634 [= Tav 30,23]
Ora, senhor, tenho muit’aguisado

Ora, senhor, tenho muit’aguisado
de sofrer: coit'é grand’e gran desejo,
pois, d’u vós fordes, eu for alongado
e vos non vir como vos ora vejo;
e, mia senhor, est’é gran mal sobejo
meu e meu gran quebranto:
seer eu de vós, por vos servir quanto
posso, mui desamado.
Desej’e coita e gran soidade
conven, sen[h]or, de sofrer toda via
pois du vós fordes i e gran beldade
voss’eu non vir, que vi en grave dia;
e, mia sen[h]or, en gran ben vos terria
de me darde-la morte
ca de viver eu en coita tan forte
e en tal estraidade.
Non fez Deus par a desejo tan grande
nen a qual coita sofro i, des u me
partir de vós, ca, per u quer que ande,
non quedarei ar, meu ben e meu lume,
de chorar sempre; e con mui gran queixume
maldirei mia ventura,
ca de viver eu en tan gran tristura
Deus Senhor non no mande!
E queira El, senhor, que a mia vida,
pois per vós é, cedo sej’acabada,
ca pela morte me sera partida
gran soidad’e vida mui coitada:
de razon é d’aver eu desejada
a morte, pois entendo
de chorar sempre e andar sofrendo
coita desmesurada.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 
 
 
 
30
 
 

Manuscritos


B 619, V 220

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 221-223); Pagani (1971: 77-78 [= LPGP 257-258]); Littera (2016: I, 255).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 86); Braga (1878: 44); Machado & Machado (1952: III, 270-271).

Variantes manuscritas


2 grand’e gran] g̃ra d eg̃ra B   3 fordes] tordes V   4 ora] (gra) ora V   5 gran]  g̃ra B   6 e] & B : et V; quebranto] q̄ branco B   9 Desej’] De leg V; gran] g̃ra B   11 gran] g̃ra B   13 mia] ma V; gran]  g̃ra B   16 e] Et B   18 qual] q̄l V; sofro i] sofrey B : sofrei V   19 per] p V   21 gran] g̃ra B   23 gran] g̃ra B   24 Senhor] senʳ V   25 senhor] senʳ V   28 soidad’e] soidado e V   31 sempre] senp̃r V

Variantes editoriais


2 de sofrer: coit’é grand’e gran desejo] de sofrer coita grand’e gran desejo Nunes, Pagani, Littera   3 d’u] du Nunes, Pagani   5 est’é] éste Littera   6 e] et Pagani   9 e gran] e [mui] gram Littera   11 du] d’u Littera; e] a Nunes, Pagani, Littera   16 e] et Pagani; estraidade] estraĩdade Littera   18 sofro i] sofrerei Nunes : sofre[re]y Pagani : sof’rei Littera  21 sempre; e] sempr’e Nunes   22 maldirei] mal direy Pagani   24 non no] non’o Littera   28 soidad’] soidad[e] Littera

Métrica


Esquema métrico: 10’a 10’b 10’a 10’b 10’b 6’c 10’c 6’a (I-III [= Tav 92:1]) + 10’a 10’b 10’a 10’b 10’b 6’c 10’c 6’b (IV)

Encontros vocálicos: 9 so·i·da·de; 21 sempre;‿e; 28 so·i·da·d(e)

Notas


Texto
  • 2

    A lección <coit e> de BV condiciona o texto que presentamos, sen introducir a emenda que todos os editores realizaron por suporen un erro <e>/<a>, que, certamente, subministra unha lectura e interpretación ben acaída ao contido da estrofa e da cantiga (e paralela ao inicio da estrofa II):
             Ora, senhor, tenho muit’aguisado
             de sofrer coita grand’e gran desejo
    .

  • 3

    Para a correcta interpretación da cantiga convén notar que pois no v. 3 é conxunción temporal e introduce fordes (‘despois que, ..., eu for alongado...’), mentres que no v. 11 pois é adverbio temporal equivalente a ‘despois’ (‘sofrer de calquera maneira despois mentres vós fordes...’).

  • 5

    É lexítima a lección éste de Littera, sen segmentación.

  • 7

    Nótese a estrutura verbal conviir + a + infinitivo, en liña coa necesaria presenza do nexo preposicional (a ou de) cando a forma conxugada de conviir vai seguida de infinitivo, de xeito que só está ausente o nexo cando o infinitivo vai anteposto: pois m’escolher conven (377.19), perfiar me conven! (1337.21), colher non conven (1679.8). Véxase Glosario, s.v. conviir.

  • 9

    Talvez a introdución de gran en Littera se deba a non considerar tetrasilábica a voz soidade, feito que explica que no v. 28 restaurase a vogal final desaparecida por crase.

  • 11

    A distinción entre d’u ‘de onde’ e du ‘cando’ parte de Huber (1986: §482) e foi retomada por Giuseppe Tavani na edición de Airas Nunez (1992 [1963]). Presenta poucos rexistros na lírica profana (323.13, 564.13, 634.11, 864.2) e comparte nunha ocasión nas Cantigas de Santa Maria:

              O ben que perdeu Eva
              du perdeu parayso,
              cobrou Santa Maria
              pelo seu mui bon siso (CSM 320.20).

  • 13

    En principio, ma é tamén unha forma correcta para o posesivo átono feminino (véxase nota a 104.18). Porén, débese advertir que, en xeral, a forma ma é produto dun erro de copia, como mostran as varias leccións <m\h/a> ou <m\h/as> dos apógrafos italianos: 599.13, 678.8, 966.8, 984.1, 1009.1, 1297.1. Para alén disto, en xeral a forma ma(s) aparece só nun dos cancioneiros, fronte aos restantes testemuños manuscritos coa forma <mia> ou <mha>: B vs. A (190.r1 na estrofa II, 197.9), AB vs. V (403.14, 404.1), V vs. B (505.3, 506.13 e 21, 554.10, 556.9, 557.17, 604.r2, 605.4 e 10, 609.1625.1, 636.1, 794.9, 859.3, 887.5 e r1 nas estrofas I-III, 966.8, 970.12, 992.3, 1000.16, 1002.r2 na estrofa III, 1165.r2 na estrofa I, 1453.4 e 7, 1457.3, 1459.r1 e r2 na estrofa II, 1468.1, 1469.2, 1470.6, 1483.r), AV vs. B (887.5 e r1 nas estrofas I-III), e B vs. V (548.5, 632.1, 634.13, 645.9, 690.1, 1363.r2 na estrofa II).

  • 13-16

    Xulgamos que o único modo de interpretarmos o período reside en considerar gran (v. 13) como equivalente de ‘maior’, para que, dese xeito, funcione como primeiro elemento da estrutura comparativa (gran ben ... ca = maior ben ... ca).

  • 16

    A voz estraidade (cfr. estraiadade na lección de B, talvez por erro) ‘estrañeza, afastamento’, procedente dunha formación a partir de extraneus, do tipo *extraneitātem, só reaparece outra vez co mesmo sentido e coa forma estraiade en Joan Soarez Coelho (282.15).

  • 18

    Tendo en conta a lección <sofrei> dos manuscritos, sofro i é emenda máis axustada do que sofr[er]ei, coa consideración do banal erro <e>/<o> e cun tempo presente axeitado ao contexto. 

  • 18-21

    Nótese a rareza da rima u me (con lume, v. 20, e queixume, v. 21), que engloba dous elementos lingüísticos totalmente independentes, do mesmo modo que na cantiga 1334.15-21 (ten o - pequeno - neno), e de forma similar, con verbo + clítico, nas cantigas 292.14-16 (soo - doo - negó-o), 443.7-9 (vi-as - dias - dirias), 807.8-14 (vi-a - averria - querria) e 1236.15-19 (dia - vi-a), 1343.r1-r2 (Alho - dá-lho) e 1344.25-31 e 26-32 (pao - dá-o - vao - mao; paa - dá-a - vaa - maa).

  • 20

    Neste verso aparece unha das escasas posposicións verbais da partícula ar ~ er, que, de regra, vai anteposta inmediatamente ao verbo correspondente (tamén en 105.14, 1434.6, 1507.17 e 1617.29). De todos os xeitos, nótese que a rara posposición de ar permite o acento tónico na 4ª sílaba do verso, tal como acontece en todos os versos decasilábicos desta cantiga.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado