O texto de A, por lacuna no códice, comeza na derradeira palabra do v. 6 (disser).
I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 238-239); Spampinato Beretta (1987: 72-73 [= LPGP 295-296]); Littera (2016: I, 317).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 98-99); Carter (2007 [1941]: 69-70); Machado & Machado (1949: I, 373-374); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 214).
III. Antoloxías: Torres (1977: 272).
7 vos] uus A 8 quis] om. B 11 vos] u\ꝯ/ {uos} A 13 q̄ mj de mʳre se auos nō der B 14 d’én] deuꝯ ē B 18 tod’aqueste ben que vos fui] todeste bē q̄uꝯ el foy B 19 que] om. B 20 moller] molhor B 21 caia] coyta B; pesar] pessar A
2 vos] vus Michaëlis, Spampinato Beretta 6 vos] vus Michaëlis, Spampinato Beretta 7 vos] vus Michaëlis, Spampinato Beretta 10 vos] vus Michaëlis, Spampinato Beretta 11 vos] vus Michaëlis, Spampinato Beretta 12 ca assi] c’assi Spampinato Beretta 13 dé] dê Michaëlis, Spampinato Beretta, Littera; morte] mort', e Littera 15 vos] vus Michaëlis, Spampinato Beretta 18 vos fui] vus fui Michaëlis, Spampinato Beretta : vos foi Littera 20 vos] vus Michaëlis, Spampinato Beretta 21 vos] vus Michaëlis, Spampinato Beretta
Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10c 10c 10a (= Tav 161:28)
A lectura c’assi de Spampinato, para alén de propor unha anómala crase (véxase Ferreiro 2012b), emenda a lección unánime de A e B e converte o verso en hipométrico.
A segmentación da copulativa realizada por Littera en morte (*mort’, e) rompe a liña conceptual da estrofa, deixando a forma verbal der sen o correlato que esixiría a presenza da conxunción.
De calquera maneira, a lección transmitida polo Cancioneiro da Biblioteca Nacional fai máis transparente o sentido destes dous versos, pois a expresión é máis natural:
que mi dé morte se a vós non der
tal coraçon de vos én non pesar.
Nótese como B opta por este fronte a aqueste de A, compensado metricamente coa introdución do pronome el.
Por outra parte, do mesmo modo que a forma foi pode ser P1 de pretérito de seer (e de ir), tamén fui aparece esporadicamente como forma de P3 (sen efecto metafónico, por tanto, ou con xeneralización analóxica de unha ou outra persoa): a pesar de que en xeral se estabelece unha oposición P1 / P3, fui (< fŭī) / foi (< fŭĭt), pola acción metafónica de -ī final nalgúns pretéritos fortes (cfr. tamén fiz vs. fez, sive vs. seve, tive vs. teve etc.), foi pode ser resultado de P1, o mesmo que fui de P3.
A conxunción completiva que aparece repetida tras a frase parentética: vos rog’oj’eu por El que, ... / ..., / que vos non caia, sennor, en pesar. Véxase nota a 53.17-18.
Caer en pesar (que só volve aparecer en 28.27) é expresión verbal paralela a caer en prazer ‘agradar, resultar grato’ (56.15 e 66.3), é sinónimo do frecuente verbo pesar.
No Cancioneiro da Ajuda detéctanse algúns casos de confusión de sibilantes, probabelmente un fenómeno gráfico sen transcendencia fonolóxica. Igual que <pessar> neste verso, véxanse outras formas como <dessamar> desamar (66.21), <dessamparado> desamparado (317.21), <oussasse> ousasse (268.2, 275.4, 308.11, 313.8 e 346.3 <oussase>) e <oussen> ous’én (268.3), ou as repetidas <guissa> guisa e <guissada> guisada (72.27, 137.32, 140.1, 2 e 5, 146.19, 147.3, 150.4, 259.18, 409.8, 692.7), <pessar> pesar (90.21, 395.9, 439.4 e 10, 441.6, 12 e 18), <quissesse> quisesse (199.27, 407.10), <quisso> quiso (407.11) e <quisser> quiser (71.18, 692.13). Véxanse tamén notas a 69.7, 80.10, 88.15 e 89.2.