395 [= Tav 70,27 (= 157,26)]
Gran sazon á que eu morrera ja

Gran sazon á que eu morrera ja
por mia sennor desejando seu ben;
mais ar direi-vos o que me deten
que non per-moir’, e direi-vo-lo ja:
falan-me dela e ar vou-a veer
ja-quant’, [e] esto me faz ja viver.
E esta coita’n que eu viv’assi
nunca én parte soube mia sen[n]or,
e vou vivend’a gran pesar d’Amor,
e direi ja por quanto viv’assi:
falan-me dela e ar vou-a veer
[ja-quant’, e esto me faz ja viver].
Non viv’eu ja se per aquesto non:
ouç’eu as gentes no seu ben falar
e ven Amor logo por me matar,
e non guaresco se per esto non:
[falan-me dela e ar vou-a veer
ja-quant’, e esto me faz ja viver].
E viverei mentre poder viver,
ca pois por ela me ei a morrer.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20

Manuscritos


A 235

Edicións


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 457-458); Nobiling (2007 [1907]: 76-77 [= LPGP 451]); Littera (2016: I, 515).
II. Outras edicións: Carter (2007 [1941]: 136); Domingues (1992: 31); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018b: III, 395).
III. Antoloxías: Arias Freixedo (2003: 471-472).

Variantes manuscritas


3 vos] uos A   9 pesar] pessar A

Variantes editoriais


3 vos] vus Michaëlis   6 ja-quant’, [e] esto] ja-quant’, esto Michaëlis : [e] ja quant’esto Nobiling, Littera; faz ja] fazia Michaëlis   12 ja-quant’, e esto] ja-quant’, esto Michaëlis : [e] ja quant’esto Nobiling, Littera; faz ja] fazia Michaëlis   15 Amor] amor Nobiling, Littera   18 ja-quant’, e esto] ja-quant’, esto Michaëlis : [e] ja quant’esto Nobiling, Littera; faz ja] fazia Michaëlis   19 poder] puder Littera   20 ei] ei [eu] Nobiling

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C + 10c 10c (= Tav 160:116)

Encontros vocálicos: 5 dela‿e; 11 dela‿e; 17 dela‿e

Notas


Texto
  • 5-6

    A nosa lectura, coa conseguinte puntuación, vén condicionada polo feito de ja-quanto habitualmente funcionar posposto ao verbo de que depende (veer) (véxase nota a 347.9). Os editores anteriores, para alén de ligar ja-quanto a faz, resolven a hipometría versal a través da forma fazia (Michaëlis), rompendo o sistemático acento rítmico na 4ª sílaba, e mais por medio da introdución da conxunción e como elemento inicial do verso (Nobiling).
    O presente como tempo verbal do refrán aconsella interpretar a secuencia manuscrita <faz ia> como faz ja e non como fazia, tal como Michaëlis fixo para compensar metricamente o segundo verso do refrán.

  • 7

    Neste verso comparece a preposición en nunha crase coa voz anterior (habitualmente coita e dia), tal como se rexistra esporadicamente no corpus; en calquera caso, esta crase ten unha maior presenza no Cancioneiro da Ajuda, que nalgúns casos a presenta fronte a B, que mantén a integridade de en (87.3, 133.15, 279.r1, 306.10) ou que, alternativamente, omite a preposición (70.28, 89.19, 199.14). Véxanse tamén 28.14, 43.20, 59.3, 60.7, 83.19, 133.2, 138.7 e 9, 141.9, 154.r1 e r3, 155.7, 263.6, 267.2, 270.19, 282.8, 388.5390.2, 395.7, 460.4, 465.10, 804.7, 1062.10, 1080.1, 1145.23 e 1420.11. Cfr. nota a 6.4.

  • 9

    No Cancioneiro da Ajuda detéctanse algúns casos de confusión de sibilantes, probabelmente un fenómeno gráfico sen transcendencia fonolóxica. Igual que <pessar> neste verso, véxanse outras formas como <dessamar> desamar (66.21), <dessamparado> desamparado (317.21), <oussasse> ousasse (268.2, 275.4308.11, 313.8 e 346.3 <oussase>) e <oussen> ous’én (268.3), ou as repetidas <guissa> guisa e <guissada> guisada  (72.27, 137.32, 140.1, 2 e 5, 146.19, 147.3, 150.4, 259.18, 409.8, 692.7), <pessar> pesar (90.21, 214.21, 439.4 e 10, 441.6, 12 e 18), <quissesse> quisesse (199.27, 407.10), <quisso> quiso (407.11) e <quisser> quiser (71.18, 692.13). Véxanse tamén notas a 69.7, 80.10, 88.15 e 89.2.

  • 20

    Partindo da xeral crase ou sinalefa na secuencia me ei, Nobiling introduce despois da forma verbal o suxeito eu, ausente do manuscrito; porén, non é universal a crase e/ou sinalefa de me (véxase nota a 323.1).
    Por outra parte, dado que morrer en principio non é un verbo pronominal1 , me debe ser considerado dativo ético.

  1. ^

    No entanto, esporadicamente aparece algún uso pronominal do verbo morrer, por exemplo nas traducións galegas da General Estoria (véxase Martínez López 1963: 34) e da Crónica de Castilla e mais da Estoria de España (véxase Lorenzo 1975: 727), na Crónica Geral de Espanha de 1344 (véxase Cintra 1952-1990: III, 266), ou na Crónica de D. João I (véxase Fernão Lopes 1994: 396).

Buscar
    Non se atopou ningún resultado