I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 255-256); Spampinato Beretta (1987: 122-125 [= LPGP 294]); Littera (2016: I, 324).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 102-103); Carter (2007 [1941]: 76); Machado & Machado (1949: I, 390-391); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 226).
III. Antoloxías: Piccolo (1951: 79-80); Gonçalves & Ramos (1983: 174); Alonso Girgado (1992: 57); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 64); Diogo (1998: 106-107).
4 pudi] podi A 5 vos] uus A; ũa] hun a B 6 quige] quigi B 7 or] ar B 8 ome] omen B 9 outra] a outra B 11 coraçon] coracō B 12 el] om. B 20 e non] Mays nō B 21 ũa] hua B
5 vos] vus Michaëlis, Spampinato Beretta 7 or] ar Spampinatto Beretta; sachaz] sachiez Michaëlis; veroiamen] veroyamen Michaëlis, Spampinatto Beretta, Littera 8 je] ie Spampinatto Beretta; soy] soi Littera 13 vos] vus Michaëlis, Spampinato Beretta 15 or] ar Spampinatto Beretta; sachaz] sachiez Michaëlis; veroiamen] veroyamen Michaëlis, Spampinatto Beretta, Littera 16 je] ie Spampinatto Beretta; soy] soi Littera 21 vos] vus Michaëlis, Spampinato Beretta 23 or] ar Spampinatto Beretta; sachaz] sachiez Michaëlis; veroiamen] veroyamen Michaëlis, Spampinatto Beretta, Littera 24 je] ie Spampinatto Beretta; soy] soi Littera
Esquema métrico: 3 x 8a 8b 8b 8a 8C 7’D 8C 7’D (= Tav 175:4)
Encontros vocálicos: 4 pudi‿acabar
Neste verso é posíbel manter a lección de A se interpretamos podi’acabar, con poder en copretérito; porén, o uso de pud(e) na construción simétrica no v. 20, desaconsellan esa posibilidade.
O refrán da cantiga, composto metade en galego-portugués e metade en galorromance –caso único no corpus– é certamente peculiar (sobre este refrán de Esgaravunha véxase Larson 2019c). Nel, a importancia da mensaxe contida no último verso (‘eu son o voso vasalo’) é sinalada primeiro mediante unha declaración de intencións, dizer-vos quer’eu ũa ren ‘quérovos dicir unha cousa’, que se explicita de seguida mediante a fórmula or sachaz veroiamen (v. 7) ‘agora sabede en verdade’.
As coincidencias e as discordancias entre os dous manuscritos que envían a cantiga son tantas e de tal calibre que cuestionan a afirmación de Spampinato, que sinalou que os dous últimos versos do refrán «in questa forma sono interpretabili come scritti in provenzale» (p. 123). É certo que ar ‘agora’ (v. 7) de B é forma provenzal, oposta a or de A de tipo francés, e é tamén verdade que a vogal tónica do prov. sachaz ‘saibades’ se opón netamente á forma francesa *sachiez –no que atinxe ao adverbio inicial do verso, poderíase lexitimamente supor que a forma de B sexa a orixinal, e que A ou un antígrafo seu a substituíse coa correspondente forma galego-portuguesa.
No adverbio veroyamen (v. 7) ‘verazmente’ (que parecería causar hipometría, a non ser que se escanda ve-ro-ï-a-men ou se emende ar > ar[a]), se o ‑a‑ intertónico podería enviar ao prov. veraiamen, o ditongo oi (<oy> AB) apunta, polo contrario, ao francés veroiement.
No “xuramento” conclusivo do v. 8, o pronome ie é claramente francés (prov. ieu/yeu), pero o elemento decisivo do verso é, sobre todo, a grafía asigmática votr[e], que restrinxe o campo a só o francés. Ao ámbito francés reenviaría tamén a expresión hom lige, termo técnico da xerarquía feudal: a súa expansión data, polo menos, da difusión da Assise sur la ligece (= lei nº 198 das Assises de Jérusalem), obra francesa do século XII en que a definición do concepto ‘lige’ é citada nunha fórmula de xuramento dirixida ao Rei de Xerusalén: «Sire, je deviens vostre home lige».
A preferencia que os códices italianos mostran pola forma omen fai que apareza mesmo na voz provenzal. O cancioneiro da Ajuda mostra unha clara preferencia pola forma ome face á variante omen, máis frecuente do que en BV (mais véxase nota a 129.14). Deste xeito, nos textos transmitidos por A e por B, achamos con frecuencia a oposición ome / omen (66.19, 68.1, 74.28, 85.5, 121.11, 129.27, 131.11, 132.24, 139.8, 164.2, 174.7). Véxase tamén nota a 559.9.
Como acontece noutras ocasións, B introduce unha preposición a para introducir o CD de querer en querer ben outra molher. Véxase nota a 68.1.
A presenza do artigo en quis o meu coraçon vén determinada polo feito de este aparecer segmentado na copia de B. Cfr. <quiso> A, <qⁱs o> B.
Nótese a alternancia entre a copulativa e en A fronte á adversativa mais en B, que se rexistra tamén noutras pasaxes (131.26, 414.16, 982.7). De calquera forma, este tipo de opcións textuais diferenciadas entre as dúas pólas da tradición pode verse tamén nas oposicións e A / ca ~ que B (véxase nota a 80.14) e ca ~ que A / e B (véxase nota a 64.15).