179 [= Tav 125,40]
Que alongad’eu ando d’u iria

Que alongad’eu ando d’u iria,
se eu ouvesse aguisado d’ir i,
que viss’a dona que veer querria
(que non visse, ca por meu mal a vi!),
de que m’eu mui sen meu grado parti
e mui coitad’, e fui-s’ela sa via,
e fiquei eu, que mal dia naci!
E que preto que mi a min d’ir seria
u ela é, pero long’é d’aqui,
se soubesse que veer poderia
ela, que eu por meu mal dia vi,
ca, de-lo dia en que a connoci,
sempre lle quige mellor toda via
e nunca dela niun ben prendi!
Non ll’ousei sol dizer como morria
por ela nen llo diz outre por mí,
e con mia morte ja me prazeria,
pois non vej’ela, que por meu mal vi,
ca máis val morte ca morrer assi
com’oj’eu vivo, e Deus, que mi-a podia
dar, non mi-a dá nen al que ll’eu pedi.
E por qualquer destas me quitaria
de mui gran coita que sofr’e sofri
por ela, que eu vi por meu mal dia,
máis fremosa de quantas donas vi;
direi-a ja, ca ja ensandeci:
Joana ést’, ou Sancha, ou Maria
a por que eu moiro e por que perdi
o sén; e máis vos end’ora diria:
Joan Cõello sabe que é ‘ssi.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 
 
 
 
30

Manuscritos


A 89, B 193

Ediciones


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 189-190); Blasco (1984: 99-100 [= LPGP 832-833]); Marcenaro (2012b: 168-169); Correia (2016: 86-88); Littera (2016: 344-345).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 82-83); Carter (2007 [1941]: 54-55); Machado & Machado (1949: I, 314-315); Fernández Pousa (1953: 9); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 179).
III. Antoloxías: Nemésio (1961 [1949]: 101-102); Torres (1977: 112-113); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 191); Diogo (1998: 86-87); Arias Freixedo (2003: 747-748).

Variantes manuscritas


1 alongad’] alogad A   2 aguisado] guisado B   3 querria] q̄ria B   6 fui] foy B   8 mi a min] mhe amj̄ B   9 long’é] loge A   10 soubesse] soubesseu B   13 lle quige mellor] lhi qⁱs muj melhor B   14 niun] nenhū B   15 Non ll’ousei] Nenlhi ousei B; morria] morreia A : moiria B   16 diz outre] diz’ out’m B; por mí] por mim A   17 morte] mort A; me] mj B   19 ca morrer] q̄ uiuer B   20 com’oj’eu vivo, e] comoie uyue B   25 donas] dona[*] B   26 Direi-a ja, ca ja ensandeci] edireyo q̄ia ensandeci B   27 ou Sancha, ou Maria] e Sancha e Maria B   28 a por que eu moiro e por que] a por q̄ eu moyre a pʳ q B   30 Cõello] coelho B; é ‘ssi] e sy A : e assy B

Variantes editoriales


2 ouvesse] ouvess(e) Michaëlis   6 fui] foi Correia, Littera   9 long’é] longe Marcenaro   12 en] (e)n Michaëlis   14 niun] nẽum Littera   16 mí] mi[n] Blasco : min Michaëlis, Marcenaro, Correia   19 morrer] viver Michaëlis, Marcenaro, Correia   20 oj’eu vivo, e] oje viv’ e Correia   26 direi-a ja, ca] direia, ja ca Marcenaro : E direi-o ja Correia   28 moiro] moir(o) Michaëlis   29 vos] vos Michaëlis : vus Blasco   30 Cõello] Coelho Correia; é ‘ssi] é sy Blasco : é si Marcenaro : é ‘si Littera

Métrica


Esquema métrico: 4 x 10’a 10b 10’a 10b 10b 10’a 10b + 10’a 10b (= Tav 83:1)

Encontros vocálicos: 2 ouvesse‿aguisado; 8 mi‿a; 12 di·a‿en; 20 vivo,‿e, mi-‿a; 21 mi-‿a; 28 moiro‿e

Notas


Texto
  • 2

    A coexistencia das variantes aguisado ~ guisado é normal no corpus (véxase 317.4, coas leccións desguisado e desaguisado a convivir), resolvéndose neste caso a contaxe métrica coa sinalefa ouvesse‿aguisado a partir do texto transmitido polo Cancioneiro da Ajuda.

  • 4

    Neste verso aparece a frase exclamativo-desiderativa, de carácter parentético, que non + pretérito de subxuntivo. Repetida ao longo do corpus sempre coa mesma fórmula, mostra especial preferencia polos verbos veer e nacer (véxanse 41.3, 178.17, 270.20, 610.15, 621.3, 647.15, 911.9, 1099.10 e 17, 1170.r2, 1412.10).

  • 6

    Do mesmo modo que a forma foi pode ser P1 de pretérito de seer (e de ir), tamén fui aparece esporadicamente como forma de P3 (sen efecto metafónico, por tanto, ou con xeneralización analóxica de unha ou outra persoa): a pesar de que en xeral se estabelece unha oposición P1 / P3, fui (< fŭī) / foi (< fŭĭt), pola acción metafónica de -ī final nalgúns pretéritos fortes (cfr. tamén fiz vs. fez, sive vs. seve, tive vs. teve etc.), foi pode ser resultado de P1, o mesmo que fui de P3.

  • 9

    Marcenaro non segmenta en longe a forma verbal é, necesaria no contexto.

  • 11

    Ela (tamén no v. 18) é complemento directo: na lingua trobadoresca as formas pronominais tónicas oblicuas poden funcionar como CD e CI sen preposición.

    Neste verso véxase de novo a construción por meu / seu mal dia ‘pola miña / súa desgraza’, que moi limitadamente se localiza no corpus trobadoresco (só se rexistra en 4.4, 172.28 1210.2 e 1252.28), onde é moitísimo máis frecuente por meu mal, por seu mal etc.

  • 13

    A P1 do pretérito indicativo de querer é maioritariamente quis, aínda que a lingua trobadoresca presenta tamén a variante palatalizada quige ~ quigi, produto da acción palatalizadora do -ī final longo latino (e de modo similar, fige, puge etc.) (véxase Ferreiro 2016a: 129-130). Para alén da xeral variación -e/-i (A/BV) na P1 dos pretéritos fortes (véxanse tamén 226.r2, 901.21), neste verso comprobamos como B mantén a forma xeral quis co acrecentamento de mui para evitar problemas de contaxe métrica.

  • 19

    A lección de B, viver, semella unha lectio facilior, aínda que morrer podería constituír un lapso de copia en A, inducido por morte. Así pois, damos preferencia á lección de A porque se pode interpretar que, no xogo de pares antitéticos da cantiga, ‘vivir así’ é ‘morrer’: «[no v. 19] o elemento paradoxal consiste en darlle preferencia a un termo entre dous aparentemente iguais (mais val morte ca morrer assi), mentres que no v. 20 o concepto consiste na identificación de dous termos antagónicos: (morrer assi) com’oj’eu vivo. Vivir así, logo, é peor ca morrer» (Arias Freixedo 2003: 749). Isto é, ‘vale máis a morte que vivir morrendo’.

    Por outra parte, a teor dos datos subministrados polos cancioneiros, as conxuncións que e ca son intercambiábeis tanto en función causal como completiva. En liñas xerais, existe certa preferencia por ca en A (fronte a BV): 66.6, 84.6 e 15, 92.27, 94.20, 142.28, 166.23, 167.18, 170.10 e 27, 177.14, 178.24, 179.19 e 26, 249.5, 276.r2, 317.16, 320.8, 355.3, 430.13, 812.3, 980.8, 981.19 e 26, 984.6, 995.7. Mais tamén encontramos a preferencia inversa (que A, ca B): 68.19, 84.6, 94.20, 221.9. E, finalmente, aínda entre os propios apógrafos italianos se encontra tal variación: ca B vs. que V (725.22 e 1102.5) e mais nas cantigas 655.14 e 984.r2 en que a primeira versión presenta ca face á segunda con que1 .

  • 27

    Joana, Sancha e Maria, como posíbeis nomes da senhor (a súa enunciación constitúe unha ruptura da norma do código cortés e do segredo trobadoresco) volverán aparecer nas cantigas 197, 198 e 199, tamén de Pero Garcia Burgales.

  • 30

    Resulta significativo comprobar a existencia da aférese de assi no encontro coa forma verbal é (véxanse tamén 218.8, 246.15, 258.22, 284.16, 374.5, 511.5, 893.23), que convive coa sinalefa é‿assi (509.7, 808.9, 1110.5, 1224.14, 1569.32; só existe hiato en 754.4) e co xeral ést’assi para evitala, co recurso á variante éste (cfr. nota a 88.10). En calquera caso, non existe unha dupla forma assi / si para o adverbio (véxase sy e si en Blasco e Marcenaro, respectivamente), senón que ‘ssi é produto dunha aférese.

  1. ^

    Resultan tamén significativas algunhas correccións e/ou vacilacións, como as de 530.4 (<(qu) ca> B) e 1450.17 (<ca que> B, <ca > V), así como o erro de copia de A en 414.r1 (<que / ca> A, <> B, <que> V).

Buscar
    Sin resultados