I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 35-36 [= LPGP 512]); Littera (2016: I, 629-630).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 39); Carter (2007 [1941]: 10); Machado & Machado (1949: I, 150-151); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2017: I, 81).
III. Antoloxías: Diogo (1998: 33-34).
1 desejei] deseley B 3 receei] re(cey){çeey} A 4 mi avĩir todo mi aven] mha uijr todo mauen B 6 om. A 10 lle] lhi B 13 e sei-ll’eu un] esselhi hū B 14 que ll’aver’a] q̄lhaia a B 15 E] om. B 17 morte ei] mortey B 18 e, pois eu a morrer ouver] poys eu demorrer oer B 19 querrei] querey A 20 fillar por mí, e toller-ll’-ei] pʳmj filhar e tolh’ey B 21 me] mj B 26 guardado] g̃dado B 28 des que ll’eu esto feit’ouver] desq̄lheste penhʳ p’ser B
4 avĩir] aviir Littera 14 que ll’aver’a] qual averá Michaëlis : que lh’haverá a Littera
Esquema métrico: 4 x 8a 8b 8a 8b 8c 8c 8b (= Tav 101:45)
Encontros vocálicos: 4 mi‿a·vĩ·ir, mi‿aven; 13 ome‿atal; 17 morte‿ei
Esta cantiga, igual que a cantiga 84 (tamén de Joan Soarez Somesso), está construída sobre un xogo de dobres sentidos, de xeito que o que parece unha ameaza do namorado rexeitado –no sentido de que vai causar a morte dun vasalo da dama– é o recoñecemento da propia morte ocasionada pola coita que sufrirá cando teña que vivir lonxe dela.
A variación ouver A ~ oer B apaga a presenza das minoritarias e diversentes formas do tipo oer ~ ouer, oera, oesse. O radical xeral para os tempos de pretérito de aver é ouv-, como resultado da metátese de wau e fricativización de -b- a partir do radical latino habu-. Ora ben, -b- intervocálico tamén pode desaparecer (Ferreiro 1999: §54c), como mostran diversos resultados que proban esta evolución diverxente nos tempos de pretérito de aver. Para alén de ouer (10.18), así acontece coas formas oer, oera e oesse presentes no corpus, sempre a partir das leccións dos apógrafos italianos, por o Cancioneiro da Ajuda sempre presentar a forma ouver (e afíns): se mi-o logo a tolher oer / mia vezinha (11.27), se vos eu oesse desamor (23.13), mentr’eu vosso desamor oer (23.32), pois eu esto feito oer (29.19), mentr’oer esta senhor que oj’ei (38.9), U lhi conven, oera de tornar (45.8), quand’eu de vós oer / desamor (46.23), pois que lh’esto feit’oer (96.8), quen vos oer a desejar (107.18), pois end’o poder oer (561.6), farei eu por vós quanto fazer oer (725.26), poi-la dona seu amig’oer (759.15), pois eu oer / por mia senhor mort’a prender (1064.13). A estas ocorrencias aínda hai que lles acrecentar aqueloutras en que os apógrafos italianos presentan esta variante fronte ao resultado maioritario en A: 66.15 (ouvesse A vs. oess(e) B); 64.4, 65.22, 68.11, 81.18, 141.6 (ouver A vs. oer B); 363.16 (ouver A vs. oer BV). Véxase tamén notas a 10.18 e 372.4. Cfr. notas a 130.23 e 534.4. Véxase Ferreiro (2016a: 119-127).
Nótese, ademais, para alén da omisión da copulativa e a conseguinte hipometría versal, o cambio de perífrase no apógrafo italiano: aver de + infinitivo vs. aver a + infinitivo.
É certamente atractiva a lección des que lh’este penhor preser de B, face á lección de A, que semella máis convencional1 .
Véxase Locus Criticus nº 13: http://locuscriticus.webs.uvigo.es/?p=440