(I) Moito tempo hai xa que eu morrera pola miña señora desexando (recibir) o seu ben; mais direivos tamén o que evita que eu morra de vez, e diréivolo xa: fálanme dela e tamén a vou ver un pouco, e isto xa me fai vivir.

(II) E desta coita en que eu así vivo, nunca parte dela soubo a miña señora, e vou vivindo con gran pesar de Amor, e direi xa por que vivo así: fálanme dela e tamén a vou ver un pouco, e isto xa me fai vivir.

(III) Non vivo eu xa se non é por isto: ouzo eu as xentes falar do seu ben e vén logo Amor para me matar, e non sobrevivo se non é por isto: fálanme dela e tamén a vou ver un pouco, e isto xa me fai vivir.

(1) E vivirei mentres puider, porque despois por ela hei de morrer.