569 [= Tav 25,112]
Senhor, eu vivo coitada

Senhor, eu vivo coitada
vida des quando vos non vi;
mais, pois vós queredes assi,
por Deus, senhor ben-talhada,
querede-vos de min doer
ou ar leixade-m’ir morrer.
Vós sodes tan poderosa
de mí que meu mal e meu ben
en vós é todo; [e] por én,
por De[u]s, mia senhor fremosa,
querede-vos de [min doer
ou ar leixade-m’ir morrer].
Eu vivo por vós tal vida
que nunca estes olhos meus
dormen, mia senhor; e, por Deus,
que vos fez de ben comprida,
querede-vos de mí doer
[ou ar leixade-m’ir morrer],
ca, senhor, todo m’é prazer
quant’i vós quiserdes fazer.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20

Manuscritos


B 552, V 155

Edicións


I. Edicións críticas: Lang (1972 [1894]: 64 [= LPGP 229]); Nunes (1972 [1932]: 202-203); Eirín García (2015: 252); Littera (2016: I, 210-211).
II. Outras edicións: Moura (1847: 115-117); Monaci (1875: 64); Braga (1878: 32); Machado & Machado (1952: III, 161-162); Júdice (1997: 148); Montero Santalha (2004).
III. Antoloxías: Tavares (1943 [1923]: 29-30); Pimpão (1942: 54); Tavares (1961: 25-26); Torres (1977: 233); Ferreira (1991: 28).

Variantes manuscritas


6 morrer] moirer B : mouer V   8 mí] mī V   9 vós é todo] uo e podo V   10 om. B : entreliñado en V entre os vv. 6 e 7   16 comprida] cpⁱda V   19 prazer] praxer B   20 quant'i] Qūti B

Variantes editoriais


En Lang a estrofa II presenta alterada a orde dos versos por non advertir o entreliñamento do v. 10, ausente en B e colocado como v. 1 desta estrofa en V.

2 vos] vós Lang   8 mí] mim Lang, Littera : min Nunes   17 mí] mim Lang, Littera : min Nunes   20 quiserdes] quizerdes Lang

Paráfrase


(I) Senhor, eu vivo unha vida coitada desde que non vos vin; mais, pois así o queredes vós, por Deus, senhor ben feita, querede ter piedade de min ou senón deixádeme ir morrer.

(II) Vós tendes tanto poder sobre min que o meu mal e o meu ben todo está en vós; e por iso, por Deus, miña senhor fermosa, [refrán].

(III) Eu vivo por vós tal vida que nunca estes ollos meus dormen, miña senhor; e, por Deus, que vos fixo cumprida de ben, [refrán],

(1) pois, senhor, éme pracer todo canto vós quixerdes facer.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 7’a 8b 8b 8’a 8C 8C + 8c 8c (cfr. Tav 160:419)

Notas


Texto
  • 5

    Máis unha vez aparece a variación ~ min no refrán. Véxase nota a 202.6. Cfr. nota a 27.4-6.

  • 7-8

    A expresión seer poderosa de mi(n) / seer poderosa del, con que se mostra o dominio da senhor sobre o trobador, só se rexistra en 50.3, e, sobre todo na obra de Don Denis (véxanse 506.2-3 e 575.15-16).

  • 10

    O esquema rimático indica con clareza como este verso, ausente en B, foi copiado a posteriori polo copista de V no espazo existente entre as estrofas I e II.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado