pertencentes a cantigas transmitidas unicamente por B (ou por AB): 39.2, 44.5, 55.18, 65.11, 12, 14 e 20, 66.16, 71.24, 72.3, 73.13, 74.28, 92.15, 94.3, 96.11, 97.5, 104.6, 107.9, 108.18, 111.7, 135.16, 152.9 e 12, 166.16, 235.18, 236.28. Ora ben, <ll> en nulho é grafía escasa no Cancioneiro da Vaticana, aínda que tamén se rexistra nalgunhas cantigas compartida con B: 419.2, 701.13, 721.171 , 1516.6, 1609.18, 1643.10. Noutros casos, existe forma con <ll> ou con <lh> só nun dos apógrafos italianos: B vs. V (1040.6, 1392.9, 1533.6, 1580.12), V vs. B (362.6, 373.17).
    Na realidade, a grafía <ll>, alén de se rexistrar en múltiplas ocorrencias de nulho nos apógrafos italianos (especialmente en B) en vez de <lh>, só se acha de forma esporádica como grafía etimolóxica en voces con /l/ procedente da xeminada latina (alli, aquela e ela, bailada, castelo, cavalo, eles, querelar, Varela, vassalo, Vilanansur etc.), moi esporadicamente na forma do pronome el (e mais do artigo el-) (véxase nota a 637.2), nalgunha asimilación do artigo (véxase nota a 6.32) e, finalmente, en voces co secuencia fonética [ɾl], que é transmitida sistematicamente en BV coa grafía <rll> (véxase nota a 392.9).

  • 23

    A solución de Michaëlis para a hipometría deste verso contradí o principio da autonomía silábica da condicional se, sendo a solución máis lóxica a restauración da vogal ausente, por lapso do copista, no manuscrito (véxase Ferreiro 2013b: 458).

  1. ^

    Neste caso aparece <Nula> B (e <Nulla> en V), probabelmente por erro de copia no Cancioneiro da Biblioteca Nacional.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado