225 [= Tav 43,3]
Des oje-mais ja sempr’eu rogarei

Des oje-mais ja sempr’eu rogarei
Deus por mia mort’e, se mi-a dar quiser,
que mi-a dé cedo, ca m’é mui mester,
sennor fremosa, pois eu per vós sei
ca non á Deus sobre vós tal poder
per que me faça vosso ben aver.
E ja eu sempre serei rogador
des oje-mais pola mia mort’a Deus,
chorando muito destes ollos meus,
pois per vós sei, fremosa mia sennor,
ca non á Deus sobre vós tal poder
[per que me faça vosso ben aver],
ca, enquant’eu coidei ou entendi
ca me podia Deus vosso ben dar,
nunca ll’eu quis por mia morte rogar;
mais, mia sennor, ja per vós sei assi:
ca non á Deus sobre vós tal poder
[per que me faça vosso ben aver].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


A 125, B 240

Edicións


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 254); Spampinato Beretta (1987: 118-119 [= LPGP 290-291]); Littera (2016: I, 323).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 102); Carter (2007 [1941]: 75); Machado & Machado (1949: I, 389-390); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 225).

Variantes manuscritas


1 Des oje-mais] <...> esoge mais A   2 Deus] a de B; se mi-a] sēha B   6 me] mj B   13 coidei] cuydei B; ou] o A   15 quis] qⁱgi B

Variantes editoriais


2 mort’e] morte Michaëlis, Spampinato Beretta   3 dé] dê Michaëlis, Spampinato Beretta, Littera   13 coidei] cuidei Littera   17 vós] vos Littera

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= Tav 160:51)

Encontros vocálicos: 2 mi-‿a; 3 mi-‿a

Notas


Texto
  • 1

    A forma oje-mais (só en 411.3, 436.18; des oje-mais en 225.1 e 8 e 420.5 e 436.1) constitúe a adaptación galego-portuguesa do frecuente provenzalismo oimais ‘de aquí en diante’.

  • 2

    A segmentación da copulativa (Michaëlis e Spampinatto Beretta manteñen a integridade de morte) semella recomendábel, pois simplifica a sintaxe do período: ‘rogarei a Deus pola miña morte e que ma envíe cedo...’.
    Ademais, e como acontece noutras ocasións, B introduce unha preposición a para introducir o CD de rogar en rogar Deus (cfr. 197.30). Véxase nota a 68.1.
    Por outra parte, é especialmente rechamante a grafía <se͂ha> de B (por <semha>) para se mi-a, onde o til de nasalidade representa unha nasal explosiva. Na realidade, ao longo do corpus rexístrase un limitado número de grafías deste tipo: se mi-a <se͂ha> B vs. <se mia> A (225.2), se mi ar <sse͂har> B vs. <ssemhar> V (377.6=r2), com’estes <cõ estes> V vs. <com estes> B (925.7), descomunal <descõunal> B vs. <descomunal> V (497.9), e meu < eu> B vs. <e meu> V (1176.16), Estava-m’en <Estauã en> B vs. <Estauam eu> V (1219.1), dona <doã> V vs. <dona> B (1237.34), dona <doã> B vs. <dona> V (1387.2), com’eu <cõ eu> B vs. <com eu> V (1593.6 [= r2]), dona <dõ a> BV (1664.3). É máis frecuente o proceso inverso: o -n- como unha marca de nasalidade vocálica (<bona> bõa, por exemplo). Cfr. nota a 25.5.

  • 13

    O feito de A ser probabelmente copiado en Castela podería explicar algúns casos de <o> por <ou>, eventuais castelanismos de copia no códice do Palácio da Ajuda: <o> ou (131.28, 225.13), <mando> mandou (162.2), <otri> outri (279.4), <uo> vou(-a) (346.1)1 ; a similar causa obedecerían as formas con aparente monotongacion de <ei> en A (acordei <acorde> A, 247.16; primeiro <pⁱmero>/<primero> A, 176.9, 196.15 e 300.13; Nogueira <noguera> A, 1235.5). Véxase tamén nota a 90.14 e 122.17.

  • 15

    A variante quigi de B faría hipermétrico o verso. Véxase nota a 186.20.

  1. ^

    En diversos contextos, o ditongo vai seguido de vogal, circunstancia que podería explicar unha redución do ditongo semellante á producida esporadicamente no encontro da P3 de pretérito dos verbos da primeira conxugación cando vai seguido de pronome (véxase Ferreiro 1999: §23b).

Buscar
    Non se atopou ningún resultado