403 [= Tav 81,12]
Muito ando triste no meu coraçon

Muito ando triste no meu coraçon
porque sei que m’ei mui ced’a quitar
de vós, sennor, e ir allur morar;
e pesar-mi-á én, si Deus me perdon,
de me partir de vós per nulla ren
e ir morar allur sen vosso ben
porque sei que ei tal coit’a sofrer
qual sofri ja outra vez, mia sennor;
e non avera i al, pois eu for,
que non aja gran pesar a prender
de me partir de vós per nulla ren
[e ir morar allur sen vosso ben],
ca mi avẽo assi outra vez ja,
mia sennor fremosa, que me quitei
de vós e sen meu grad’allur morei;
mais este mui gran pesar me sera
de me partir de vós per nulla ren
[e ir morar allur sen vosso ben].
E, quando m’eu de vós partir, por én
ou morrerei ou perderei o sén.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20

Manuscritos


A 242, B 430, V 42

Edicións


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 473 [= LPGP 555-556]); Fregonese (2007: 131); Littera (2016: II, 11).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 23); Braga (1878: 8-9); Carter (2007 [1941]: 140); Machado & Machado (1950: II, 253); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018b: III, 403).

Variantes manuscritas


1 Muito ando] vito ando A : Muytando BV; meu] men B; coraçon] cora / con : corazon V   3 allur] alur A   4 si Deus me] sedeꝯ mj B : se deꝯ mi V   5 de] e A; nulla] uulha B   6 e] om. V; sen] se V   8 vez] nez B   13 mi] mb V; vez] nez V   14 mia] ma V; quitei] qⁱcey B   16 me] mj B : mi V   20 morrerei] moirerey B; perderei] perdey V

Variantes editoriais


1 Muito] Muit(o) Michaëlis : Muyt’ Fregonese   4 si] se Fregonese; me] mi Fregonese   13 avẽo] aveo Littera   16 me] mi Fregonese   17 vós] vos Littera   18 allur] albur Littera

Paráfrase


(I) Ando moi triste no meu corazón porque sei que moi cedo me terei de separar de vós, señora, e ir morar a outro lugar; e diso sentirei pesar, así Deus me perdoe, por me afastar de vós sen motivo e ir morar a outro lugar sen o voso ben, (II) porque sei que hei de sufrir tal coita cal sufrín xa outra vez, miña señora; e despois que eu me for, non haberá outra saída a iso (pola) que non teña que sentir un gran pesar por me afastar de vós sen motivo e ir morar a outro lugar sen o voso ben, (III) porque xa me pasou así outra vez, miña señora fermosa, que me afastei de vós e morei noutro lugar contra a miña vontade; mais este moi gran pesar me será, por me afastar de vós sen motivo e ir morar a outro lugar sen o voso ben.

(1) E cando eu me afaste de vós, por iso ou morrerei ou perderei a razón.
 

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C + 10c 10c (= Tav 160:151)

Encontros vocálicos: 1 Muito‿ando; 4 -mi-‿á; 13 mi‿avẽo

Notas


Texto
Buscar
    Non se atopou ningún resultado