107 [= Tav 104,10]
Senhor, todos m’entenden ja

Senhor, todos m’entenden ja
mia morte, ond’ei eu a morrer,
e an mui gran doo de mí
e non mi poden i valer,
ca dizen que eu mi-o busquei
mui ben porque eu vos amei,
molher a que non ousará,
nen soo non s’atreverá,
nulh’ome de lhi falar i.
Non me saben conselh’aver
senon quanto vos eu disser:
dizen que punhe d’endurar
meu mal quant’endurar poder,
ca ja mi pouco durará
per morte que mi-o tolherá,
ca non avedes parecer
tal que muito possa viver
quen vos oer a desejar.
Desemparado mi a[n], senhor,
quantos amigos no mund’ei,
que sol non me queren veer
e dizen que non poderei
viver; e moiro con pesar
de mí, que m’assi foi matar
en deseja-lo voss’amor,
ca este ést’oje o maior
ben de quantos Deus quis fazer.
Non me vos poss’eu ja gardar
de por vós morte non prender;
mais, pois vejo que morrerei,
verdade vos quero dizer:
todo o mundo non é ren
senon, senhor, o vosso ben
a quen o Deus quisesse dar;
e quer’end’eu desenganar
vós e quantos no mundo sei.
E Deu-lo sab’, e non mi val,
senhor, con mia morte por al
senon porque ei de perder
vós, de vos nunca ja poder
veer nen convosco falar,
ca ja por tod’outro sabor
do mund’, e, mentr’eu vivo for,
nunca mia mort’ei de temer.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 
 
 
 
30
 
 
 
 
35
 
 
 
 
40
 
 
 
 

Manuscritos


B 134

Edicións


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 761-763 [= LPGP 681-682]); Littera (2016: II, 169-170); González (2018: 127-128).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 50); Machado & Machado (1949: I, 190-192); Rios Milhám (2017: I, 107).

Variantes manuscritas


2 morrer] moirer B   7 ousará] ousar(i)a B   9 nulh’ome] nullome B   20 quantos] de quāt B   28 gardar] g̃dar B   30 morrerei] moirerey B   32 todo] codo B   36 sei] son B   45 nunca] ca nūca B

Variantes editoriais


2 morte] mort(e) Michaëlis : mort’ Littera   6 vos] vus Michaëlis   11 vos] vus Michaëlis   18 vos] vus Michaëlis   19 Desemparado] Desamparado Littera   26 este ést’oje] este est og(e) Michaëlis : est’est hoje Littera   28 Non me poss[o] eu ja guardar Michaëlis; gardar] guardar Littera, González   31 vos] vus Michaëlis   40 vos] vus Michaëlis   42 nen os vossos olhos catar Michaëlis : [e haver sempr’a desejar] Littera

Métrica


Esquema métrico: 4 x 8a 8b 8c 8b 8d 8d 8a 8a 8c + 8a 8a 8b 8b 8c + 8a 8a 8b (= Tav 246:1)

Encontros vocálicos: 2 morte,‿ond(e); 5 mi-‿o; 15 mi-‿o; 19 mi‿a[n]; 26 oje‿o

Notas


Texto
  • 9

    A utilización da grafía <ll> (vs. <lh>) para a lateral palatal sonora no corpus das cantigas só se rexistra esporadicamente nos cancioneiros apógrafos italianos no indefinido nulho/a; noutras voces a súa aparición é un fenómeno extraordinario, pois só se rexistran cinco ocorrencias dese tipo. Cfr. nota a 199.33.

  • 18

    O radical xeral para os tempos de pretérito de aver é ouv-, como resultado da metátese de wau e fricativización de -b- a partir do radical latino habu-. Ora ben, -b- intervocálico tamén pode desaparecer (Ferreiro 1999: §54c), como mostran diversos resultados que proban esta evolución diverxente nos tempos de pretérito de aver. Para alén de ouer (10.18), así acontece coas formas oer, oera e oesse presentes no corpus, sempre a partir das leccións dos apógrafos italianos, por o Cancioneiro da Ajuda sempre presentar a forma ouver (e afíns): se mi-o logo a tolher oer / mia vezinha (11.27), se vos eu oesse desamor (23.13), mentr’eu vosso desamor oer (23.32), pois eu esto feito oer (29.19), mentr’oer esta senhor que oj’ei (38.9), U lhi conven, oera de tornar (45.8), quand’eu de vós oer / desamor (46.23), pois que lh’esto feit’oer (96.8), pois end’o poder oer (561.6), farei eu por vós quanto fazer oer (725.26), poi-la dona seu amig’oer (759.15), pois eu oer / por mia senhor mort’a prender (1064.13). A estas ocorrencias aínda hai que lles acrecentar aqueloutras en que os apógrafos italianos presentan esta variante fronte ao resultado maioritario en A: 66.15 (ouvesse A vs. oess(e) B); 64.4 e 65.22, 68.11, 81.18 e 141.6 (ouver A vs. oer B); 363.16 (ouver A vs. oer BV). Véxase tamén notas a 10.18 e 372.4. Cfr. notas a 130.23 e 534.4. Véxase Ferreiro (2016a: 119-127).

  • 20

    O sentido (e a hipermetría) do verso aconsella eliminar a preposición de. Para a presenza anómala de de noutros puntos dos cancioneiros, véxanse 140.27 e 283.4 (B vs. A) ou 1053.r1 e 1486.15 (B vs. V), para alén de, por exemplo, 486.8 e 14.

  • 24

    A forma foi é tamén P1 de pretérito de seer (e de ir): a pesar de que en xeral se estabelece unha oposición P1 / P3, fui (< fŭī) / foi (< fŭĭt), pola acción metafónica de -ī final nalgúns pretéritos fortes (cfr. tamén fiz vs. fez, sive vs. seve, tive vs. teve etc.), foi pode ser tamén resultado de P1, o mesmo que fui aparece esporadicamente como forma de P3 (sen efecto metafónico, por tanto, ou con xeneralización analóxica de unha ou outra persoa).

  • 37-43

    Carolina Michaëlis (seguida por Littera) considera que os oito últimos versos serían cinco fiindas constituídas por dísticos monorrimos as catro primeiras e por un único verso a derradeira. Isto implica a ausencia dun verso, o segundo da terceira fiinda, que sería preciso restaurar conxecturalmente, tal como fan, ou deixalo en branco.
    Porén, no manuscrito non hai ningún indicio (espazo en branco, marca na marxe etc) de que falte texto. Ao contrario, o texto dos oito versos transmitidos polo manuscrito ten pleno sentido. Así mesmo, as estruturas das dúas fiindas (aa bb c + aa b) reproducen respectivamente a estrutura dos cinco e dos tres versos finais das estrofas.
    Concordamos, pois, con González en que os oito últimos versos constitúen dúas únicas fiindas.

  • 40

    O pronome vós, como as restantes formas pronominais tónicas oblicuas (mí ~ min, ti, nós, vós, el ~ ela), pode aparecer como complemento directo sen preposición, como forma libre, con algunha frecuencia na lingua trobadoresca.

  • 44

    Igual que no v. 20, neste verso o elemento ca é, sintáctica e metricamente, espurio, a semellanza do que acontece, por exemplo no primeiro verso do refrán das estrofas II e III da cantiga 938.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado