284 [= Tav 79,36]
Meus amigos, quero-vos eu mostrar

Meus amigos, quero-vos eu mostrar
com’eu querria ben da mia sennor,
e non mi valla ela nen Amor
nen Deus se vos verdade non jurar:
ben querria que me fezesse ben,
pero non ben u perdesse ela ren.
E máis vos direi: o que pod’e val
me non valla se querria viver
eno mundo nen niun ben aver
dela, nen d’outri, se fosse seu mal:
ben querria que me fezesse ben,
[pero non ben u perdesse ela ren],
ca mi semella cousa sen razon;
pois algun ome máis ama moller
ca sí nen al, seu ben por seu mal quer,
e por aquest’é ‘ssi meu coraçon:
ben querria [que me fezesse ben,
pero non ben u perdesse ela ren].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


A 177, B 328

Edicións


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 350 [= LPGP 540-541]); Correia (2001: 467); Littera (2016: I, 607).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 120); Carter (2007 [1941]: 106); Machado & Machado (1950: II, 78-79); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 284).
III. Antoloxías: Alvar & Beltrán (1989: 304); Sansone (1990: 248).

Variantes manuscritas


2 querria] queiria B   3 mi] om. A   4 Deus] tu B; vos] uos A   5 ben] en A; querria que me] queiria quemj B   6 perdesse ela] perdessela B   7 vos] uos A   8 querria] queiria B   9 niun] nē hnn B   10 d’outri] dotri A : dont’m B   11 ben querria que me] Nen queiria quemj B   13 ca mi] E ami A; cousa] consa B   16 ben querria] Nen queiria B

Variantes editoriais


1 vos] vus Michaëlis   3 e] se Littera   4 vos] vus Michaëlis   6 perdesse ela] perdess(e) ela Michaëlis : perdess’ela Correia, Littera   7 vos] vus Michaëlis   9 niun] nẽum Littera   10 outri] outrem Littera   12 perdesse] perdess(e) Michaëlis : perdess’ Littera   13 ca mi] E a mi Michaëlis, Correia, Littera   15 seu] se Michaëlis   18 perdesse] perdess(e) Michaëlis : perdess’ Littera

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= Tav 160:139)

Encontros vocálicos: 6 perdesse‿ela; 12 perdesse‿ela; 18 perdesse‿ela

Notas


Texto
  • 7

    O que pod’e val é fórmula elusiva de Deus, que ao longo do corpus aparece moitas veces así cualificado: par ~ por Deus, que pod’e val (188.30, 515.9, 801.8, 1034.4); leve-os Deus cedo, que pod’e val (195.35); E pero Deus é o que pod’e val (230.15); mas rog’a Deus Senhor, que pod’e val (285.3); Pero ben sabe Deus, que pod’e val (855.8); faça-vos Deus ledo, que pod’e val (1192.9).

  • 10

    A errada lección <otri>, co lapso <o>/<ou> (cfr. nota a 122.17), é a mesma que xa aparece noutra cantiga de Joan Soarez Coelho, por tanto nas dúas únicas ocorrencias de outri (vs. outre). Véxase nota a 65.32. Cfr. nota a 279.4.

  • 13

    A lección do Cancioneiro da Ajuda, conservada en todas as edicións desde Michaëlis e seguida por Correia e Littera, resulta hipermétrica, xa que non é posíbel resolver en sinalefa o encontro vocálico *E‿a, para alén do feito de non seren infrecuentes os erros  nas letras de espera ou maiúsculas en A. Neste sentido, é perfectamente correcta a lectura a partir de B (<Camj>), coa conxunción causal ca, que en moitas ocasións alterna erradamente con e a nos apógrafos italianos. Véxase ca (1027.6 <Ca> B, <ca> V, <E a> B’, <e a> V’; 1395.15 <E a> B, <Ca> V); mais tamén e a: 592.9 <ca> B, <ea> V; 744.7 <E a> BV; 792.2r <Ca> B, <e a> V; 1388.20 <E a> B, <ca> V.

    Por outra parte, nótese a forma mi do pronome (en función de complemento indirecto), variante excepcional no Cancioneiro da Ajuda (cfr. tamén <mj> en B), tamén en 81.16, 188.6, 199.21 e 283.7, fronte á forma xeral me nese cancioneiro (véxase Monteagudo 2019: 111-113).

  • 15

    A preposición a non existe na expresión amar máis ca mi(n)/sí (nen al), moi frecuente no corpus trobadoresco (44.13, 102.17, 140.8 e 10, 200.5, 215.16 etc.), a pesar de, aparentemente, o pronome tónico esixir a presenza do enlace. Neste sentido, téñase en conta que os pronomes persoais tónicos poden aparecer sen preposición en numerosas pasaxes trobadorescas (véxase Glosario, s.v. , func. 2). Véxase nota a 861.14. Cfr. nota a 177.22 e 243.16.

  • 16

    Resulta significativo comprobar a existencia da aférese de assi no encontro coa forma verbal é (véxanse tamén 179.30, 218.8 e 11, 246.15, 258.22, 284.16, 374.5, 511.5, 893.23), que convive coa sinalefa éassi (509.7, 808.9, 1110.5, 1224.14, 1569.32; só existe hiato en 754.4) e co xeral ést’assi para evitala, co recurso á variante éste (cfr. nota a 88.10). En calquera caso, non existe unha dupla forma assi / si para o adverbio, senón que ‘ssi é produto dunha aférese. 

Buscar
    Non se atopou ningún resultado