554 [= Tav 25,51]
Ben me podedes vós, senhor

Ben me podedes vós, senhor,
partir deste meu coraçon
graves coitas; mais sei que non
mi poderiades tolher,
per bõa fe, nen un prazer,
ca nunca o eu pud’aver
des que vos eu non vi, senhor.
Podedes-mi partir gran mal
e graves coitas que eu ei
por vós, mia senhor; mais ben sei
que me non podedes tolher
per ren nen un ben nen prazer,
pois end’eu nada non ouv’én,
des que vos non vi, senon mal.
Graves coitas e grand’afan
mi podedes, se vos prouguer,
partir mui ben, senhor; mais er
sei que non podedes tolher
o que en min non á, prazer,
des que vos non pudi veer,
mais gran coit’e grand’afan.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 

Manuscritos


B 537, V 140

Edicións


I. Edicións críticas: Lang (1972 [1894]: 53 [= LPGP 200-201]); Nunes (1972 [1932]: 172-173); Eirín (2015: 222); Littera (2016: I, 200-201).
II. Outras edicións: Moura (1847: 90-92); Monaci (1875: 58); Braga (1878: 28); Machado & Machado (1952: III, 135); Júdice (1997: 133); Montero Santalha (2004).

Variantes manuscritas


1 Ben] Non B : Nō V   5 bõa] boa B : bona V   6 nunca] nunça B; pud’] pad V   10 por vós mia] Pre uos ma B   11-12 Que me non podedes per ren / Tolher praxer nē nē hū bē B : q̄me nō podedes ꝑ rē / tolher ꝑzer nē nē hū bē   17 partir] parar V   19 o] e V; prazer] praxer B   20 non] om. B   21 gran] ḡa V

Variantes editoriais


1 Ben] Nom Lang : Non Nunes   3 mais] mas Lang   5 bõa] bona Lang; nen un] nenhum Lang : nẽum Littera   8 Podedes-mi] Podedes mi Lang, Nunes   10 mais] mas Lang, Littera   11-12 que me nom podedes por rem / tolher prazer nem nenhum bem Lang : que me non podedes per ren / tolher prazer, nen nen hun ben Nunes, Eirín : que me nom podedes por rem / tolher prazer nem nẽum bem Littera   14 non] om. Lang, Littera   16 vos] vós Lang   19 o que en min non á, prazer] e que en mi non á prazer Lang, Nunes : e que en min non á prazer Eirín : o que en mi nom há: prazer Littera   20 vos] vós Lang   21 gran] grave Lang, Littera

Paráfrase


(I) Ben me podedes vós, senhor, quitar deste meu corazón graves coitas; mais sei que non me poderiades privar, abofé, de ningún pracer, porque nunca o tiven desde que eu non vos vin, senhor.

(II) Podédesme quitar o gran mal e as graves coitas que eu teño por vós, miña senhor; mais sei eu ben que non me podedes quitar de ningún xeito ningún ben nin pracer, pois eu non tiven nada diso, desde que non vos vin, senón mal.

(III) Graves coitas e grande afán me podedes quitar moi ben, se vos prouguer, senhor; mais tamén sei que non me podedes quitar o que en min non existe, pracer, desde que non vos puiden ver, senón gran coita e grande afán.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 8a 8b 8b 8c 8c 8c 8a (= Tav 196:1)

Encontros vocálicos: 21 ma·is

Notas


Texto
  • *

    Nótese o dobre en posición de rima nos versos inicial e final de cada estrofa (I senhor; II mal; III afan) e mais a repetición nos vv. 4-5 de todas as estrofas da cantiga (4 tolher, 5 prazer).

  • 1

    O sentido esixe a emenda da negación inicial de BV, de xeito que a afirmación vai seguida da cláusula adversativa que comeza no v. 3. En calquera caso, nos manuscritos detéctanse confusións entre nen e ben, e viceversa, en diversas pasaxes: 66.8 nen (<Ben> A, <> B), 284.11 ben (<[B]en>A, <Nen> B), 284.17 (<[B]en> A, <Nen> B).

  • 5

    A presenza de -n- na forma manuscrita <bona> de V é simple indicación gráfica da nasalidade fonolóxica de /õ/ (confirmada neste caso pola lección de B), o mesmo que noutras voces que se rexistran esporadicamente, en especial, nos apógrafos italianos (case sempre con unha das documentacións correcta) en <alguna> algũa e <(h)una> ũa, <capaton es> çapatões, <certano> certão, <lontano> loução, <mano> mão, <pardonar> perdõar, <poner> põer, <uano> vão, <ueno> vẽo. Sobre estas grafías e as formas do tipo irmana, véxase Ferreiro 2008b. Cfr. nota a 582.3.

  • 10

    En principio, ma (variante de B) é tamén unha forma correcta para o posesivo átono feminino (véxase nota a 104.18). Porén, débese advertir que, en xeral, a forma ma é produto dun erro de copia, como mostran as varias leccións <m\h/a> ou <m\h/as> dos apógrafos italianos: 599.13, 678.8, 966.8, 984.1, 1009.1, 1297.1. Para alén disto, en xeral a forma ma(s) aparece só nun dos cancioneiros, fronte aos restantes testemuños manuscritos coa forma <mia> ou <mha>: B vs. A (190.r1 na estrofa II, 197.9), AB vs. V (403.14, 404.1), V vs. B (505.3, 506.13 e 21, 554.10, 556.9, 557.17, 604.r2, 605.4 e 10, 609.1625.1, 636.1, 794.9, 859.3, 887.5 e r1 nas estrofas I-III, 966.8, 970.12, 992.3, 1000.16, 1002.r2 na estrofa III, 1165.r2 na estrofa I, 1453.4 e 7, 1457.3, 1459.r1 e r2 na estrofa II, 1468.1, 1469.2, 1470.6, 1483.r), AV vs. B (887.5 e r1 nas estrofas I-III), e B vs. V (548.5, 632.1, 634.13, 645.9, 690.1, 1363.r2 na estrofa II).

  • 11-13

    Todos os editores respectan a lección dos manuscritos, con troca de posición entre tolher e per ren (vv. 11-12), co cal se mantén unha rima c en tres versos consecutivos, tal como nas estrofas I e III, de xeito que as tres cobras responderían ao mesmo esquema rimático. Porén, na cantiga rexístrase a repetición das palabras rimantes tolher e prazer nos vv. 4º e 5º de cada estrofa, o que parece indicar que neste caso se produciu un erro de copia similar ao existente en 544.3-4. Con todo, fica a anomalía rimática no v. 13, onde se espera unha rima en -er (cfr. aver, v. 6; veer, v. 20), ao tempo que se percibe unha sorprendente reiteración ende ... én (pois end’eu nada non ouv’én).

  • 14

    A errada omisión de non en Lang leva o editor suízo a suxerir na corrección de erros a reintegración de eu (vos [eu] vi).

  • 17

    A lección errada de V (<parar>/<partir>) explícase a partir do comprobado erro <a>/<ti> (e <a>/<ci> nos apógrafos italianos: <para> B parti (18.18), <Maram> B Martin (115.8), <marã> B Martin (115.22), <parar> B partir (627.9), <parado> BV partido (1326.21), <parar> V partir (1345.13), <conssenar> B consentir (1468.15), <ama> B cima (1489.47) etc.

  • 19

    A sintaxe (e o sentido) revela que B é o cancioneiro que transmite a lección correcta, a funcionar este verso como complemento directo de tolher (v. 18): obsérvese como en Lang, Nunes e Eirín este verso fica sen o necesario CD por teren optado pola lección de V.

  • 21

    Existen indicios suficientes para considerar que a contaxe bisilábica de mais (ou máis) era un feito na lingua trobadoresca, nomeadamente a partir da análise das leccións manuscritas de preto dun centenar de pasaxes que apoian tal consideración métrica (Ferreiro 2016c). A partir deste feito, é desnecesaria a emenda de Lang e Littera.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado