246 [= Tav 148,2]
Cuidades vós, mia sennor, que mui mal

Cuidades vós, mia sennor, que mui mal
estou de vós, e cuid’eu que mui ben
estou de vós, sennor, por ũa ren
que vos ora direi, ca non por al:
se morrer, morrerei por vós, sennor;
se mi ar fezerdes ben, aque mellor.
Tan mansa vos quis Deus, sennor, fazer,
e tan fremosa e tan ben falar
que non poderia eu mal estar
de vós por quanto vos quero dizer:
se morrer, morrerei por vós, sennor;
[se mi ar fezerdes ben, aque mellor].
Amo-vos tant’e con tan gran razon,
pero que nunca de vós ben prendi,
que coid’eu est’, e vós que non é ‘ssi;
mais tant’esforç’ei no meu coraçon:
se morrer, morrerei por vós, sennor;
[se mi ar fezerdes ben, aque mellor].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


A 140, B 261

Edicións


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 283 [= LPGP 919]); Lorenzo Gradín & Marcenaro (2010: 188-189); Littera (2016: II, 487-488).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 110-111); Carter (2007 [1941]: 85); Machado & Machado (1950: II, 37); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 246).
III. Antoloxías: Nemésio (1961 [1949]: 54); Torres (1977: 402); Jensen (1992: 360).

Variantes manuscritas


2 eu] en B   4 vos] uus   5 morrer, morrerei] moirer moirerey B   6 mi ar] mar B   7 Tan] Taa B   8 fremosa] f’inosa B   13 vos] uos A; tant’e con tan gran] tāto cō g̃m B   15 ‘ssi] assy B   16 tant’esforç’ei] tāte forçey B   17 morrer] moir’ B

Variantes editoriais


4 vos] vus Michaëlis, Lorenzo Gradín & Marcenaro   6 mi ar] m’i-ar Michaëlis, Littera   7 vos] vus Michaëlis, Lorenzo Gradín & Marcenaro   10 vos] vus Michaëlis   12 mi ar] m’i-ar Michaëlis, Littera   13 vos] vus Michaëlis   15 é ‘ssi] é ‘si Michaëlis, Littera : é si Lorenzo Gradín & Marcenaro   16 tant’esforç’] tant esforç’ Michaëlis   18 mi ar] m’i-ar Michaëlis, Littera

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= Tav 160:229)

Encontros vocálicos: 6 mi‿ar; 12 mi‿ar; 18 mi‿ar

Notas


Texto
  • 6

    A repetida segmentación michaëliana no refrán do pronome <mi> de A en m’i, desnecesaria canto ao sentido, dificulta a necesaria sinalefa mi‿ar (cfr. ademais, m’ar en B).
    Aque é un adverbio presentativo (‘eis, velaí’) de uso limitado no corpus profano: 52.24, 244.5, 268.8, 553.4, 857.1, 1641.18. Debe ser forma oxítona, pois nas Cantigas de Santa Maria aparece en rima aguda (con fe, é, sé e ): E en pe / sse levou e diss’: «Aque / m’estou tod’aprestidado / De log’ir» (CSM 135.109); E diz un a outr’: «Aque o / angeo que ven do ceo, / que alça aquele veo / e faz no aire parar» (CSM 405.36).

  • 15

    Para a correcta interpretación do verso temos de sobreentender de novo o verbo coidar: ‘coido eu isto, e vós (coidades) que non é así’.

    Para alén da lección de B, que implica a sinalefa éassi, resulta significativo comprobar a existencia da aférese de assi no encontro coa forma verbal é (véxanse tamén 179.30, 218.8 e 11, 258.22, 284.16, 374.5, 511.5, 893.23), que convive coa sinalefa éassi (509.7, 808.9, 1110.5, 1224.14, 1569.32; só existe hiato en 754.4) e co xeral ést’assi para evitala, co recurso á variante éste (cfr. nota a 88.10). En calquera caso, non existe unha dupla forma assi / si para o adverbio, senón que ‘ssi é produto dunha aférese.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado