409 [= Tav 114,5 (= 157,8)]
Coidava-m’eu, quand’amor non avia

Coidava-m’eu, quand’amor non avia,
que non podes[s]’el comigo poder;
mais, pois-lo ei, ja o non cuidaria,
ca me non sei nen posso defender;
e, porque soub’esto de mí Amor,
fezo-m’el que amas[s]e tal sennor
en que m[e] ben mostrass’o seu poder.
E de guisa mi-o mostrou que queria
ante mia mort’oje máis ca viver,
ca sofro coitas qual non sofreria;
mas ei-as, mal que me pes, de sofrer,
ca de guisa me ten vençud’Amor
que, se Deus ou gran mesura non for,
de mia sennor pos[s]’en coita viver.
Mais esta mesura, como seria
de mia sennor? Ca non ll’ouso dizer
que me valla, ca sei ca me diria
que me quitasse ben de a veer;
e por aquesto ben sei que Amor
me faria cada dia peor
se llo disses[s]’, e non n’ouso dizer.
Mais aqui á mester sabedor[ia]
máis ca esforç’en punnar d[e fazer]
a mia sennor serviço toda via,
e desejar seu ben e atender
sempre seu ben, e, se m’ela d’Am[or]
quer defender, por fazer a[l mellor]
tan gran mesura non pode [fazer].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 
 
 

Manuscritos


A 250

A estrofa IV aparece copiada como corrección marxinal no Cancioneiro da Ajuda, co final de varios versos cortado.

Edicións


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 488-489); Cunha (1999 [1945]: 124-125); Monteagudo (1984: 333 [= LPGP 712-713]); Littera (2016: II, 220).
II. Outras edicións: Cotarelo Valledor (1934: 191-192); Carter (2007 [1941]: 145); Arbor Aldea (2016b);Rios Milhám (2018b: III, 409).
III. Antoloxías: Fernández Pousa (1951: 25).

Variantes manuscritas


3 ja o non] ia {o} / non A   7 m[e] ben mostrass’o] m(ele) {bē} mostra / sso A   8 guisa] guissa A   10 coitas] coita\s/ A   11 ei-as] eya\s/ A   22-28 A estrofa foi copiada como corrección marxinal

Variantes editoriais


3 cuidaria] coidaria Michaëlis   8 guisa] gui(s)sa Monteagudo   9 mort’] morte Monteagudo; oje máis] ogemais Michaëlis, Monteagudo : ojemays Cunha   10 coitas] coita Michaëlis, Monteagudo : coyta Cunha   11 mas] Mais Michaëlis; ei-as] ei-a Michaëlis : ey-a Cunha : eya Monteagudo; me] mes Monteagudo   21 non n’ouso] no’-n’ouso Michaëlis : nõ-n’ouso Cunha   22-28 om. Michaëlis, Monteagudo

Métrica


Esquema métrico: 4 x 10’a 10b 10’a 10b 10c 10c 10b (= Tav 101:29)

Encontros vocálicos: 8 mi-‿o

Notas


Texto
  • *

    Esta cantiga tamén é considerada anónima.

    Nótese a especial concentración de confusións gráficas <s>/<ss> na copia desta cantiga no Cancioneiro da Ajuda (vv. 2, 6, 14, 21), onde, en xeral, son verdadeiramente esporádicos eses lapsos gráficos. Deste xeito, as formas <podes(e) (v. 2), amase (v. 6), pos(o) (v. 14 e disses(e) (v. 21) mostran presenza de <-s-> cando regularmente debería presentar <-ss-> (podesse, amasse, posso, dissesse). Esta grafía detéctase especialmente en desinencias do pretérito de subxuntivo: <deues(e)> devesse (282.14), <ousas(e)> ousasse (346.3, 982.22), <quisesedes> quisessedes (88.15, 812.7), <soffresen> sofressen (85.17), <uis(e)> visse (138.6). Alén desta desinencia, tamén se acha a mesma representación gráfica en <asi> assi (240.23, 318.15), <disesse> dissesse (199.28), <outrosi> outrossi (413.11, 17 e 23, cfr. outrossi no v. 5), <uasalo> vassalo (84.12), <uoso> vosso (362.2). Véxanse tamén notas a 66.21, 69.7, 80.10 e 89.2.

  • 3

    A corrección marxinal de A incorporando o pronome o evita a consideración de mais como bisilábico (véxase nota a 12.8).

    Por outra parte, a secuencia <s-l> (e <r-l>) en que está implicada a forma arcaica lo(s) ~ la(s) do pronome identificador (artigo ou pronome) no encontro con pois e con outros vocábulos acabados en -s (ou -r) debe ser lida como [l], independentemente de que a grafía presente a forma máis antiga (véxase tamén nota a 83.21 e 139.2). No corpus trobadoresco profano, o pronome identificador sofre asimilación fonética xeral con diversos elementos lingüísticos (pronomes, adverbios, conxuncións, e con algúns nomes e/ou participios), especialmente con mais e pois. Cfr. nota a 5.10.

  • 8

    Nótese, novamente, o deslocamento dos elementos da locución conxuntiva de guisa que: «E mi-o mostrou de guisa que queria...».

  • 9

    A secuencia <oiemais>, en calquera das súas variantes graficas, permite a dupla lectura oje-mais, como forma galeguizada do adverbio provenzal oimais, ou, polo contrario, a deglutinación dos elementos oje e máis, que no presente contexto é máis acaída ao sentido da estrofa.

  • 10-11

    A conversión de coita en plural levou consigo tamén a corrección do pronome as no v. 11.

  • 21

    Igual que acontece co artigo (véxase nota a I.23), o pronome CD de P3 pode presentar a variante no(s), na(s) tamén despois dalgunhas partículas acabadas en -n (con, quen, ben, non ou nen). Nesta composición o verdadeiramente inusual é a súa crase coa voz seguinte: no + ouso > n’ouso.

  • 22-28

    Michaëlis reconstruíu os finais dos versos cortados desta estrofa (coa dubitativa proposta desamor para o penúltimo), que incluíu en nota (o mesmo que Monteagudo). Pola súa parte, en Cunha é introducida no texto da cantiga como estrofa III, coa proposta al melhor para o seu 6º verso.
    Contrariamente, en Littera non foi incorporada ao texto da cantiga. Porén, esta estrofa é conclusiva do contido da cantiga, que avanza en progresión até estes versos finais en que o trobador afirma a necesidade de continuar "servindo" á amada. A perda desta estrofa durante o proceso de copia podería obedecer a unha banal repetición do comezo do verso inaugural da cobra (ambas as dúas comezan con Mais), circunstancia que podería inducir ao copista a considerar que a estrofa xa fora reproducida.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado