I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 307-308 [= LPGP 957]); Piccat (1995: 223-224); Littera (2016: II, 508).
II. Outras edicións: Carter (2007 [1941]: 93); Machado & Machado (1960: VII, 14); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 263).
III. Antoloxías: Nunes (1932: 13); Nemésio (1961 [1949]: 49); Torres (1977: 290-291); Diogo (1998: 118-119).
20 por] pur A
6 coita’n] coita Michaëlis 8 Non] Nen Michaëlis 13 no[n]] no Piccat 16 mundo] mund(o) Michaëlis : mund' Littera 17 pud’i] pod’i Michaëlis 18 en] én Michaëlis 23 perque] porque Michaëlis, Littera
Esquema métrico: 3 x 8a 8b 8a 8b 8c 8c 8a + 8c 8c 8a (= Tav 100:56)
Encontros vocálicos: 16 mundo,‿a; 23 mi-‿as
Neste verso comparece a preposición en nunha crase coa voz anterior (habitualmente coita e dia), tal como se rexistra esporadicamente no corpus; en calquera caso, esta crase ten unha maior presenza no Cancioneiro da Ajuda, que nalgúns casos a presenta fronte a B, que mantén a integridade de en (87.3, 133.15, 279.r1, 306.10) ou que, alternativamente, omite a preposición (70.28, 89.19, 199.14). Véxanse tamén 28.14, 43.20, 59.3, 60.7, 83.19, 133.2, 138.7 e 9, 141.9, 154.r1 e r3, 155.7, 263.6, 267.2, 270.19, 282.8, 388.5, 390.2, 395.7, 460.4, 465.10, 804.7, 1062.10, 1080.1, 1145.23 e 1420.11. Cfr. nota a 6.4.
A secuencia <r-l> (e <s-l>) en que está implicada a forma arcaica lo(s) ~ la(s) do pronome identificador (artigo ou pronome) no encontro con infinitivos debe ser lida como [l], independentemente de que a grafía presente a forma máis antiga. Neste sentido, a lección de B indica que nos restantes casos en que aparentemente non existe asimilación talvez haxa que a supor tamén, coa pronuncia correspondente. Véxase tamén nota a 5.10.
En calquera caso, ao longo do corpus achamos diverxencias de representación gráfica destas asimilacións, ás veces con grafías ambiguas que non indican explicitamente tal asimilación; é maioritaria a representación da asimilación en A (vs. BV), moitas veces con formato arcaizante: negar-lo-ei A vs. nega-lo-ei B (254.6), dizer-lo mui gran ben A vs. dizer o mui gran ben B (302.2), perde-lo sén A vs. perder o sén BV, “sennor”-la chamaria A vs. “senhor” a chamaria BV (807.7), partir-lo coraçon B vs. parti-lo coraçon V (965.11). Noutras ocasións, acontece á inversa: perder o sén A vs. perde-lo sén BV (210.8), se fezer / mia sennor o que ten no coraçon A vs. se fezer / mia senho-lo que ten no coraçon BV (222.14). Cfr. nota a 48.14 e 217.10.
Piccat reitera a inexistente forma no do adverbio de negación (cfr. nota a 258.4).
A grafía <rl> no encontro porla ['pola] é máis unha mostra de hábitos gráficos conservadores, que se manifestan con moita máis frecuencia na prosa que na poesía. De calquera xeito, tal grafía neste encontro, reconvertido na copia do Cancioneiro da Biblioteca Nacional na preposición por, volve aparecer noutra pasaxe do Cancioneiro da Ajuda (véxase 163.19).
A forma pod’i de Michaëlis transforma unha P1, presente en A, en P3, coa conseguinte modificación significativa. Por outra banda, ao non haber unha distribución regular dos acentos métricos, sería tamén posíbel ler pudi, con vogal final átona; porén, a preeminencia, nesta terceira estrofa, da acentuación na cuarta sílaba xustifica a lección pud’i co pronome adverbial tónico (ou semitónico) na cuarta sílaba.
O pronome én de Michaëlis constitúe un erro de interpretación sintáctico-semántico, pois estamos perante a construción de meter en + infinitivo, escurecida polo hipérbato: ‘e non o quer’eu meter en coidar esto por nulla ren’. Cfr., por exemplo, non o meto en cuidar / por mí (1159.15).
É de subliñar a estraña forma gráfica <pur> por do Cancioneiro da Ajuda, probabelmente un erro <u>/<o> máis do que unha grafía alternativa a <por>.