I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 422-423 [= LPGP 302]); Littera (2016: I, 333).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 141); Carter (2007 [1941]: 128); Machado & Machado (1950: II, 172); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018b: III, 355).
III. Antoloxías: Nemésio (1961 [1949]: 183).
1 morrer] moirer B 2 máis] mas A; me] om. B 3 ca] que B 4 cuidan máis end’] euydam en mays B 5 -me muito porque non saben ren] mi muyto deque non sa<...> B 6 de que] de (i)comeu B; quen] que B 8 m’eu sei eno meu coraçon] eu sei nomen coracō B 9 mas] mays B; moir’, assi Deus me] moyra se ds̄ mi B 10 viveren, pois eu] hi uyuem pois en en B 11 me] mi B; porque] de que A 13 choravan] chorā B 14 me] men B 15 ũa] uħa B 16 mi-o] o B 17 me] mi B 19 ben tenno que me] be tenheu q̄mj B 20 forçou meu] forcou o B
15 ũa] ua Littera 19 tenno] tenh’eu Littera 20 mia] mi-a Michaëlis
Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C + 10c 10c (= Tav 160:56)
Encontros vocálicos: 3 -mi-‿o; 16 mi-‿o
A teor dos datos subministrados polos cancioneiros, as conxuncións que e ca son intercambiábeis tanto en función causal como completiva. En liñas xerais, existe certa preferencia por ca en A (fronte a BV): 66.6, 84.6 e 15, 92.27, 94.20, 142.28, 166.23, 167.18, 170.10 e 27, 177.14, 178.24, 179.19 e 26, 249.5, 276.r2, 317.16, 320.8, 355.3, 430.13, 812.3, 980.8, 981.19 e 26, 984.6, 995.7. Mais tamén encontramos a preferencia inversa (que A, ca B): 68.19, 84.6, 94.20, 221.9. E, finalmente, aínda entre os propios apógrafos italianos se encontra tal variación: ca B vs. que V (725.22 e 1102.5) e mais nas cantigas 655.14 e 984.r2 en que a primeira versión presenta ca face á segunda con que1 .
Nestes versos e mais nos vv. 10-12 detéctase a frecuente concordancia ad sensum de moitas pasaxes das cantigas, neste caso provocado polo enlace entre a estrofa e o refrán: ‘e (d)os que cuidan...’. E no v. 10 volve acontecer o mesmo, coa reiterada omisión da preposición de: ‘e (d)os que viveren...’. Véxase nota a 250.3-4.
Nótese o hipérbato nestes dous versos: ‘avia pavor de m’entenderen / o que m’eu sei ...’.
As diverxentes leccións de A e B mostran a dupla posibilidade sintáctica de utilización de futuro de subxuntivo ou, alternativamente, presente indicativo en cláusulas subordinadas relativas con sentido condicional. Ademais, neste caso B nivelou metricamente o verso coa inclusión do adverbio i para compensar a sílaba perdida co uso do presente (viveren / i viven).
Enténdase: ‘como é un asunto entre eu e Deus / práceme moito ...’.
É lexítimo deglutinar mi a (pronome persoal + artigo), tal como Michaëlis fixo, e fixar un texto porque mi a coita forçou meu sén (= porque a coita mi forçou meu sén).