4 [= Tav 157,18]
Don Amor, eu ca[n]t’e choro

Don Tristan.

Don Amor, eu ca[n]t’e choro
e todo me ven d’ali,
da por que eu cant’e choro
e que por meu mal dia vi.
E pero se a eu oro
mui gran dereito faç’i,
ca ali u eu Deus oro
sempre lhe peç’e pedi
ela; e, pois eu demoro
en seu amor, por Deus, de mí
aja mercee, ca, se demoro
en tal coita, perder-m’-ei i.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 

Manuscritos


B 4, L 4

A rúbrica de B foi copiada por Colocci no final da composición.

Edicións


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 635 [= LPGP 983]); Amaral (2006: 74-75); Lorenzo Gradín (2013: 7 [rúbrica]); Littera (2016: II, 558).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 8); Machado & Machado (1949: I, 39); Rios Milhám (2017: I, 4).
III. Antoloxías: Nemésio (1961 [1949]: 221); Fidalgo (2009a: 226).

Variantes manuscritas


Rúbrica. Don] D-m L

Texto. 1 ca[n]t’e choro] catechoro B : cathechoro L   4 e que] eu q̄ L; vi] ny L   5 se a eu oro] se a -- or- L   6 mui gran dereito faç’i] muy ---d-reyto1 facy L   7 Ca aly hu eu dō oro B : ca alj hu eu -- -ro L   8 sempre lhe] s---relhe L   10 por Deus, de mí] \por deꝯ demi/2 (Por deꝯ demī)3   11 aja mercee, ca, se demoro] Aia m̅çeē casse4 eu demoro B : aia mercee casse eu demoro L

Variantes editoriais


Rúbrica. Don Tristan om. Michaëlis, Littera

Texto. 1 Don amor] D’un amor Amaral   2 todo me] tod’o [mal] me Littera   4 que] om. Michaëlis   6 faç’] faç[o] Littera   7 ca ali u eu Deus oro] [c]a ali u [a] eu oro Michaëlis   8 peç’] peç[o] Littera   9 ela; e] [que] ela Littera   11 mercee, ca] mercê Littera; se] s’eu Michaëlis : se eu Amaral

Paráfrase


(I) Don Amor, eu canto e choro por unha única razón, a dama pola que canto e choro e á que vin para o meu mal.

(II) E fago ben en pedir por ela, porque cando oro a Deus sempre lle pedín e pido (III) ela; e, xa que fico nese amor, por Deus, teña misericordia de min, pois, se continúo con estes sufrimentos, estarei condenado.

Métrica


Lai, cantiga de mestría. O texto está constituído por tres estrofas unissonans de catro heptasílabos, sendo o primeiro e o terceiro graves e os outros dous agudos.

Esquema métrico: 3 x 7'a 7b 7'a 7b (= Tav 57:5; cfr. Tav 57:1)

Encontros vocálicos: 3-4 choro‿e; 9-10 demoro‿en; 10-11 mí‿aja; 11 mer·cee; 11-12 demoro‿en

Notas


Texto
  • *

    O texto adapta libremente, igual que acontece co terceiro lai, o poema do Tristan en prose D’Amours vient mon chant et mon plor (véxase Lorenzo Gradín 2013: 2, e bibliografía citada, en particular, Michaëlis 1900-1901: 14-16, 18-19; 1904: I, 635; II, 480-481, 493-494).
    Canto á edición de Littera, caracterízase pola intromisión textual por tentar adaptar o lai a unha medida que combinaría versos heptasilábicos graves con octosílabos agudos.

  • 1

    Aínda que non localizamos nunca Amor co tratamento de Don na produción galego-portuguesa5 , a lección unánime dos manuscritos aconsella manter o seu texto, por máis que o orixinal francés sexa D’Amours vient... (cfr. supra). En calquera caso, Don Amor lembra unha fórmula como Don Abade, extraordinariamente frecuente ao longo da Idade Media na documentación notarial (múltiplas ocorrencias no CGPA, s.v. Don Abade, con variantes gráficas don ~ dom ~ , abade ~ abbade).

  • 4

    Michaëlis expunxiu que para regularizar a métrica do verso. No entanto, a episinalefa (isto é, a sinalefa entre a vogal final do verso e a vogal inicial do seguinte) é unha situación que se produce con relativa frecuencia no corpus e que evitaría a emenda introducida no texto: choro‿/‿e. Deste xeito, tamén a medida da estrofa terceira é regular a partir das episinalefas demoro‿/‿en (v. 10), mí‿/‿aja (v. 11) e demoro‿/‿en (v. 12).
    Por outra parte, é de sinalar a construción por meu / seu mal dia ‘pola miña / súa desgraza’, que moi limitadamente se localiza no corpus trobadoresco (só se rexistra en 172.28, 179.11 e 24, 1210.2 e 1252.28), onde é moitísimo máis frecuente por meu mal, por seu mal etc.

  • 5

    A locución conxuntiva e pero, de valor concesivo (‘aínda que’), é de uso regular ao longo de corpus –cómpre sinalar, non obstante, que en bastantes ocasións é posíbel optar entre e pero ou a secuencia de copulativa + adversativa (e, pero).
    Nótese o uso transitivo de orar (Deus), co sentido de ‘pedir a, suplicar a, implorar a’ (tamén no v. 7). Como verbo transitivo (só reaparece en 832.6), orar significa ‘pedir, suplicar, implorar’.

  • 7

    O sentido aconsella realizar a corrección <dõ> = deus (xa presente en Pellegrini), un erro que tamén se localiza en V na cantiga 1168.5 (Deus <ds̄> B, <dõ> V) e que reitera a confusión <s>/<o> que se detecta en diversas pasaxes do Cancioneiro da Vaticana: 1175.11 (muitos <ø> B, <misioo> V), 1336.2 (vos <Vos> B, <uoo> V), 1341.15 (máis <mays> B, <may o> V).

  • 9

    En función de complemento directo, o pronome ela, como as restantes formas pronominais tónicas oblicuas (mí ~ min, ti, nós, vós, el ~ ela), pode aparecer sen preposición, como forma libre, con algunha frecuencia na lingua trobadoresca. Cfr. nota a 10.1.
    O verbo demorar (tamén no v. 9) só se rexistra noutra ocasión dentro do corpus trobadoresco profano: E digan-lhi por mí que non tenha / que lho eu vou por mal demorando (1038.8).

  • 10-12

    Do punto de vista da métrica regular, estes versos presentan problemas de medida. Para Carolina Michaëlis, a regularización métrica pasaría por tratar «as linhas impares como primeiros hemistichios de uma Langzeile», facendo «elisão da ultima vogal metatonica de choro e demoro, –procedimento muito singular, porque destruiria a rima, mas do que, ainda assim, ha exemplos, nas Cantigas de Santa Maria e em textos do sec. XVI (Crisfal)» (Michaëlis 1900: 36, n. 60; 1990 [1904]: I, 635)– e por introducir, nalgún caso, outro tipo de correccións no interior do verso. En concreto, e para o v. 10, propón, en 1900, considerar espuria a forma por dos manuscritos, editando ese verso como (E pois eu demoro /) en seu amor, (por) Deus de mi / (aja mercee); por outra parte, e para o v. 11, tanto na edición de 1900 como na de 1904, dona Carolina practica a elisión vocálica da conxuncion condicional se (s’eu), elisión que contradí o texto manuscrito, o funcionamento do mesmo nexo no v. 5 desta cantiga e tamén o funcionamento da conxunción no conxunto da lírica profana galego-portuguesa (véxase Ferreiro 2013b). Na realidade, para a correcta medida destes versos, só é necesaria a expunción do pronome eu no verso 11, que con frecuencia aparece espuriamente introducida no texto: así se verifica nos apógrafos italianos (B vs. A: 74.5, 85.16, 177.9, 282.10306.9; BV vs. A: 420.14 e 17; V vs. B: 1597.1), mais tamén, por exemplo, nunha ocasión en A (vs. B), en 228.7. A partir desta expunción, os tres versos presentan episinalefa de unión, xunto coa medida bisilábica de mercee (acorde co carácter tardío dos lais) e mais a sinalefa final no v. 12 (véxase, tamén, ei‿i en 734.20).

  1. ^

    Do grafema <d> fican restos.

  2. ^

    Este segmento textual foi acrecentado na marxe do verso, unha vez escrita e anulada cun trazo de pluma a liña de texto seguinte. Ademais, marcouse cunha liña ondulada relacionante a pertenza da lección riscada a este verso. Debeu ser Colocci o responsábel desta operación.

  3. ^

    Riscado por Colocci (véxase a nota precedente).

  4. ^

    É dubidosa a lectura do último grafema deste vocábulo.

  5. ^

    Mais é ben coñecido o personaxe Don Amor na literatura castelá medieval, como se mostra no Libro de Buen Amor de Juan Ruiz, Arcipreste de Hita.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado