995 [= Tav 155,5]
Non perç’eu coita do meu coraçon

Non perç’eu coita do meu coraçon
cuidando sempr’en quanto mal me ven
por ũa dona que quero gran ben;
e sei ja esto, se Deus me perdon:
que nunca Deus gran coita quiso dar
senon a quen El fez moller amar
com’a min fez, ca, des que eu naci,
nunca vi om’en tal coita viver
com’eu vivo per moller ben querer;
e sei ja esto que passa per mí:
que nunca Deus gran coita quiso dar
[senon a quen El fez moller amar]
com’a min fez, mui coitado d’amor
e d’outras coitas grandes que eu ei;
e, pois eu ja toda-las coitas sei,
d’ũa cousa sõo ben sabedor:
que nunca Deus gran coita quiso dar
[senon a quen El fez moller amar]
com’a min fez, e nunca me quis dar
ben dessa dona que me fez amar.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20

Manuscritos


A 298, B 992, V 580

A fiinda só aparece no Cancioneiro da Ajuda.

Edicións


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: 596-597 [= LPGP 973]); Littera (2016: II, 549).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 208); Braga (1878: 111-112); Carter (2007 [1941]: 174-175); Machado & Machado (1953: IV, 381); Arbor Aldea (2016b).
III. Antoloxías: Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 237).

Variantes manuscritas


1 Non] on A; coraçon] coracon B   3 me ven] om. B; me] mi V   3 por ũa dona] <    > B : om. V   4 ja] la V; me] mj B : mi V   5 gran coita quiso] muy g̃m coyta qi\s/ B : muy gran coyta qis V   7 com’a min fez] Como a mj̄ faz B : Como amin faz V; ca] que B : q̅ V; des que eu] desquando B : desquādo V   8 om’en tal coita viver] home tal coita sofrer BV   9 com’eu vivo per] Como sofro pe B : comeu sofro pe V   10 mí] mj̄ B : min V   13 com’a min fez] Comel faz mj̄ B : Comel faz min V   14 grandes] muytas B : muyta V   15 toda-las] codalas B   16 sõo] soon B; sabedor] fabedor B   19-10 om. BV

Paráfrase


(I) Non perdo eu a coita do meu corazón matinando sempre en canto mal me vén por causa dunha dama que amo moito; e sei unha cousa, e que Deus me perdoe: que nunca Deus quixo dar unha gran coita senón a quen El lle fixo amar unha muller (II) como me fixo a min, pois, desde que eu nacín, nunca vin a ninguén vivir en tal coita como eu vivo por amar unha muller; e sei xa, por propia experiencia, que pasa isto: que nunca Deus quixo dar unha gran coita senón a quen El lle fixo amar unha muller (III) como me fixo a min, moi coitado de amor e doutras moitas grandes coitas que eu teño; e, xa que eu coñezo todas as coitas, dunha cousa estou ben certo: que nunca Deus quixo dar unha gran coita senón a quen El lle fixo amar unha muller (1) como me fixo a min, e nunca me quixo dar recompensa desa dama que me fixo amar.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= Tav 160:240) + 10c 10c

Notas


Texto
  • *

    Esta composición é unha cantiga ateúda atá a fiinda, con ligazón sintáctico-discursiva entre todas as súas estrofas, incluída na relación de cantigas ateúdas confeccionada por Gonçalves (2016 [1993]: 269-270).
    Por outro lado, esta cantiga presenta algunhas variantes notábeis, aínda que non afectan ao contido, entre o cancioneiro da Ajuda e os apógrafos italianos.

  • 5

    A versión transmitida polos cancioneiros italianos modula lingüisticamente o texto, mais mantén o equilibrio métrico, pois fronte á opción por quis (vs. quiso), introduce o adverbio mui: que nunca Deus gran coita quiso dar A vs. que nunca Deus mui gran coita quis dar BV.

  • 7

    Á inversa da variación que se produce noutras pasaxes (véxase nota a 130.10), neste verso aparece tamén unha diferente opción temporal entre o Cancioneiro da Ajuda, que ofrece a forma verbal de pretérito fez, fronte ao presente (histórico) faz (talvez un erro de copia), no Cancioneiro da Biblioteca Nacional e no da Vaticana (véxase tamén 200.17, 307.8, 419.19, 982.10, 982.24, 995.7 e 13).
    Por outra banda, e a teor dos datos subministrados polos cancioneiros, as conxuncións que e ca son intercambiábeis tanto en función causal como completiva ou integrante. En liñas xerais, existe certa preferencia por ca en A (fronte a BV), tal como acontece neste verso: 66.6, 84.15, 92.27, 94.20, 142.28, 166.23, 167.18, 170.10 e 27, 177.14, 178.24, 179.19 e 26, 249.5, 276.r2, 317.16, 320.8, 355.3, 430.13, 812.3, 980.8, 981.19 e 26, 984.6, 995.7. Mais tamén encontramos a preferencia inversa (que A, ca B): 68.19, 84.6, 94.20, 221.9. E, finalmente, aínda entre os propios apógrafos italianos se encontra tal variación: ca B vs. que V (725.22 e 1102.5) e mais nas cantigas 655.14 e 984.r2 en que a primeira versión presenta ca face á segunda con que1 .
    Neste verso tamén se percibe novamente (cfr. nota ao v. 5) a variación lingüística e o reequilibrio métrico entre as dúas pólas da tradición manuscrita da lírica galega: des que eu naci A vs. des quando naci BV.

  • 8-9

    Nótase a equivalencia ‘semántica’ viver = sofrer a teor das leccións transmitidas polos tres principais códices.
    No Cancioneiro da Ajuda:
              nunca vi om’en tal coita viver
              com’eu vivo per moller ben querer
    En BV:
              nunca vi ome tal coita sofrer
              como sofro por molher ben querer.

     

  1. ^

    Resultan tamén significativas algunhas correccións e/ou vacilacións, como as de 530.4 (<(qu) ca> B) e 1450.17 (<ca que> B, <ca q̄> V), así como o erro de copia de A en 414.r1 (<que / ca> A, <q̄> B, <que> V).

Buscar
    Non se atopou ningún resultado