133 [= Tav 97,40]
Sennor fremosa, pois me non queredes

Sennor fremosa, pois me non queredes
creer a cuita’n que me ten Amor,
por meu mal é que tan ben parecedes,
e por meu mal vos fillei por sennor,
e por meu mal tan muito ben oi
dizer de vós, e por meu mal vos vi,
pois meu mal é quanto ben vós avedes.
E, pois vos vós da cuita non nembrades
nen do afan que m’Amor faz prender,
por meu mal vivo máis ca vós cuidades,
e por meu mal me fezo Deus nacer,
e por meu mal non morri u cuidei
como vos viss’, e por meu mal fiquei
vivo, pois vós por meu mal ren non dades.
E desta cuita’n que me vós tẽedes,
en que oj’eu vivo tan sen sabor,
que farei eu, pois mi-a vós non creedes?
Que farei eu, cativo pecador?
Que farei eu, vivendo sempr’assi?
Que farei eu, que mal dia naci?
Que farei eu, pois me vós non valedes?
E, pois que Deus non quer que me vallades
nen me queirades mia coita creer,
que farei eu? Por Deus, que mi-o digades!
Que farei eu, se logo non morrer?
Que farei eu, se máis a viver ei?
Que farei eu, que consello non sei?
Que farei eu, que vós desamparades?
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 
 
 

Manuscritos


A 46, B 158

Edicións


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 99-100); Bertolucci Pizzorusso (1992 [1963]: 81-82 [= LPGP 659-660]); Littera (2016: II, 121-122).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 64); Carter (2007 [1941]: 29-30); Machado & Machado (1949: I, 233-234); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2017: I, 133).
III. Antoloxías: Pellegrini (1928: 7-8); Piccolo (1951: 40-41); Nunes (1959: 233-234); Oliveira & Machado (1959: 26-27); Torres (1977: 475); Fiúza (1981: 114-117); Ferreira (1988: 46-47); Pena (1990: 30-31); Ferreira (1991: 35-36); Jensen (1992: 224); Alonso Girgado (1992: 81); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 137); Diogo (1998: 49-50); Arias Freixedo (2003: 618-619); Mongelli (2009: 17).

Variantes manuscritas


2 cuita’n] coytan B   4 vos fillei] uus filei A : (tan muyto) uꝯ filhey B   6 vos] uus A   7 vós] uus A   8 cuita] coita B   9 m’Amor faz prender] mho amor faz sofrer B   10 vós] uꝯ A   11 fezo] fezᵒ B   12 morri] moiri B   13 vos] uos A   15 E] {e} A : om. B; cuita’n] coyta en B; tẽedes] teedes B   16 vivo] uino B   17 om. B   18 pecador] precador B   19 eu] om. B   22 quer] {q̅r} A   23 me] om. B   25 morrer] moirer B   26 viver] uiū B   27 consello non sei] couselhi nō ey B   28 desamparades] desenparades B

Variantes editoriais


2 cuita’n] coyta’n Bertolucci Pizzorusso : coita ‘m Littera   4 vos] vus Michaëlis, Bertolucci Pizzorusso   6 vos] vus Michaëlis, Bertolucci Pizzorusso   8 vos] vus Michaëlis, Bertolucci Pizzorusso; cuita] coita Bertolucci Pizzorusso, Littera   9 m’Amor faz prender] mh-o / Amor faz sofrer Bertolucci Pizzorusso : mi o Amor faz sofrer Littera   10 vós] vus Michaëlis   13 vos] vus Michaëlis, Bertolucci Pizzorusso   15 E desta cuita’n] D’esta coyta en Bertolucci Pizzorusso : Desta coita em Littera   19 sempr’assi] sempr(e) assi Michaëlis : sempre / assy Bertolucci Pizzorusso, Littera   27 consello non sei] consselh’i non ey Bertolucci Pizzorusso : conselh’i nom sei Littera   28 desamparades] desenparades Bertolucci Pizzorusso : desemparades Littera

Métrica


Esquema métrico: 4 x 10’a 10b 10’a 10b 10c 10c 10’a (= Tav 100:25)

Encontros vocálicos: 17 mi-‿a; 24 mi-‿o

Notas


Texto
  • *

    Nótese como a cantiga presenta repetición construtiva entre as estrofas I-II, vv. 3-5 (e) por meu mal, e III-IV, a través das reiteradas interrogacións Que farei eu...? nos cinco versos finais destas estrofas.

  • 2

    Neste verso aparece preposición en nunha crase (tamén no v. 15) coa voz anterior (habitualmente coita e dia), tal como se rexistra esporadicamente no corpus; en calquera caso, esta crase ten unha maior presenza no Cancioneiro da Ajuda, que nalgúns casos a presenta fronte a B, que mantén a integridade de en (87.3, 133.15, 279.r1, 306.10) ou que, alternativamente, omite a preposición (70.28, 89.19, 199.14). Véxanse tamén 28.14, 43.20, 59.3, 60.7, 83.19, 133.2, 138.7 e 9, 141.9, 154.r1 e r3, 155.7, 263.6, 267.2, 270.19, 282.8, 388.5390.2, 395.7, 460.4, 465.10, 804.7, 1062.10, 1080.1, 1145.23 e 1420.11. Cfr. nota a 6.4.

  • 4

    De novo aparece <filei> en A, aínda que nesta ocasión Michaëlis, a diferenza do feito en 132.9-10, emenda a prol da correcta lección de B. Véxase nota a 89.3. Nótese, por outra parte, como o texto riscado de B é produto dun salto de liña no proceso de copia.

  • 9

    Ao contrario de Bertolucci Pizzorusso e Littera, mantemos a versión de A (prender) fronte á de B (sofrer). Aínda que é maioritaria a construción sofrer afan, existen outras construcións equivalentes (levar afan, aver afan, filhar afan) e tamén se rexistra a fórmula prender afan. Véxase, por exemplo, E anda-s’ela tan dessegurada / come se nunca i prendes[s]e afan (1588.16).

  • 10

    A lección do Cancioneiro da Ajuda mostra un evidente erro na interpretación do pronome vós, necesariamente tónico neste contexto, que comparece nos manuscritos como unha forma átona <uꝯ>, cun erro que se rexistra nos tres grandes cancioneiros. Véxase este mesmo erro en A fronte ao Cancioneiro da Biblioteca Nacional (vós <uꝯ> A : <uos> B) en 72.13, 88.20, 90.16, 134.24, 138.14, 315.8. Mais tamén se atesta o mesmo lapso de copia en BV, con lección errada coincidente en 402.11, 16 e 17 (cfr. <uos> na v. 5), 791.13, 840.17, 855.13, 920.14, 929.r1 (vv. 5, 11 e 17), 1052.5, 1111.11, 1195.15, 1264.6 etc.; do mesmo xeito, aparece en cantigas transmitidas só por un dos cancioneiros italianos: 183.17 e 185.21 (en B); 1013.1 (en V); e aínda existe en pasaxes con diferente lección conforme os manuscritos: 900.7 (<uꝯ> B vs. <uos> AV), 1022.7 (<uꝯ> V vs. <uos> B).

  • 27

    O erro de B (ei vs. sei) debeu ser inducido pola presenza da mesma forma no verso anterior, aínda que esta mesma confusión, á inversa, se rexistra nos tres grandes cancioneiros (ABV), que en 1000.13 presentan <sey>, que debe ser corrixido en prol de ei.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado