1235a [= RM 117,6]
[N]on ést’a de Nogueira a freira que m’[en] poder ten

[N]on ést’a de Nogueira a freira que m’[en] poder ten,
mais é-x’outra fremosa a que me quer’eu maior ben,
[e] moiro-m’eu pola freira,
mais non pola de Nogueira.
[N]on ést’a de Nogue[i]ra a freira ond’eu ei amor,
mais é-x’outra fremosa a que me quer’eu mui mellor,
[e] moiro-m’eu pola freira,
[mais non pola de Nogueira].
[S]e eu a freira visse o dia que eu quisesse,
non á coita no mundo nen mingua que [eu] ouvesse,
[e] moiro-m’eu pola freira,
[mais non pola de Nogueira].
Se m’el’a min amasse, mui gran dereito faria,
ca lle quer’eu mui gran ben e punn’i máis cada dia,
[e] moiro-m’eu pola freira,
[mais non pola de Nogueira].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 

Manuscritos


A 282

Edicións


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: 559-560); Reali (1962: 173-174 [= LPGP 755]); Tavani (1988b: 352-253); Lopes (2002: 358); Littera (2016: II, 265-266).
II. Outras edicións: Carter (2007 [1941]: 166); Arbor Aldea (2016b).
III. Antoloxías: Pellegrini (1928: 10); Nemésio (1961 [1949]: 173); Piccolo (1951: 22-23); Torres (1977: 488); Alvar & Beltrán (1989: 170); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 176); Arias Freixedo (2003: 699-700); Alvar & Talens (2009: 426).

Variantes manuscritas


5 a freira] a / a freyra A   9 o dia que eu quisesse] o dia / o dia que eu quisesse A

Variantes editoriais


En Michaëlis e mais en Tavani os versos do corpo da estrofa están divididos en hexasílabos graves heptasílabos graves e octosílabos agudos conforme as estrofas.
Pola súa parte, en Lopes e Littera1 estabelécese unha versión unificada das dúas tradicións desta cantiga, aínda que segue fundamentalmente a versión dos apógrafos italianos, co acrecentamento de unha quinta estrofa procedente do texto da estrofa IV de A:

        Nom [é] est’a de Nogueira
        a freira que quero bem,
        mais é outra mais fremosa
        a que mi em poder tem.
            E mouro-m’eu pola freira
            mais nom pola de Nogueira.
        Nom [é] est’a de Nogueira
        a freira ond’eu hei amor,
        mais [é] outra mais fremosa
        a que mi quer’eu melhor.
            E mouro-m’eu pola freira
            mais nom pola de Nogueira.
        E se m’eu aquela freira
        um dia veer podesse
        nom há coita no mundo
        nem pesar que eu houvesse.
            E mouro-m’eu pola freira
            mais nom pola de Nogueira.
        E se eu aquela freira
        veer podesse um dia
        nem ũa coita no mundo
        nem pesar [nom] haveria.
            E mouro-m’eu pola freira
            mais nom pola de Nogueira.
        Se m’ela [a] mi amasse
        mui gram dereito faria
        ca l[h]e quer[o] eu gram bem
        e punh’i mais cada dia.
            E mouro-m’eu pola freira
            mais nom pola de Nogueira.

2 outra] outr’a Michaëlis   10 [eu]] om. Michaëlis, Reali, Tavani   13 m’el’a min] m’ela min Michaëlis, Tavani, Lopes   14 mui gran ben] (muy) gran ben Tavani

Paráfrase


(I) Non é a de Nogueira a freira que me ten no seu poder, mais é outra fermosa a que eu amo moito, e morro eu pola freira, mais non pola de Nogueira.

(II) Non é a de Nogueira a freira onde teño posto o meu amor, mais é outra máis fermosa a que eu mellor amo, e morro eu pola freira, mais non pola de Nogueira.

(III) Se eu a freira vise o día que eu quixese, non hai coita no mundo nin mingua que eu tivese, e morro eu pola freira, mais non pola de Nogueira.

(IV) Se me ela amase a min obraría moi xustamente, porque eu a amo moito e cada día esfórzome máis niso, e morro eu pola freira, mais non pola de Nogueira.

Métrica


Esquema métrico: 15a 15a 7’B 7’B (I-II) + 14’a 14’a 7’B 7’B (III-IV)

Encontros vocálicos: visseo di·a,o

Notas


Texto
  • *

    O estudo da composición de Pedr’Eanes Solaz realizado por Giuseppe Tavani (1988b [1969]) revela que as dúas copias (A vs. BV) responden a dúas versións da mesma cantiga: a de BV é máis conforme cos cánones tradicionais da cantiga de amor e cunha estrutura estrófica máis correcta, fronte a A, máis innovadora e cun ton máis xocoso (véxase cantiga 1235b). Para Tavani o texto do Cancioneiro da Ajuda, portador de anomalías formais e conceptuais «poderia ser uma redação –elaborada pelo próprio poeta– precedente à outra, ou o resultado de intervenções alheias». En calquera caso, as irregularidades da estrutura estrófica da versión de A solvéntanse en grande medida editando o corpo das estrofas en dous versos longos.
    A heterodoxia conceptual é común ás dúas versións e consiste en que a muller por quen morre de amor o namorado é unha freira, así como na identificación indirecta doutra freira por medio do topónimo Nogueira, para negar que sexa esa monxa o obxecto do seu desexo. 
    Para alén de que na versión de A as dúas últimas estrofas non manteñen o paralelismo formal e conceptual que si gardan nos apógrafos, a diferenza conceptual radica en que na versión de A o namorado desexaría ver a amada sempre que quixese e tamén que ela o amase, correspondendo así, xustamente, ao amor del. Na versión de BV, máis canónica, o namorado desexa simplemente poder vela un día, pois iso sería suficiente para apagar as súas coitas.

  • 1

    Nogueira refírese, probabelmente, ao antigo mosteiro de Nogueira, en Meis, na comarca do Salnés (Galiza).

  • 3

    A métrica e o espazo reservado para a letra inicial do primeiro verso do refrán, así como a súa presenza nas copias de BV (véxase 1235b), convida á reintegración da copulativa, sustentada, aliás, pola súa moi frecuente omisión por erro de copia, como mostran os abondosos casos en que algún dos manuscritos ofrece a lección correcta: A vs. B (65.29, 117.12, 165.10, 174.12 etc.), B vs. V (424.14, 1195.16 etc.), V vs. B (403.6, 1614.20 etc.). E noutros casos, a métrica e/ou o sentido indica a necesidade da recuperación da copulativa (véxase 6.14, 60.27, 103.18, 110.3 e 17, 230.5, 271.5 etc.). Cfr. nota a 42.15 e 274.19.

    Por outra parte, o verbo morrer en principio non é un verbo pronominal; porén, nas cantigas profanas detéctase ese carácter nunhas poucas pasaxes (véxase tamén 395.20, 511,7, 757.7, 758.11, 1005.11, 1065.1, 1097.9, 1235b.3, 1474.8, 1590.4). Na prosa, tamén aparece esporadicamente algún uso pronominal do verbo morrer, por exemplo nas traducións galegas da General Estoria (véxase Martínez López 1963: 34) e da Crónica de Castilla e mais da Estoria de España (véxase Lorenzo 1975: 727), na Crónica Geral de Espanha de 1344 (véxase Cintra 1952-1990: III, 266), ou na Crónica de D. João I (véxase Fernão Lopes 1994: 396).

  • 9

    Tal como no v. 5 (<a / a freyra>), o copista comezou a copiar na mesma liña e logo corrixiu e copiou na liña inferior (<o dia / o dia que...>), en dous versos curtos en vez de nun só verso longo.

  • 10

    A hipometría do verso resólvese coa restauración do pronome eu, presente en todos os segundos versos de todas as cobras. Por outra parte, a xusteza desta reintegración semella ser confirmada pola presenza do pronome na paralela redacción de BV: nen mingua que [eu] ouvesse (1235a.10) / nen pesar que eu ouvesse (1235b.10).

  1. ^

    Na versión electrónica do Projeto Littera ofrécense actualmente as dúas versións: unha ‘canónica’ a partir da versión de BV, e outra seguindo o Cancioneiro da Ajuda, máis marxinal, en nota ao v. 1 da primeira: https://cantigas.fcsh.unl.pt/cantiga.asp?cdcant=834&tr=4&pv=sim [consult. 06-03-2022].

Buscar
    Non se atopou ningún resultado