506 [= Tav 25,76]
Pois mia ventura tal é ja

Pois mia ventura tal é ja
que sodes tan poderosa
de min, mia senhor fremosa,
por mesura que en vós á
e por ben que vos estara,
pois de vós non ei nen un ben,
de vos amar non vos pes én,
senhor.
E, pois por ben non teedes
que eu aja de vós grado
por quant’afan ei levado
por vós, e assi queredes,
mia senhor, fe que devedes,
pois de vós non ei nen un ben,
[de vos amar non vos pes én,
senhor].
E, lume destes olhos meus,
pois m’assi desemparades
e que me grado non dades
como dan outras aos seus,
mia senhor, polo amor de Deus,
pois de vós non ei nen un ben,
[de vos amar non vos pes én,
senhor].
E eu non perderei o sén,
e vós non perdedes i ren,
senhor.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 
 

Manuscritos


B 508, V 91

Edicións


I. Edicións críticas: Lang (1972 [1894]: 20-21 [= LPGP 212]); Nunes (1972 [1932]: 81-82); Littera (2016: I, 171-172).
II. Outras edicións: Moura (1847: 18-19); Monaci (1875: 41-42); Braga (1878: 19); Machado & Machado (1952: III, 22); Júdice (1997: 88); Montero Santalha (2004).
III. Antoloxías: Pimpão (1942: 31); Lapa (1976: 26-27); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 38); Magalhães (2007: 118).

Variantes manuscritas


6 nen un] neu hū B   12 e assi] cassy V   13 mia] Ma B   14 nen un] ben. hū V   18 desemparades] desanparades B   21 mia] Ma B   26 perderedes] perdedes V

Variantes editoriais


6 nen un] nenhum Lang : nẽum Littera   7 vos] vós Lang   9 teedes] tẽedes Nunes   12 e] ca Lang   14 nen un] nenhum Lang : nẽum Littera   15 vos] vós Lang   22 nen un] nenhum Lang : nẽum Littera   23 vos] vós Lang

Paráfrase


(I) Pois tal é xa a miña sorte que tendes tanto poder sobre min, miña senhor fermosa, pola mesura que hai en vós e polo ben que vos acaerá, xa que de vós non recibo ningún ben, non teñades pesar porque eu vos ame, senhor.

(II) E xa que non tendes a ben que eu teña o voso agradecemento por todo canto afán levei por vós, e así o queredes, miña senhor, pola vosa fe, [refrán]

(III) E, luz destes meus ollos, xa que así me desamparades e que non me agradecedes como outras agradecen aos seus, miña senhor, polo amor de Deus, [refrán].

(1) E eu non perderei o siso, e vós non perderedes nada con iso, senhor.

Métrica


Esquema métrico: 8a 7’b 7’b 8a 8a 8C 8C 2D (I, III [= Tav 143:3]) + 7’a 7’b 7’b 7’a 7’a 8C 8C 2D (II [= Tav 143:4]) + 8c 8c 2d

Encontros vocálicos: 21 polo‿amor

Notas


Texto
  • *

    Esta cantiga presenta unha ligazón interestrófica coa copulativa e entre as estrofas que facilmente, por medio dunha disposición tipográfica minúscula e unha puntuación máis leviana, se podería interpretar como unha cantiga ateúda atá a fiinda. Deste modo, o enunciado (de teor exclamativo) final de estrofa, que resulta un tanto estraño, ficaría inserido na continuación do enunciado. Véxase nota á cantiga 74.

  • 2-3

    A expresión seer poderosa de mi(n) / seer poderosa del, con que se mostra o dominio da senhor sobre o trobador, só se rexistra en 50.3, e, sobre todo na obra de Don Denis (véxanse 569.7-8 e 575.15-16).

  • 12

    É preferíbel a lección de B, pois paleograficamente o erro de V explícase por unha confusión <c>/<e>. Véxase nota a 425.16.

  • 13

    En principio, ma (variante de B, tamén no v. 21) é tamén unha forma correcta para o posesivo átono feminino (véxase nota a 104.18). Porén, débese advertir que, en xeral, a forma ma é produto dun erro de copia, como mostran as varias leccións <m\h/a> ou <m\h/as> dos apógrafos italianos: 599.13, 678.8, 966.8, 984.1, 1009.1, 1297.1. Para alén disto, en xeral a forma ma(s) aparece só nun dos cancioneiros, fronte aos restantes testemuños manuscritos coa forma <mia> ou <mha>: B vs. A (190.r1 na estrofa II, 197.9), AB vs. V (403.14, 404.1), V vs. B (505.3, 506.13 e 21, 554.10, 556.9, 557.17, 604.r2, 605.4 e 10, 609.1625.1, 636.1, 794.9, 859.3, 887.5 e r1 nas estrofas I-III, 966.8, 970.12, 992.3, 1000.16, 1002.r2 na estrofa III, 1165.r2 na estrofa I, 1453.4 e 7, 1457.3, 1459.r1 e r2 na estrofa II, 1468.1, 1469.2, 1470.6, 1483.r), AV vs. B (887.5 e r1 nas estrofas I-III), e B vs. V (548.5, 632.1, 634.13, 645.9, 690.1, 1363.r2 na estrofa II).

    A fórmula de xuramento fe que (vós) devedes, convertida en frase formularia de valor interxectivo, é equivalente á expresión per bõa fe, entre outras fórmulas posíbeis de xuramento (véxase tamén 655.6, 1016.4, 1284.4, 1526.15, 1583.1). Para alén desta formulación simple, tamén presente nas Cantigas de Santa Maria (véxase, por exemplo, CSM 6.32), esta frase pode presentar explícito o complemento indirecto (fe que dev’a Nostro Senhor, 594.14), tal como se pode ver tamén na Crónica Troiana: fe que eu deuo a Deus ou fe que deuo a meu señor (Lorenzo 1985: 243, 383).

  • 18

    Resulta sorprendente a variación desemparar ~ desamparar nos apógrafos italianos (véxase nota a 72.3 e 310.15). Neste caso, a variante de B podería mesmo ser unha confusión <e>/<a>, frecuente neste copista cando a vogal /e/ vai seguida de consoante nasal trabante.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado