46 [= Tav 126,4]
Grave dia naceu, senhor

Grave dia naceu, senhor,
quen se de vós ouv’a partir
e se teve por devedor
de vos amar e vos servir.
Como m’eu de vós partirei?
Ora, quando m’alongarei
de vós, viverei sen sabor.
En tal coita me vi, senhor,
que sol non vos ousei falar
en vós; en lezer e sabor
aviades de me matar,
ca me non quisestes catar
dos olhos, nen [me] preguntar
por que avia tal pavor,
que sol non vos ousei dizer
o por que eu fora ali
u vos achei, e máis temi
de vos pesar én ca morrer
como ora por vós morrerei;
e vejo que mal baratei,
que ante non morri log’i,
ca mui maior coita averei,
senhor: quand’eu de vós oer
desamor voss’e [o] tever,
este joguete cerr[ar]ei
convosc’e vosso se[e]rei
mentr’eu viver, e guisarei
como aja vosso desamor.
[M]entre vos eu poder servir
vosso desamor av[er]ei,
ca non ei eu a vós fogir
nen outra senhor filharei
que me de vós possa én partir;
mais leixar-me-vos-ei matar,
pois m’outro conselho non sei.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 
 
 
 
30
 
 
 
 
35

Manuscritos


B 73

Edicións


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 703-705); Alvar (1986: 48-49 [= LPGP 842]); Littera (2016: II, 377).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 24); Machado & Machado (1949: I, 94-95); Rios Milhám (2017: I, 46).
III. Antoloxías: Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 198-199); Diogo (1998: 19-20); Arias Freixedo (2003: 253-255).

Variantes manuscritas


A copia desta cantiga presenta unha segmentación errada das estrofas: a cobra IV acaba no v. 26, de forma que a última estrofa comeza con maiúscula no v. 26. Porén, no manuscrito falta a letra correspondente á maiúscula inicial do v. 29, o realmente primeiro da estrofa V.

4 servir] sernyr B   11 aviades] auedyes B   13 preguntar] pʼgūcar B   23 quand’eu] de ꝗʷ deu B   24 tever] ceuer B   27 mentr’eu] Mnētʼu B

Variantes editoriais


4 de vos amar e vos servir] [de se a outra terra ir] Michaëlis   9 vos] vus Michaëlis   10 en] e Michaëlis, Littera   15 vos] vus Michaëlis   17 vos] vus Michaëlis   18 vos] vus Michaëlis : ca] c’a Alvar   19 como ora] com(o) ora Michaëlis : com’ora Littera   20 mal baratei] malbaratei Alvar   22 coita] coit(a) Michaëlis   23 quand’eu] de quand’eu Alvar : des quand(o) eu Michaëlis; vós oer] vos for’ Michaëlis : vos oer Alvar   24 desamor voss’e [o] tever] e tever’ vosso dessamor] Michaëlis : desamor voss[o] e tever Alvar, Littera   25 cerr[ar]ei] [e] terrei Littera   26 convosc’ ... se[e]rei] convosco ... serei Michaëlis, Alvar, Littera   28 como] com(o) Michaëlis   29 vos] vus Michaëlis   31 vós] vos Alvar, Littera   33 possa én partir] poss(a) apartar Michaëlis   34 vos] vus Michaëlis

Métrica


Esquema métrico: 8a 8b 8a 8b 8c 8c 8a (= Tav 100:54) + 8a 8b 8a 8b 8b 8b 8a (= Tav 86:2) + 8a 8b 8b 8a 8c 8c 8b (= Tav 163:36) + 8a 8b 8b 8a 8a 8a 8c (= Tav 131:1) + 8a 8b 8a 8b 8a 8c 8b (= Tav 77:1)
Encontros vocálicos: 19 como‿ora; 22 coita‿averei; 28 como‿aja; 33 possa‿én

Notas


Texto
  • 5

    A diferenza dos demais editores, coidamos que a interrogación neste verso condí mellor co sentido da estrofa e da composición.

  • 8-9

    O verbo falar rexe preposición de e, con máis frecuencia, en, feito que condiciona a interpretación do verso e obriga a facer nel un corte sintáctico-conceptual que xa Alvar introduciu, mellorando así a edición michaëliana.

  • 13

    A presenza de me no v. 12 leva consigo a súa integración neste verso, de modo que se resolve a hipometría ao tempo que se restaura a normalidade sintáctica.

  • 23

    O radical xeral para os tempos de pretérito de aver é ouv-, como resultado da metátese de wau e fricativización de -b- a partir do radical latino habu-. Ora ben, -b- intervocálico tamén pode desaparecer (Ferreiro 1999: §54c), como mostran diversos resultados que proban esta evolución diverxente nos tempos de pretérito de aver. Para alén de ouer (10.18), así acontece coas formas oer, oera e oesse presentes no corpus, sempre a partir das leccións dos apógrafos italianos, por o Cancioneiro da Ajuda sempre presentar a forma ouver (e afíns): se mi-o logo a tolher oer / mia vezinha (11.27), se vos eu oesse desamor (23.13), mentr’eu vosso desamor oer (23.32), pois eu esto feito oer (29.19), mentr’oer esta senhor que oj’ei (38.9), U lhi conven, oera de tornar (45.8), pois que lh’esto feit’oer (96.8), quen vos oer a desejar (107.18), pois end’o poder oer (561.6), farei eu por vós quanto fazer oer (725.26), poi-la dona seu amig’oer (759.15), pois eu oer / por mia senhor mort’a prender (1064.13). A estas ocorrencias aínda hai que lles acrecentar aqueloutras en que os apógrafos italianos presentan esta variante fronte ao resultado maioritario en A: 66.15 (ouvesse A vs. oess(e) B); 64.465.22, 68.11, 81.18141.6 (ouver A vs. oer B); 363.16 (ouver A vs. oer BV). Véxase tamén notas a 10.18 e 372.4. Cfr. notas a 130.23 e 534.4. Véxase Ferreiro (2016a: 119-127).

  • 23-24

    A hipermetría do verso 23 aconsella eliminar a preposición de, sen que o sentido da estrofa se vexa resentido, nun contexto en que a lección do manuscrito, que é claramente defectuosa, dificulta a fixación do texto crítico nestes dous versos. Para a presenza anómala de de noutros puntos dos cancioneiros, véxanse 140.27 e 283.4 (B vs. A) ou 1053.r1 e 1486.15 (B vs. V), para alén de, por exemplo, 486.8 e 14.
    Por outra banda, o verbo teer esixe un CD que a hipometría versal revela como ausente na copia, feito que xustifica a integración do pronome o para se referir ao desamor, xa que joguete é o suxeito de cerrar.

  • 25

    A voz joguete ‘brincadeira, burla’ (1525.21) parece ter neste contexto o valor de ‘asunto, brincadeira’, mais do que ‘cantiga’ (cfr. o joguete d’arteiro citado na poética que abre o Cancioneiro da Biblioteca Nacional). O sentido orixinario de joguete aparece tamén noutras obras, como a Crónica Troiana: Depoys que Pares disso seus jogetes a Elena, Elena lle disso que quería yr veer a Éytor (cfr. Lorenzo 1985: 386-387); tamén se documenta na Crónica de 1344: Ẽ salvo dizedes vossos joguetes, ca bem pagado vos tenho por este ãno, vos e vossas cõpanhas (Cintra 1952-1990: III, 445).
    A integración realizada restaura a omisión da abreviatura na copia do verso.

  • 26

    Para a restauración da isometría tivemos en conta o feito de convosco sempre presentar crase cando vai seguido da copulativa e (23.3, 122.4, 269.16, 671.9, 1419.27 e 1445.20), do mesmo xeito que vosco estabelece sistematicamente sinalefa coa palabra seguinte cando esta comeza por vogal: voscoen (1445.6, 1551.r) e voscoentençon (1636.17); por conseguinte, a mellor opción é recorrer á forma seerei, que convive no corpus coa máis evoluída serei (véxase nota a 90.15).

  • 34

    Con certeza, o pronome vos neste contexto parece un dativo non argumental que reúne valores próximos do dativo de interese e do pronome de solidariedade, que se consolidou modernamente en galego.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado