441 [= Tav 157,1]
A Deus gradesco, mia sennor

A Deus gradesco, mia sennor
fremosa, que me vos mostrou,
e, pois vejo que se nembrou
de min, enquant’eu vivo for
[n]on quer’outra sennor fillar
senon vós se vos non pesar.
[S]e tanto de vós poss’aver
que vos non pes, sempr’andarei
por voss’om’e servir-vos-ei,
ca, mentr’eu no mundo viver,
[n]on quer’outra sennor fillar
senon vós se vos non pesar.
[T]an muito vos fez Deus de ben
que, se vos prouguer, des aqui
serei voss’om’, e vós de mí
seredes sennor, e por én
[n]on quer’outra sennor fillar
senon vós, se vos non pesar,
[c]a non poss’eu desto forçar
Deus, que me vos faz muit’amar.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20

Manuscritos


A 276

Edicións


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 542 [= LPGP 979]); Fernández Graña (2007: 389); Littera (2016: II, 571).
II. Outras edicións: Carter (2007 [1941]: 163); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018b: III, 441).

Variantes manuscritas


2 vos] uos A   6 vos non pesar] uos non pessar A   8 vos] uos A   9 -vos-] uos A   12 vos non pesar] uos non pessar A   13 vos] uos A   14 vos] uos A   18 vos non pesar] uos non pessar A   20 vos] uos A

Variantes editoriais


2 vos] vos Michaëlis : vós Fernández Graña   6 vos] vos Michaëlis   8 vos] vos Michaëlis   9 vos] vos Michaëlis   12 vos] vos Michaëlis   13 vos] vos Michaëlis   14 vos] vos Michaëlis   18 vos] vos Michaëlis   20 vos] vos Michaëlis : vós Fernández Graña

Métrica


Esquema métrico: 3 x 8a 8b 8b 8a 8C 8C + 8c 8c (= Tav 160:394)

Notas


Texto
  • *

    Esta cantiga é considerada anónima.

  • 6

    No Cancioneiro da Ajuda detéctanse algúns casos de confusión de sibilantes, probabelmente un fenómeno gráfico sen transcendencia fonolóxica. Igual que <pessar> neste segundo verso do refrán (vv. 6, 12 e 18), véxanse outras formas como <dessamar> desamar (66.21), <dessamparado> desamparado (317.21), <oussasse> ousasse (268.2, 275.4308.11, 313.8 e 346.3 <oussase>) e <oussen> ous’én (268.3), ou as repetidas <guissa> guisa e <guissada> guisada  (72.27, 137.32, 140.1, 2 e 5, 146.19, 147.3, 150.4, 259.18, 409.8, 692.7), <pessar> pesar (90.21, 214.21, 395.9, 439.4 e 10), <quissesse> quisesse (199.27, 407.10), <quisso> quiso (407.11) e <quisser> quiser (71.18, 692.13). Véxanse tamén notas a 69.7, 80.10, 88.15 e 89.2.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado